jueves, 21 de mayo de 2009

PREMIO OTERO PEDRAYO 2009, MARCOS VALCÁRCEL



O xurado, á proposta da Deputación de Ourense, decidiu por unanimidade recoñecer o labor de investigación e difusión cultural deste ourensán considerado “punto de referencia do presente e o futuro da cultura galega”
O xurado do “Premio Ramón Otero Pedrayo 2009”, reunido ONTE en Ourense, acordou outorgar o galardón ao historiador e escritor ourensán Marcos Valcárcel López. A decisión unánime do xurado foi decidida trala proposta realizada polo Presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, que defendeu a candidatura de Marcos Valcárcel por tratarse dun recoñecido persoeiro, “punto de referencia do presente e o futuro da cultura galega”.
Na decisión do xurado tívose en conta a longa traxectoria de Marcos Valcárcel como investigador, erudito e divulgador, ás que se unen outras disciplinas como dinamizador cultural, xornalista de opinión, ensinante e conferenciante. En opinión do xurado este galardón outórgase “a unha vida dedicada á cultura e ao coñecemento ao que se une un talante aberto, dialogante, galeguista e, en definitiva, universal, que posúen a súa obra e a súa persoa”.


2 comentarios:

Raposo dijo...

Un premio merecido, sen dúbida.

Anónimo dijo...

Noraboa a Marcos. Premios e amizade sempre axudan.