miércoles, 28 de enero de 2009

O que está pasando.Humor que non falte.


Imos capeando o temporal climático, temos que saír adiante: nos din os políticos.






ANDOLIÑA
Cidadáns preguntóns
MARCOS VALCÁRCEL
Cando menos hai que recoñecerlle a Rodríguez Zapatero certo valor por acudir ó programa dos cen cidadáns preguntóns. A maioría das preguntas tiveron o seu interese e moi escasa condescendencia co presidente: un equipo escollido de xornalistas e columnistas non o faría mellor. Palpábase o cabreo popular, fillo da forte crise, e os convidados foron directamente ós problemas, sobre todo económicos, que afectan a boa parte da poboación. Había dramas humanos no plató e Zapatero non tiña outra que escoitar e reconfortar todas as voces queixosas.O presidente domina a retórica e alguén lle dixo que non dese cifras nin datos para non meter o zoco: el tampouco sabe cando vai rematar a crise. Fixo un esforzado exercicio de vontade e esperanza, pero sen concretar case nada. Víuselle acurralado cando foi interpelado polos cartos concedidos ós bancos e tamén polas armas que España vende a países en guerra que non respectan os dereitos humanos. Faltoulle, nestes casos, capacidade de reacción e tamén credibilidade. Estes programas estúdanse nos laboratorios dos partidos. Seis millóns e medio de persoas optaron por non desconectar e escoitar a Zapatero: quizais ese foi o seu maior éxito.(Galicia Hoxe:28-01-2009)



No hay comentarios: