As ‘andoliñas’ de Marcos Valcárcel
A andoliña xa é, pois, unha marca, un estilo, un selo da casa. Marcos Valcárcel soubo crear e manter un xénero que xa forma parte da historia máis brillante do xornalismo literario galego do noso tempo.
E ten toda a razón Afonso Vázquez-Monxardín, prologuista deste primeiro libro das andoliñas de Marcos Valcárcel, cando di que que estas folerpiñas –así as denomina tamén Monxardín– "establecen connosco unha comunicación tranquila e fluída, pousan sobre nós suavemente e imos quedando engaiolados coas reflexións de Marcos sobre o mundo cotián ou extraordinario, coas súas lecturas, películas e músicas preferidas, coas evocacións de historias e reflexións diversas".
Marcos Valcárcel: "O discurso do castelán discriminado é un disparate que nace da manipulación política"
O autor do libro "Dende a palabra, dende o corazón", que GALICIA HOXE regala hoxe, asegura que o seu único patrimonio, xunto a familia, o seu arquivo e a súa biblioteca, "son os amigos" e confesa que lle gustaría escribir unha "Andoliña" que levase por título "Crer no país"
No hay comentarios:
Publicar un comentario