jueves, 28 de mayo de 2009

Barça: CAMPEON : Liga de Campeóns









Barça :Campeón da Liga de Campións

O Futbol protagonista: En Ourense, bares ,sala de Festas con 9 Tv de 42" e Sala de Cine retrasmitíeron o partido. A Peña de ir á Fonte é menor que a do R. Madrid...pero esta noite celebrárona Triplo. Parabéns aos seus Afeccionados




sábado, 23 de mayo de 2009

HOMENAXE EN COMPOSTELA .Na Capela do Hostal dos Reis Católicos á entrega do IV Premio Pen Clube da Liberdade a Marcos Valcárcel.


















Homenaxe en Compostela
Marcos Valcárcel, premio Pen Voz de Liberdade

Na Capela do Hostal dos Reis Católicos á entrega do IV Premio Pen Clube da Liberdade a Marcos Valcárcel.
Foi un acto cheo de emocións, co salón ateigado de amigos/as de todos os sectores da cultura do país, nunha meirande parte escritores, reunidos para entregarlle ao escritor ourensán un recoñecemento adoptado por unanimidade do xurado, tal e como explicou Gonzalo Navaza, secretario do xurado. Nunha mesa presidida polo galardonado, flanqueado polo director xeral da mocidade e o voluntariado, Anxo Lourenzo, secretario de Política Lingüística, Roberto Varela, conselleiro de cultura, Luís G. Tosar, Xesús Alonso Montero e Bieito Iglesias, desenvolveuse un acto que se convertiu por parte de todos os intervinientes nunh auténtica defensa da cultura e a língua galega.
Lembrábao onte o escritor e amigo Bieito Iglesias, quen achou no estilo de Vicente Risco o correlato desoutro xeito valcarciano de dicir e narrar: "pluralidade de intereses, serenidade e ausencia de afectación". Valcárcel, -que onte se adscribía á Xeración ERGA, así nomeada por Xosé Miranda- declarouse -tomándolle tamén as palabras a Modesto Hermida- un "xornaleiro da cultura", no ronsel dos grandes mestres -Cuevillas, Piñeiro, Casares, Fiz Vergara Vilariño, tamén seu pai Fiz Valcárcel-, os mesmos que alentaron a súa obra e o seu pensamento no que, para o académico Alonso Montero, sobrancea a "virtude da ponderación" dos clásicos

Unha cumprida representación do mundo da cultura galega arroupou onte, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, a este incansábel traballador pola lingua e a cultura de Galicia.

O bo home, constante e firme -"un dos máis claros defensores da identidade do noso pobo" en palabras de Tosar-, contou, canda el, coa presenza fraternal de Isaac Díaz Pardo -que lle entregou un lenzo de Antón Lamazares-, os académicos Antón Santamarina, Fernández Rei, Rosario Álvarez, Manuel González, Ramón Lorenzo e Antón Santamarina; políticos como Camilo Nogueira, Ceferino Díaz, Carlos Mella e Xesús Palmou; e amigos e compañeiros da escrita e da vida como Vázquez Monxardín, Manuel Outeiriño, Manuel Guede, Xusto Beramendi, Carlos García, Gonzalo Navaza, Xosé Miranda, Dolores Vilavedra, Anxos Sumai, Riveiro Coello, Rosa Aneiros, Antón Baamonde e Manuel Bragado, entre moitos outros
















jueves, 21 de mayo de 2009

PREMIO OTERO PEDRAYO 2009, MARCOS VALCÁRCEL



O xurado, á proposta da Deputación de Ourense, decidiu por unanimidade recoñecer o labor de investigación e difusión cultural deste ourensán considerado “punto de referencia do presente e o futuro da cultura galega”
O xurado do “Premio Ramón Otero Pedrayo 2009”, reunido ONTE en Ourense, acordou outorgar o galardón ao historiador e escritor ourensán Marcos Valcárcel López. A decisión unánime do xurado foi decidida trala proposta realizada polo Presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, que defendeu a candidatura de Marcos Valcárcel por tratarse dun recoñecido persoeiro, “punto de referencia do presente e o futuro da cultura galega”.
Na decisión do xurado tívose en conta a longa traxectoria de Marcos Valcárcel como investigador, erudito e divulgador, ás que se unen outras disciplinas como dinamizador cultural, xornalista de opinión, ensinante e conferenciante. En opinión do xurado este galardón outórgase “a unha vida dedicada á cultura e ao coñecemento ao que se une un talante aberto, dialogante, galeguista e, en definitiva, universal, que posúen a súa obra e a súa persoa”.


lunes, 18 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009 Manifestación en SANTIAGO


Aspecto da Praza da Quintana en Santiago na manifestación do Día das Letras Galegas.



Canta Mercedes Peón

viernes, 15 de mayo de 2009

Diputación OURENSE: Entrega dos Premios "Carracedo"

Afonso Vázquez-Monxardín e Xoan A.Hervella recollendo o premio xornalístico "CARRACEDO"

Afonso Monxardín acompañado pola súa Dona e Amigos unha vez recollido o Premio






miércoles, 13 de mayo de 2009

El Oso L´OURS



Unha ledicia de historia para gozala lembrando as ameazas que padecemos....

lunes, 11 de mayo de 2009

O Blog de Marcos Valcarcel:As uvas na solaina PREMIO AELG





A AELG ENTRGA OS PREMIOS na Cea das Letras.
Galardoados Miguel Anxo Murado, Xabier Docampo, Xulio Valcárcel, Inma López Silva, Gonzalo Navaza, Teresa Moure, Ana Romaní, Marcos Valcárcel, Elena Poliatowska e o Liceo de Ourense....
  • Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
  • Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
  • Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
  • Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
  • Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
  • Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
  • Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
  • Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
  • Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
  • Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska
Máis de 13,000 persoas cantaron Hey Jude en Karaoke en Trafalgar Square
O vídeo, que forma parte dunha campaña publicitaria de T-Mobile, mostra miles de persoas entoando a lendaria canción de Los Beatles.
Impresionante é por dicir o menos, o que pasou este 30 de Abril de 2009, en Londres, nunha das principais atraccións turísticas da cidade, en plena Trafalgar Square, reuníronse mais de 13 mil 500 persoas para cantar ao mesmo tempo unha das cancións máis famosas dos Beatles. O vídeo forma parte dunha campaña publicitaria da empresa T-Mobile, de Reino Unido, chamada Life's for Sharing. Espero que o gocen.






jueves, 7 de mayo de 2009

Na Ría de Vigo :Desafío Atlántico 2009 "Tall Ships Atlantic Challenge "



O Sábado Vigo era unha morea de xente no múelle de Laxe.
Na foto o Alcalde no grupo da Amiga Atlántica e o fotógrafo Ricardo Grobas (Nos Blogs :unamiradaalariadevigo e vivirgalicia , podedes ver uns magníficos reportaxes do este Festival Naval).
No múelle a cola para entrar no KRUZENSHTERN.

Veleiros no múelle que chamaban a atención

O Domingo a gran Festa Na Ría.
Tras soltar amarras encabezaba a caravana o navío da armada rusa e a continuación os franceses Belle Poule e Etoile , aos que seguían o Tecla , Urania , Spirit of Bermuda e o resto da flota de 24 naves á que se lle foron sumando todo tipo de embarcacións (sobre todo de recreo, pero tamén de pesca, ), ata formar unha flota que superaba as dúas centenas de barcos acirrándoos a bociñas. A parada naval desfilou primeiro cara ao interior da ría para dar a volta á altura do monte da Guía, case rozando a Ponte de Rande, e desde alí enfilar cara ás Cíes.




Desde "O Noso Lecer", deixamos marchar cara as Cíes a Regata.


Terminamos o día na incomparable posta do Sol da nosa marabillosa Ría

http://www.unamiradaalariadevigo.blogspot.com/
http://vivirgalicia.blogspot.com/2009/05/salida-de-la-tall-ships-atlantic.html
Os enlaces dos dous Blogs a non perder as magnificas reportaxes