DOMINGO:22 "Festa da Androlla" , e vexan o menú:
Caldo con picatostes
Cachelos e grelos
Androlla,Lacón, Chourizo
Cordeiro asado
Vianos e Bica de Viana
A Consellería de Innovación e Industria, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, anunciou presuposto de 340.000 €, para REPARACION
de PORTICO PARAISO DA CATEDRAL DE OURENSE
O Pórtico do Paraíso da catedral, co que Ourense "quixo emular a Santiago no século XIII", non perdeu aínda a pintura que xa desapareceu do Pórtico da Gloria compostelano. "Pero está tan sucia que nin se aprecia".
O proxecto de restauración inclúe ademais a limpeza dos frescos do século XVII, de San Cristóbal e Santo Ildefonso dos retablos laterais que nunca se tocaron e eliminaránse as humedades da capela gótica de San Juan unha das escasas mostras do gótico de Galicia , co seu retablo barroco atacado polos xilófagos"
A limpeza da catedral de Ourense revivirá as cores que lucía o pórtico no século XIII

No 2010 pode ser tan visitado como o do Mestre Máteo en Santiago,non desmerece o seu valor artístico pese a ser descoñecido xeralmente.



No hay comentarios:
Publicar un comentario