viernes, 25 de septiembre de 2009

Os sindicatos tamén avalan a fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova



Quintás
segue sendo a opción primeira de Feijóo para presidila e, aínda máis importante, a saída de Méndez e Gayoso

Hispanidade, venres,25 de setembro de 2009
Tal e como informara Hispanidade, a opción máis lóxica é a dunha fusión entre as dúas caixas de aforros galegas, Caixa Nova e Caixa Galicia. Agora foron os sindicatos os que optan pola solución que máis gusta a Núñez Feijóo segundo informa La Voz de Galicia (Vedes compañeiros de La Voz? Nós si vos citamos).
Isto facilita as cousas ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen quere como presidente o saliente da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA), Juan Ramón Quintás.
Pero aínda quere máis a saída de Julio Fernández Gayoso, Caixa Nova, e de José Luis Méndez, Caixa Galicia.

Os sindicatos ven "inevitable" e "inminente" a fusión das caixas galegas
Santiago de Compostela, 24 sep (EFE).- Os sindicatos CCOO, UGT e CIG ven "inevitable" e case "inminente" a fusión de Caixa Galicia e Caixanova ante o escenario de crise actual, unha posibilidade para a que xa realizaron estudos e que consideran o "mal menor", pois sería "peor" unha fusión con caixas doutras autonomías.
Así manifestárono a Efe fontes dos tres sindicatos, que consideraron imprescindible que haxa vontade política para sacala adiante e que se presente un proxecto viable, pois entre as dúas caixas galegas contan con 8.000 traballadores en España, deles os 5.730 en Galicia, ademais dos doutras empresas auxiliares.
De feito, CCOO foi máis explícito e apuntou unha fórmula dirixida ao presidente da Xunta: "Que Feijóo diga: Fágase a fusión", unha opción ante a que dixo non ver "moi animado" o presidente porque "se move na obviedade".
Na súa opinión, ha de "traballarse moi ben porque implica custos no emprego", unha cuestión fundamental á hora de determinar a súa posición, polo que considerou "conveniente coller dimensión no momento actual" para as dúas caixas.
Neste sentido, o BNG avoga por "blindar" a participación da Xunta na xestión das caixas de aforro galegas e mesmo promover a súa fusión ante eventuais intentos de deslocalizalas, tal e como anunciou hoxe o voceiro nacional, Guillerme Vázquez, ao aludir ao contido do texto articulado que elaborou esta formación para a modificación da Lei de Caixas.
Para UGT, que "é consciente de que hai un estudo entre Caixanova e Caixa Galicia para fusionarse esta opción para ambas as dúas, de materializarse, "non" será "pola súa vontade senón pola situación financeira".
Ademais, alegaron fontes deste sindicato, "toda fusión implica recortes nas cúpulas directivas e eles mesmos non queren facer estes recortes para si mesmos.
Pódense fusionar, problema non hai, o único é para o equipo, pero se a fusión consegue unha caixa de fóra de Galicia non volverá, é irreversible porque o peso está onde está, e non será en Galicia", argumentou.
Por iso, insistiu: "Se son o goberno non consinto que se me vaia unha caixa, habería que arranxalo como fose".
Polo momento, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, di que "o mellor é manter o que temos ou facer unha gran caixa galega", tal e como manifestou hoxe en Lugo, onde valorou a proposta do BNG de blindar as caixas, se ben pediu prudencia.
A CIG tamén considerou "inevitable" a fusión das dúas caixas galegas e ademais destacou que esta posibilidade representa un "mal menor", pois sería "máis traumático e evidentemente moito peor economicamente e a nivel de persoal unha fusión intercomunitaria".
Esta última opción supoñería un excedente de persoal maior, de entrada unhas 3.000 persoas dos servizos centrais quedaríanse sen emprego, precisou, ao que habería que engadir a duplicidade de oficinas, mentres que se a fusión se fai entre as dúas caixas galegas, esta redución supoñería unhas mil persoas, concluyó.EFE