Salvador Fernández Moreda:
Vicepresidente de Caixa Galicia, defende –como posicionamento persoal–a fusión con Caixanova.
“A fusión das caixas pode ter custos pero tamén vantaxes” Ocupa un alto cargo no consello de administración de Caixa Galicia. Todos sabemos que hai un debate aberto sobre se debe haber unha fusión entre as caixas galegas, se deben seguir como están ou mesmo integrarse cunha de fóra. Vostede xa se pronunciou, pero fíxoo antes da crise actual. Reafírmase na súa postura?
Fíxeno en outubro do ano pasado, xa se vía a crise. Sigo pensando o mesmo: a situación financeira obriga a un proceso de fusións bancarias. É impepinable. En Galicia temos dúas caixas solventes, ben xestionadas e ben posicionadas que camiñan en direccións paralelas. Pero a medio-longo prazo é conveniente ter unha entidade financeira potente, con músculo, en Galicia. Reitéroo agora.
Sabe que pode ter uns custos, porque os servizos centrais dunha das dúas practicamente desaparecerían.
Si. Quero aclarar que son opinións persoais e que me represento a min mesmo. Vai haber unha fusión de caixas. Está aí. Hai 44 e terán que reducirse á metade ou menos. O tamaño é fundamental. Ou comes ou cómenche. Era bo permitir as fusións intercomunitarias.
E que vai pasar aquí?
Eu creo que aquí ten custos porque hai unha duplicidade de redes. É indubidable que era mellor posicionarse noutra comunidade onde non hai ese problema. Pero eu opino que o custo de facelo é inferior ao custo de non o facer a medio-longo prazo. A redución de sucursais hai que facela e dentro de dez ou quince anos non vai haber sucursais bancarias, vaise facer todo por internet. É un tema complexo. A ver que pasa co persoal, as cousas teñen que facerse ben e de acordo cos sindicatos. Estamos no momento de pensalo. Economicamente creo que poden aguartar as dúas sen fusión, pero politicamente, por interese de país...
Hoxe en Xornal
No hay comentarios:
Publicar un comentario