jueves, 31 de diciembre de 2009

UN ANO MAIS


A todos os AMIGOS

viernes, 18 de diciembre de 2009

A nova Lei de Caixas da Xunta preme a Gayoso


Todo se pega, menos a intelixencia e a fermosura. Nunha xogada practicamente calcada á que fixo Converxencia i Unió -co Partido Popular á fronte do Goberno de España e co futuro presidente de Caixa Madrid, Rodrigo Rato, como vicepresidente económico do gabinete de José María Aznar-, para impedir a continuidade de Josep Vilarasau á fronte da primeira caixa de aforros de España ('a Caixa'), a Xunta de Galicia lanzou unha carga de profundidade á intención do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, de seguir á fronte da entidade e de mantela fóra dunha fusión con Caixa Galicia. Púxolle un límite de idade ao ocupante do cargo.
O caso é que as dúas caixas de aforro galegas terán novos órganos de goberno en marzo (a data é importante porque en xuño vence o prazo dado polo Banco de España para as entidades que queiran recorrer ao maná do Fondo de Reestruturación Ordenada da Banca, o Frob), se sae adiante a proposta presentada polo PP, algo garantido ao ter maioría abondo no Parlamento autonómico.
Fixando o límite de idade dos conselleiros xerais, directores e representantes das caixas en fundacións e sociedades participadas nos 70 anos, cinco menos que agora. O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, ten 78. Coa lei actual, tería que abandonar a asemblea xeral e, polo tanto, a presidencia de Caixanova en xuño, vería como a súa retirada forzosa se adiantaba tres meses, a marzo, se, como quere o PP, a reforma entra en vigor en xaneiro. Pero hai letra pequena nas disposicións transitorias: a consellería de Facenda pode autorizar, "logo de petición razoada", que o actual presidente da caixa viguesa continuase á fronte dalgunha fundación dependente dela. Unha solución xa barallada por Gayoso para seguir en Caixanova, aínda que teña que deixar a presidencia. (CM

jueves, 17 de diciembre de 2009

OS GALOS DA FUSION


A historia recente das caixas galegas pasa por dous nomes: Xose Luís Méndez (Caixa Galicia) e Xullo Fernández Gayoso (Caixanova). Os seus nomes acostuman a citarse entre os dos galegos "con máis influencia". Non é para menos. Dende hai décadas moitas das principais operacións empresariais do país precisan do seu "nihil obstat".
A diferenza doutras comunidades, como é o caso de Cataluña, en Galiza non está limitado o número de mandatos dos directores xerais. Así Méndez é director xeral dende 1981, mentres que Fernández Gayoso pasou en 2006 a ocupar a presidencia de Caixanova, logo de catro décadas como director xeral.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

CONTROVERTIDA FUSION DAS CAIXAS


A controvertida fusión das caixas galegas
Cando o 16 de setembro de 2008 augurou que a inesperada quebra de Lehman Brothers faría cambiar "moitas cousas no mundo", JULIO FERNÁNDEZ GAYOSO seguramente non imaxinaba que aquela hecatombe, burla burlando, remataría por dubidar de mesmo a supervivencia da entidade que preside, polo menos tal e como hoxe en día a coñecemos.
Caixanova, sobre todo dende o verán, está a ser obxecto de insoportables presións, procedentes sobre todo da Xunta, para que renuncie a continuar o seu camiño en solitario e se emparelle canto antes con Caixa Galicia, malia non figurar nin a unha nin a outra na nómina das peor paradas pola crise financeira internacional e polo afundimento en España do sector inmobiliario.
Cada vez parece máis evidente que a fusión é unha simple operación política na que se empeñou
ALBERTO NUÑEZ FEIJOO co exclusivo propósito de facerse forte ante unha eventual acometida de Caixa Madrid, da que lle resultará difícil zafar se o xa próximo día en que RODRIGO RATO se poña á fronte dela.
Outro insigne compañeiro de partido, o valenciano FRANCISCO CAMPS, anda exactamente nas mesmas, e con parecidas dificultades, dado o escaso entusiasmo que o proxecto de unir Bancaja, a CAM e Caixa Ontinyent espertou na súa terra.
Fernández Gayoso, que é un dos poucos presidentes das caixas de aforros españolas que empezou dende abaixo (entrou na de Vigo como auxiliar administrativo con 16 anos), leva toda a vida baténdose o cobre fronte a Caixa Galicia e lle custa moito botar agora pelillos ao mar só porque a Núñez Feijoo lle conveña.
Como bo afeccionado ao boxeo, Fernández Gayoso soubo encaixar de momento todos os golpes que lle propinaron por resistirse con uñas e dentes aos plans da Xunta, pero é plenamente consciente de que ningún organismo, nin se queira o máis roqueño, ten unha capacidade infinita de resistencia.

Flagrante contradición
Neste tira e afrouxa, Fernández Gayoso non está só: empresarios e líderes políticos de Vigo opóñense tamén á fusión. Paradoxalmente, hai dez anos, as mesmas voces se alzaron con entusiasmo a favor da absorción das caixas de Pontevedra e Ourense pola da súa cidade, que deu lugar a Caixanova. Naquela ocasión, por certo, Fernández Gayoso foi implacable cos que estaban ao mando das outras dúas entidades: CARLOS VELASCO foi invitado a xubilarse e a LUIS CARRERA asignoulle un papel moi secundario.


Funcas non o ve claro
O último pronunciamento destacado contra a fusión foi o de VICTORIO VALLE, director xeral da prestixiosa fundación das caixas de aforros (Funcas). Segundo el, se se trata de adquirir tamaño, Caixa Galicia e Caixanova "deberían saír fóra", porque unirse entre elas pode "crear a curto prazo problemas internos, de convivencia," toda vez que teñen "culturas radicalmente distintas e criterios diferentes", e ademais a súa relación se caracterizou tradicionalmente por unha forte competencia.


Á expectativa
Mentres Fernández Gayoso se resiste ao matromonio, JOSÉ LUIS MÉNDEZ, director xeral de Caixa Galicia, segue alentado en voz baixa a Núñez Feijoo. A fusión con Caixanova, que está chamado a administrar, poñería o broche de ouro á súa carreira profesional e confía en que, a pesar dos pesares, acabe caendo como froita madura.
De D/P. V.Clavero)

miércoles, 2 de diciembre de 2009

A Xunta aposta por unha fusión das caixas galegas


Nunha rolda de prensa convocada hoxe, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fixo pública a posición do executivo galego en relación á posibilidade da fusión entre as dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova.

Núñez Feijóo declarou que a Xunta de Galicia valora como alternativa que mellor concorda cos "requisitos de galeguidade e solvencia" é unha unión das dúas caixas galegas, como produto da fusión "igualitaria e equitativa". Tamén recalcou que o proxecto de fusión fiable é un obxectivo común e que para isto é necesaria a vondade e o acordo común de todos.

O presidente de Galicia asegurou que a unión entre Caixa Galicia e Caixanova e a mellor alternativa para a comunidade e que é "viable técnica, económica e financieiramente".

Feijoo acordou con ambas as entidades realizar unha auditoría «independente» que avale a fusión. Así o trasmitiu, ao director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e ao presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

Demostrar a solvencia da fusión é requisito previo esixido polo Banco de España para calquera proceso de unión.

O presidente da Xunta advertiu de que executará o seu poder de veto ante posibles alianzas das caixas galegas con outras de fóra da comunidade.


El Gobierno gallego encargará “sendas” 'due diligence'. Según explicó Núñez Feijóo, “son sendas auditorías para certificar e ratificar a solvencia económica e financeira de unha caixa galega unida, fusionada”.
VerVIDEO PremerAQUIUn lacónico “si”. Esta foi a resposta que deu o presidente da Xunta á pregunta de se exercería a súa capacidade de veto no caso de que Caixanova siga negándose a unha unión con Caixa Galicia e tente unha 'fusión virtual' (SIP) cunha entidade foránea.