sábado, 6 de febrero de 2010

A guerra da Fusión das Caixas Galegas


O obxectivo é que en cousa dun ano, ao final do proceso de reestruturación agora en marcha, quede configurado no conxunto de España un novo mapa financeiro, con non máis media ducia de grandes caixas de aforro, cun novo status xurídico, funcionalmente bancarizadas e baixo estrito control político, unhas dos socialistas e outras do PP.
Esa é a explicación última á aparente trangallada da actitude do Goberno de Zapateiro. No PSOE téñeno claro: se hai que sacrificar electoralmente Galicia en prol dun ben superior, que neste caso é dispoñer e manexar no futuro unhas poderosas ferramentas financeiras, se fai e xa está. Non será a primeira vez. Enriba, botando contas, os socialistas teñen pouco ou nada que perder no feudo galego, que nunca foi foilles propicio, nada que ver cos viveiros de votos de Andalucía ou Cataluña, que eses si hai que respectalos, porque son os que dan ou quitan maiorías.
O triste é que, se se cumpre o guión e se malogra a folla de ruta da Xunta, nunca chegaremos a saber ata que punto é ou non verdade o que predica Pachi a quen quere oílo: que a cousa non é tan grave como parece. A fusión galega sería só un paso previo, porque a caixa resultante acabaría sendo fagocitada por unha das grandes, neste caso algunha das controladas polos populares, por ser Galicia un territorio politicamente fiel ao PP. É posible que así fóra, pero por agora non pasa de ser unha patética versión daquela táctica futbolística que sostiña que a mellor defensa é un bo ataque.
fernandomacias@terra.es/


Non sei que lles parece?:A foto da ‘unidade’: José Pardo, de CCOO, Antonio Fontenla, da CEG, Alfonso Rueda, do PPdeG; Guillerme Vázquez, do BNG; Suso Seixo, da CIG; e Irene Martínez, de UXT



RECURSO CONTRA A LEI DE CAIXAS

De la Vega: 'Falando atópanse solucións'

Europa Press . O Estado mantén paralizada a Lei aprobada no Parlamento de Galicia, pero inisiste que hai tempo e disposición en amañalo

A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, trasladou hoxe a disposición do Executivo central a retirar o recurso contra a Lei de Caixas de Galicia, que presentará por exceder as competencias autonómicas, "se se adapta a norma á Constitución".

Así asegurouno De la Vega nunha rolda de prensa que se prolongou durante case unha hora tras preto de dúas horas de reunión en Santiago para analizar as prioridades da Presidencia española na UE, así como outros temas pendentes con Galicia co máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feixóo, quen insistiu en que lle "vale" o que "poñan leis doutras comunidades" en vigor "e non recorridas". "A Xunta está en disposición de substituír un conflito por un acordo", resolveu.

Pola súa banda, a vicepresidenta recalcou que a decisión "non vai contra o autogoberno de Galicia, nin contra a fusión das caixas", senón que se fundamenta en "preservar" as competencias do Banco de España á hora de determinar a solvencia das entidades e, por outra parte, a representatividade.

"Mantemos o recurso porque hai unha extralimitación, pero estamos dispostos a falar e buscar un acordo", resaltou a vicepresidenta primeira do Goberno, ao tempo que puntualizou que "baixou moito" a "conflitividade" coas comunidades con respecto a cando chegaron ao Goberno. "Imos falar", insistiu.

De la Vega defendeu o recurso que presentará o Goberno central porque a Lei de Caixas galega "excede" as competencias autonómicas, ao determinar a solvencia das entidades e "non se axusta" á lexislación na representatividade.

"Ás veces xorden discrepancias á hora de abordar unha lexislación", apostilou e engadiu que "o único que quere o Goberno é preservar as competencias que ten o Banco de España ao determinar se unha entidade de crédito é ou non solvente". "É o que motivou e xustificado o recurso do Gobierno, insistiu.

O máximo mandatario galego apuntou que lle entregou á vicepresidenta un documento "sinxelo" coa posición da Xunta que se refire a "unha transcrición de artigos" doutras leis de caixas de aforros "que non foron recorridos e que están vixentes". Ao repecto, manifestou a súa "preocupación" por "intentar resolver" este asunto nunha "reunión inmediata" para buscar unha solución e manter o seu "nivel competencial" para poder avanzar na fusión dunha "grande caixa galega solvente".

Por iso, o Goberno central e a Xunta acordaron no encontro de hoxe abordar nunha próxima "reunión técnica" dende o punto de vista "técnico-xurídico-constitucional" os artigos para "adaptar" a norma galega á Constitución. "Hai sempre posibilidade de arranxalo", sostivo De la Vega, tras o que Feijóo agradeceu a disposición do Goberno porque "por primeira vez di que está disposto a falar", pero lamentou "que se iniciara un conflito" xudicial.

"Queremos a mellor normativa para Galicia e as mellores caixas, preservando tamén o sistema económico nacional das competencias que a Constitución e a lei atribúen ao Banco de España",



Non queda mais que o humor.........