domingo, 28 de diciembre de 2008

Vaise cumprir nestes días un ano do falecemento de Xaime Quessada. Joan Manuel SERRAT: 65 anos ,¡parabéns!



Xaime Quessada
Marcos Valcárcel-Pan por pan La Región /Hoxe
Vaise cumprir nestes días un ano do falecemento de Xaime Quessada, un dos artistas galegos de referencia do século XX. A súa obra está en galerías de todo o mundo e tamén na súa Auria natal, no Pazo de Vilamarín ou nas rúas ourensás, no seu Fauno do Paseo ou na Serea do parque do Barbaña, realizada co seu amigo Acisclo Manzano. Foi Xaime Quessada un innovador de formas, símbolos, linguaxes, e tamén un gran comunicador visual que levou os seus deseños a múltiples formatos, dende o cartelismo político ás etiquetas dos viños, pasando polo teatro e outras artes. E ese camiño renovador empezou en parte, no bar do Tucho, o Volter, aló polos primeiros anos 60, ó carón de amigos como José Luís de Dios, Acisclo Manzano., Buciños, Xavier Pousa, Virxilio, etc. Co maxisterio estético de don Vicente Risco, a quen sempre lle gardou devoción o pintor. Chamáronlles os artistiñas e gañaron de inmediato o respecto e admiración do mundo cultural. Nesta foto están varios deles (Xaime, primeiro á dereita, mirándonos a todos) con don Ramón Otero Pedrayo nunha taberna de Santander. A foto procede do libro ‘O Volter’, de Sofía Tros de Ilarduya, Ed. Ronsel, 1998
O humor do dia

1 comentario:

Anónimo dijo...

Some of the content is very worthy of my drawing, I like your information!