sábado, 28 de febrero de 2009
viernes, 27 de febrero de 2009
3 Videos FIN CAMPAÑA.Mosteiro: O Bo Xesús (Século XVI) de Trandeiras XINZO
Ca desamortización de Mendizábal comezou o seu abandono
jueves, 26 de febrero de 2009
Bicos...abrazos ,Rajoy no parque San Lázaro en AURIA
Onte,o ambiente nas rúas ourensáns.....as próximas eleccións
e remate do Carnaval.
Martes Entroido Plaza Maior: 9 noite , xa axente nos TV vendo "Champions", e cousa de TOLOS na Plaza DECIBELIOS que se deixaban oír dende a Rúa do Paseo!
A noite,despedindo o Carnaval 2009...moita xente no enterro da SARDIÑA
martes, 24 de febrero de 2009
Segue o Entroido en terras orensanas.
A súa indumentaria non era especial, pero o normal era envolverse nun cobertor ou unha saba, levaban caretas feitas na casa de cartón, con campaíñas arredor.
O sombreiro lévano adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do "mal de ollo ou de outros perigos", a cara cóbrena con tapetes bordados.
"Os troteiros" de Bande uns disfraces de carnaval que se están a recuperar despues de 60 anos.
Bande recupera os seus Troteiros
Os Entroidos mais expectaculais
PREMER AQUI
lunes, 23 de febrero de 2009
Pois non está mal! GALICIA .....
A rapaza gañadora: Hoxe en todos os medios de comunicación...
Nora-boa, Outro Óscar no palmares do Cine do Noso Estado.
domingo, 22 de febrero de 2009
VIVA O ENTROIDO: O popular Lecer da xente. En Xinzo
Sábado de Entroido en Xinzo 2009.
Serán de Lecer nas Rúas, a Festa da xente:Non sae nas TV, alí saen as Pantallas (Moi vistosas..), pero don-de gozan a antiga usanza: disfrazándose e divertíndose.
viernes, 20 de febrero de 2009
BOTERIOS de Viana do Bolo e O Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.
DOMINGO:22 "Festa da Androlla" , e vexan o menú:
Caldo con picatostes
Cachelos e grelos
Androlla,Lacón, Chourizo
Cordeiro asado
Vianos e Bica de Viana
A Consellería de Innovación e Industria, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, anunciou presuposto de 340.000 €, para REPARACION
de PORTICO PARAISO DA CATEDRAL DE OURENSE
O Pórtico do Paraíso da catedral, co que Ourense "quixo emular a Santiago no século XIII", non perdeu aínda a pintura que xa desapareceu do Pórtico da Gloria compostelano. "Pero está tan sucia que nin se aprecia".
O proxecto de restauración inclúe ademais a limpeza dos frescos do século XVII, de San Cristóbal e Santo Ildefonso dos retablos laterais que nunca se tocaron e eliminaránse as humedades da capela gótica de San Juan unha das escasas mostras do gótico de Galicia , co seu retablo barroco atacado polos xilófagos"
A limpeza da catedral de Ourense revivirá as cores que lucía o pórtico no século XIII
No 2010 pode ser tan visitado como o do Mestre Máteo en Santiago,non desmerece o seu valor artístico pese a ser descoñecido xeralmente.
miércoles, 18 de febrero de 2009
O ENTROIDO EN OURENSE
Ao falar do Entroido é inevitable facelo do 'triángulo máxico': Verín, Xinzo e Laza. Así, 'grande parte' das subvencións que se destinan para a celebración son para estas tres localidades, mesmo o servizo de transporte interurbano 'entroidobus', enfócase só nestes concellos, ''promovendo un turismo unilateral que se esquece dos entroidos máis rurais e étnicos''. Para o profesor e investigador Xosé Antón Fidalgo Santamariña este 'elitismo', provoca que 'moita xente do rural teña que deixar a súa aldea e irse a vilas máis grandes para celebrar o entroido', pois ao seu parecer 'as capitais de bisbarras monopolizan os carnavais e iso non favorece a recuperación patrimonial'. Así explicouno onte no terceiro Congreso de Patrimonio Etnográfico no Campus, dedicado ao Entroido e organizado pola Facultade de Ciencias da Educación, co obxectivo de dar a coñecer as distintas tradicións do carnaval na provincia e nos seus arredores, dende o norte de Portugal, ata o Bierzo e o sur de Lugo.
Fidalgo Santamariña explicou que 'os cigarrones de Verín son igual de importantes que o cabreiro de Muíños, os vergalleiros de Sarreaus ou o oso de Salcedo, por eles debemos evitar o modelo clásico de promoción unilateral do turismo ourensano, pois na provincia existen preto de 50 figuras distintas de carnaval, cada unha representando unha festividade cos seus propios rituais, xogos, e gastronomía'. O profesor Santamariña é ademais coordinador da publicación 'Ás caras do Entroido', que sairá á luz esta semana dentro do Congreso, coa colaboración da Deputación, e na que participan 15 coautores, entre eles os investigadores Clodio Rodríguez Pérez e José Manuel González Reboredo, os que analizaron os entroidos na fronteira lucense, e Federico Cocho, que investigou sobre os carnavais da Limia Alta.
lunes, 16 de febrero de 2009
dende a palabra, dende o corazón (PRIMEIRAS ANDOLIÑAS)
As ‘andoliñas’ de Marcos Valcárcel
A andoliña xa é, pois, unha marca, un estilo, un selo da casa. Marcos Valcárcel soubo crear e manter un xénero que xa forma parte da historia máis brillante do xornalismo literario galego do noso tempo.
E ten toda a razón Afonso Vázquez-Monxardín, prologuista deste primeiro libro das andoliñas de Marcos Valcárcel, cando di que que estas folerpiñas –así as denomina tamén Monxardín– "establecen connosco unha comunicación tranquila e fluída, pousan sobre nós suavemente e imos quedando engaiolados coas reflexións de Marcos sobre o mundo cotián ou extraordinario, coas súas lecturas, películas e músicas preferidas, coas evocacións de historias e reflexións diversas".
Marcos Valcárcel: "O discurso do castelán discriminado é un disparate que nace da manipulación política"
O autor do libro "Dende a palabra, dende o corazón", que GALICIA HOXE regala hoxe, asegura que o seu único patrimonio, xunto a familia, o seu arquivo e a súa biblioteca, "son os amigos" e confesa que lle gustaría escribir unha "Andoliña" que levase por título "Crer no país"
domingo, 15 de febrero de 2009
ATENEO de OURENSE. Na procura do seu papel DINAMIZADOR cultural en AURIA.
O Entroido, para empezar
Agora teñen unha exposición de obras de artistas ourensanos relacionadas co Carnaval e que se complementará o mércores, de