miércoles, 29 de julio de 2009

Verán en Crise












O Tempo: Un outono bastante agarimoso.....!



A Pesca:Desapareceu...(O chiste e unha realidade) a captura :Xa ven a foto

Temos de Lecer :
Fomos ao Cine: O Best-Seller

Para os que non lemos a voluminosa novela de Stieg Larsson, "Millennium 1: Os homes que non amaban ás mulleres" preséntase como un thriller de investigación criminal que dura corenta anos na ficción e dúas horas e media na sala.
Quizais un dos seus maiores méritos estea na coidada fotografía que -na mellor tradición do cine sueco- serve para a creación de atmosferas frías e desoladas, para xerar suspense e inquietude na alma, para dar peso ao pasado e facer que a súa longa sombra se proxecte sobre os seus personaxes ata o presente.
Outro dos aspectos mellor tratados da película e que mantén o interese do espectador é o retrato da moza Lisbeth: o seu aspecto exterior traballado a base de piercings e tatuaxes, con look sinistro e poucas palabras, de actitude fría e violenta... preséntanse como máscara protectora baixo a que se enxerga fraxilidade interior, trauma infantil e contención emocional, ben transmitidas por Noomi Rapace no seu papel. Un título non recomendable para calquera espectador polo escabroso e truculento dalgunhas imaxes, pola desalentadora imaxe dunha sociedade podre, pola visión pesimista e amoral da condición humana.

Continua o Tema das "Caixas"
Alberto Núñez Feijóo: “Non teño criterio persoal sobre as caixas”
>> Feijóo admite que a fusión das caixas con outras de fóra é unha opción a estudar
Como consecuencia desta crise, unha das cuestións que hai que resolver é o futuro das caixas de aforros, que no noso caso son piares básicos no funcionamento do país. Cal é o seu criterio sobre o futuro de Caixa Galicia e de Caixanova?
Dende o primeiro día que cheguei, preocupeime por ese asunto. Xa o dixen e reitéroo, eu non recibín nin un só papel sobre a situación, sobre as perspectivas e sobre o posicionamento do Goberno. Fixen xestións para ter contactos co Banco de España e mantivémolos. Non están finalizados porque o Banco de España aínda está avaliando non só a Caixa Galicia e a Caixanova, senón a todas as caixas de España. O que máis me vai preocupar ata a primavera do ano que vén dende o punto vista financeiro é sen ningunha dúbida a decisión sobre caixas. Primeira cuestión: as caixas de aforros galegas están nunha situación de vantaxe se se comparan con outras do sistema financeiro español. Esta é a primeira situación de tranquilidade e de garantía. Segundo tema, non oculto que temos que estudar tres opcións porque hai tres, nada máis. A viabilidade da situación das caixas individualmente, a fusión entre as dúas ou os pactos estratéxicos a medio ou longo prazo con outras entidades que operan fóra da comunidade autónoma. Sobre estas tres cuestións estamos vendo as debilidades e as fortalezas de cada unha desas decisións. Para buscar o que? Está clarísimo, o que lle interesa máis á economía galega, a Galicia e aos galegos. Non admitimos ningunha interferencia.

Vostede ten algún criterio persoal?
Eu creo que neste momento sería imprudente que eu tivese algún criterio público sobre isto. O criterio que teño é qué decisión temos que adoptar para garantir o interés de Galicia neste asunto. Non hai outro criterio. A vostede que lle gustaría máis? É como preguntar se un quere máis ao pai ou a nai. Eu o que necesito garantir é que non nos arrepintamos de decisións paixonais ou precipitadas, senón de que teñamos a seguridade de que o músculo financeiro que se poida xerar en Galicia revirta maioritariamente aquí.(De Xornal.com)

viernes, 17 de julio de 2009

Caixa Galicia-Caixa Nova: Nin unha nin a Outra?



Salvador Fernández Moreda:

Vicepresidente de Caixa Galicia, defende –como posicionamento persoal–a fusión con Caixanova.

“A fusión das caixas pode ter custos pero tamén vantaxes” Ocupa un alto cargo no consello de administración de Caixa Galicia. Todos sabemos que hai un debate aberto sobre se debe haber unha fusión entre as caixas galegas, se deben seguir como están ou mesmo integrarse cunha de fóra. Vostede xa se pronunciou, pero fíxoo antes da crise actual. Reafírmase na súa postura?

Fíxeno en outubro do ano pasado, xa se vía a crise. Sigo pensando o mesmo: a situación financeira obriga a un proceso de fusións bancarias. É impepinable. En Galicia temos dúas caixas solventes, ben xestionadas e ben posicionadas que camiñan en direccións paralelas. Pero a medio-longo prazo é conveniente ter unha entidade financeira potente, con músculo, en Galicia. Reitéroo agora.

Sabe que pode ter uns custos, porque os servizos centrais dunha das dúas practicamente desaparecerían.

Si. Quero aclarar que son opinións persoais e que me represento a min mesmo. Vai haber unha fusión de caixas. Está aí. Hai 44 e terán que reducirse á metade ou menos. O tamaño é fundamental. Ou comes ou cómenche. Era bo permitir as fusións intercomunitarias.

E que vai pasar aquí?

Eu creo que aquí ten custos porque hai unha duplicidade de redes. É indubidable que era mellor posicionarse noutra comunidade onde non hai ese problema. Pero eu opino que o custo de facelo é inferior ao custo de non o facer a medio-longo prazo. A redución de sucursais hai que facela e dentro de dez ou quince anos non vai haber sucursais bancarias, vaise facer todo por internet. É un tema complexo. A ver que pasa co persoal, as cousas teñen que facerse ben e de acordo cos sindicatos. Estamos no momento de pensalo. Economicamente creo que poden aguartar as dúas sen fusión, pero politicamente, por interese de país...


Hoxe en Xornal

martes, 7 de julio de 2009

En Vigo xuntáronse: MSC Splendida , viaxe inaugural e Independence of the Sexas , que é capaz de transportar a bordo preto de 5.400 persoas





Vigo, bateu onte unha marca ao embarcar 2.120 cruceristas españois nun só día (polo menos, a metade galegos) buque italiano MSC Splendida .

Trátase dun hotel flotante de 333 metros de eslora, case 70 de alto e 38 de ancho, cunha capacidade para 4.000 cruceristas.

A metade son españois. Vigo ata Barcelona -aínda que tocará os portos de Lisboa (mañá), Xibraltar, Málaga, Palma de Mallorca, Marsella e, finalmente, a Cidade Condal.

O porto de Vigo entrou durante o ano 2007 no ranking dos 15 primeiros da fachada atlántica europea

Neste selecto grupo de cidades portuarias, cuxo tráfico suma 6,4 millóns de turistas, destacan Oslo, Copenhague, Southampton, Helsinqui, Kiel, Lisboa, Estocolmo ou Szczenin (Polonia).



En xogo o futuro das Caixas
Francisco Jorquera destacou que "está en xogo o futuro das caixas galegas e das competencias de Galiza". E engadiu que existe risco de que "caixas de fóra absorban as galegas". Por iso se preguntou que fai o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante tal escenario. "Non fai nada", dixo. E puxo o exemplo do presidente da Generalitat de Catalunya, José Montilla, quen presentará un conflito de competencias se o decreto do FROB invade asignacións da comunidade catalá.
Francisco Jorquera criticou o FROB e achegou tres argumentos para ir en contra do documento: "Deixa a porta aberta para que as caixas galegas poidan ser absorbidas por caixas de fóra; deixa a porta aberta á perda de peso das caixas en beneficio á banca comercial e deixa a porta aberta a un gran proceso de concentración de capital no sector financieiro".

sábado, 4 de julio de 2009

Cajamadrid-Caixa Galicia-CAM? O PPdeG ve improbábel a necesidade do modelo de fusións que apoia o PP en Madrid.





O tema empeza a saír na prensa dixital.
Hoxe o diario galego VIEIROS ,trata o aquí xa comentado

Para o PSdeG a fusión recomendábel en Galiza é entre as propias caixas do país. O BNG advirte da porta aberta ao afastamento dos centros de decisión das entidades.

As fusións interrexionais, entre caixas con domicilio en diferentes comunidades autónomas, gañaron forza no primeiro plano do diálogo económico coincidindo co agravamento da crise financeira.

De xeito concreto, os preocupantes indicadores amosados por un gran número de caixas de aforro, aceleraron a toma en consideración desta medida. Inaplicábel na actualidade, o goberno español admitiu que na axenda da reforma contemplaba dar os pasos necesarios para autorizar este tipo de fusións.

Unha caixa galega cunha asturiana? Unha vasca cunha rioxana? Especulacións aparte, tal posibilidade sempre foi debuxada no marco de caixas xurdidas de xeografías próximas.


PPdeG: só se é necesario para que "sigan sendo un instrumento eficaz"

Así e todo, admite o deputado do PPdeG que se trataría dunha hipótese de "último extremo". Na súa opinión, só circunstancias excepcionais relacionadas coa "lóxica da racionalidade económica" levarían a tal escenario.



PSdeG: improbábel escenario, mais a prol da existencia da posibilidade
En parecido sentido, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, explicou para Vieiros que a fusión de Caixa Galicia e/ou Caixanova con entidades de fóra de Galiza sería froito "unicamente dunha situación excepcional". "Un último estremo ao que se chegaría por todo un conxunto de graves circunstancias e unha situación dramática", argumenta Fernández Leiceaga, para quen tal escenario é improbábel.


BNG: en contra de afastar instrumentos estratéxicos "vitais"
"A cuestión é moi clariña: que digan se están ou non a prol de que as caixas galegas poidan ver como os seus centros de decisión marchan fóra do país", desafía Fernando Blanco, voceiro parlamentario do BNG en materia de Economía, "que digan se lles dá ou non igual". Segundo explica para Vieiros o deputado nacionalista, Galiza afronta a "grave" posibilidade de "perder un instrumento económico clave".

Recorda Fernando Blanco que a necesidade do papel de Caixa Galicia e Caixanova como ferramentas "estratéxicas" fundamentais ao servizo do país tense posto de manifesto en numerosas ocasións, e pon ao respecto o exemplo da importancia para o sector naval. Por outro lado, lembra o deputado do Bloque que, interpelado ao respecto, o Goberno respondeu na Cámara que se trata dun debate e problema "técnico". Láiase Blanco da falta de importancia que entende que a Xunta lle outorga ao actual debate e advirte de que é "un tema político de amplo alcance".

jueves, 2 de julio de 2009

Caixas Galegas? : Será o que diga Madrid



"Cautela" e "discreción" ante posibles fusións en Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, posicionouse hoxe en contra de acometer un proceso de fusión das dúas caixas galegas -Caixa Galicia e Caixanova- neste momento. "Cos datos que temos, non nos parece oportuno unha fusión precipitada das caixas nun momento de tormenta financeira", argumentou.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Núñez Feijóo recoñeceu a "extrema importancia" desta cuestión e avogou por pronunciarse "con cautela".
"Cando teñamos os datos axeitados poderemos fixar unha postura", indicou, se ben insistiu en que as cifras das que dispón a Administración autonómica agora mesmo evidencian que impulsar unha fusión agora "non" sería oportuno".
Na liña, Núñez Feijóo recordou que a tutela das caixas "corresponde" ao Banco de España e, continuou, as políticas financeiras "ao Goberno central". "Estaremos activos e vixiantes coa evolución do mercado financeiro", comprometeu. (Axencias 18-06)

En Galicia, norte e sur (Caixa Galicia e Caixa Nova), malia o que se rumorea recorrentemente, seguen dando as costas. É verdade que unha fusión entre ambas as dúas provocaría un problema laboral importante (á nova Caixa sobraríanlle preto de 3.000 persoas e tería que acometer unha importante reestruturación da rede comercial e dos servizos centrais), e as sinerxías non conseguirían unha maior dimensión nin un salto de posicións nos rankings de caixas. Parece claro que as fusións van ir cara a entidades de fóra de Galicia. Rumores hai para dar e tomar: dende un posible achegamento entre Caixa Galicia e Caixa Madrid ata outros que incluían a CAM,

Zapatero ofrece ao PP discutir o contido do fondo de reordenación bancaria
Anteriormente, o presidente do PP, Mariano Rajoy, esixira ao xefe do Executivo, José Luis Rodríguez Zapatero, "consenso político, vixilancia parlamentaria e, sobre todo, moita transparencia" en relación co Fondo. Así mesmo, insistiu na necesidade de eliminar o dereito de veto que teñen as comunidades autónomas sobre as fusións de caixas, o que leva consigo a reforma da Lei Orgánica de Caixas de Aforro.