sábado, 4 de julio de 2009

Cajamadrid-Caixa Galicia-CAM? O PPdeG ve improbábel a necesidade do modelo de fusións que apoia o PP en Madrid.





O tema empeza a saír na prensa dixital.
Hoxe o diario galego VIEIROS ,trata o aquí xa comentado

Para o PSdeG a fusión recomendábel en Galiza é entre as propias caixas do país. O BNG advirte da porta aberta ao afastamento dos centros de decisión das entidades.

As fusións interrexionais, entre caixas con domicilio en diferentes comunidades autónomas, gañaron forza no primeiro plano do diálogo económico coincidindo co agravamento da crise financeira.

De xeito concreto, os preocupantes indicadores amosados por un gran número de caixas de aforro, aceleraron a toma en consideración desta medida. Inaplicábel na actualidade, o goberno español admitiu que na axenda da reforma contemplaba dar os pasos necesarios para autorizar este tipo de fusións.

Unha caixa galega cunha asturiana? Unha vasca cunha rioxana? Especulacións aparte, tal posibilidade sempre foi debuxada no marco de caixas xurdidas de xeografías próximas.


PPdeG: só se é necesario para que "sigan sendo un instrumento eficaz"

Así e todo, admite o deputado do PPdeG que se trataría dunha hipótese de "último extremo". Na súa opinión, só circunstancias excepcionais relacionadas coa "lóxica da racionalidade económica" levarían a tal escenario.



PSdeG: improbábel escenario, mais a prol da existencia da posibilidade
En parecido sentido, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, explicou para Vieiros que a fusión de Caixa Galicia e/ou Caixanova con entidades de fóra de Galiza sería froito "unicamente dunha situación excepcional". "Un último estremo ao que se chegaría por todo un conxunto de graves circunstancias e unha situación dramática", argumenta Fernández Leiceaga, para quen tal escenario é improbábel.


BNG: en contra de afastar instrumentos estratéxicos "vitais"
"A cuestión é moi clariña: que digan se están ou non a prol de que as caixas galegas poidan ver como os seus centros de decisión marchan fóra do país", desafía Fernando Blanco, voceiro parlamentario do BNG en materia de Economía, "que digan se lles dá ou non igual". Segundo explica para Vieiros o deputado nacionalista, Galiza afronta a "grave" posibilidade de "perder un instrumento económico clave".

Recorda Fernando Blanco que a necesidade do papel de Caixa Galicia e Caixanova como ferramentas "estratéxicas" fundamentais ao servizo do país tense posto de manifesto en numerosas ocasións, e pon ao respecto o exemplo da importancia para o sector naval. Por outro lado, lembra o deputado do Bloque que, interpelado ao respecto, o Goberno respondeu na Cámara que se trata dun debate e problema "técnico". Láiase Blanco da falta de importancia que entende que a Xunta lle outorga ao actual debate e advirte de que é "un tema político de amplo alcance".

No hay comentarios: