domingo, 18 de enero de 2009

Hoxe na Ponte de O Burgo , recreación da Batalla de Elviña

Na Coruña pasei un dia de reporteiro gráfico,metido entre os Profesionais,o espectáculo meréceo. Botáronme dúas veces fora pois non se podía estar no medio da Recreación

Prometo facer un ÁLBUM en Flickr, son moitas fotos














Parte do pasado é a invasión das forzas napoleónicas en España e en A Coruña, pero dende hai trece anos, tamén o é a recreación que distintas asociacións napoleónicas, coa colaboración dos Concellos de A Coruña e Culleredo, fan da Batalla de Elviña e do combate na ponte de O Burgo. Franceses e ingleses volven atopar, cara a cara, un ano máis para conmemorar unha capítulo fundamental na historia da cidade e da área metropolitana. Unha oportunidade única para achegar a maiores e pequenos o acontecido un once de xaneiro de 1809 que obriga a recordar que a Francia de Napoleón tamén pasou por estas terras


De YouTube

1 comentario:

Anónimo dijo...

Imaxino a que montache! Veña aproveita.