sábado, 5 de septiembre de 2009

CAIXAS GALEGAS :O dilema de Feijóo



PARA BLINDAR A "GALLEGUIDAD"
O sector financeiro dá por feita a fusión entre Caixa Galicia e Caixanova
Fontes do sector financeiro consultadas por LD dan por feita a futura fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, aínda que as entidades o negan. A operación estaría avalada pola Xunta, que aseguraría así a "galleguidad" das caixas.
M. CHAMAS / LUIS F. QUINTERO (LD)
Fontes de máxima solvencia do sector financeiro consultadas por LD dan por feita a futura fusión entre Caixa Galicia e Caixanova. A operación estaría avalada pola Xunta para manter, por riba de todo, a "galleguidad" das caixas da comunidade que goberna Alberto Núñez Feijóo.
En cambio, dende as entidades negan a operación. Fontes de Caixa Galicia consultadas por LD insisten en que "non só non hai acordo senón que non se produciron conversacións a ningún nivel. Non houbo reunións de ningún tipo nin ningún contacto para comezar a negociación", afirman.
Segundo estas mesmas fontes, a entidade está a barallar diferentes opcións no actual contexto de crise e sinalan que a fusión con Caixanova é unha delas, pero aínda "non" se iniciou este proxecto".
En calquera caso, fontes do sector dan por pechada a futura fusión que permitiría ao Goberno rexional de Feijóo manter a "galleguidad" das caixas de aforro galegas fronte a posibles operacións que chegasen dende Madrid (Caixa Madrid) ou da Comunidade Valenciana (CAM ou Bancaja).

Segundo fontes da Xunta consultadas por LD, o Executivo que preside Feijóo rexeita calquera tipo de "integración con caixas de fóra" de Galicia, polo que a futura fusión entre Caixa Galicia e Caixanova "entraría dentro do razoable". E é que, a Xunta, ao igual que o resto de gobernos autonómicos, ten a última palabra neste tipo de procesos, segundo a Lei de Caixas de Aforros vixente.
A principios de agosto, fontes financeiras sinalaban o interese de Caixa Madrid por fusionarse con Caixa Galicia e a CAM. Unha operación que convertería a entidade madrileña na primeira caixa española por diante de La Caixa. Pero tanto a Xunta coma Caixa Galicia apresuráronse a negar a operación. Dende o Goberno Galego, Fejoó vetaba a operación.
O vicevoceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, recordaba a aposta firme da Xunta por "manter a galleguidad" das dúas caixas autonómicas (Caixa Galicia e Caixanova). Pola súa banda, a CAM non descartaba a posibilidade.
Isto non casa ,se miramos ven.....
Segue no aire a idea do PP, e Feijóo no encrucillada!
Miren da Voz:
A Xunta ten a vontade de anunciar a súa posición respecto dunha posible fusión entre Caixa Galicia e Caixanova «ao seu debido tempo». A intención do Executivo de Núñez Feijoo é agardar ata finais de setembro ou outubro, e observar os movementos no resto das autonomías.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

............♥
...........****
..........******
.........********
........**********
......*************
.....*****HAPPY***
....*****************
...*******************
..*********************
...........****
...........****
...........****
Day, doing nothing is the life of the consumers; positive pay, is the creator of life. Nothing to do, that is, had an empty life; If people continue to pay the interest, that is, good life.
www.hoard.com.tw
www.hoard.com.tw/default.php
www.hoard.com.tw/product_08.html
www.hoard.com.tw/about_us2.html
www.hoard.com.tw/chocolate.htm
www.ta89.com
www.ta89.com/about
www.ta89.com/index.htm
www.ta-520.com

Anónimo dijo...

新彩整形外科診所
整形整形外科隆乳內視鏡隆乳豐胸果凍矽膠雙眼皮割雙眼皮縫雙眼皮開眼頭眼袋隆鼻韓式隆鼻抽脂削骨狐臭、>>>參考網站

Anónimo dijo...

I wish you health and happiness every day!
Ich wunsche Ihnen Gluck und Gesundheit jeden Tag!
Je vous souhaite sante et bonheur chaque jour!

網路行銷
seo