Todo se pega, menos a intelixencia e a fermosura. Nunha xogada practicamente calcada á que fixo Converxencia i Unió -co Partido Popular á fronte do Goberno de España e co futuro presidente de Caixa Madrid, Rodrigo Rato, como vicepresidente económico do gabinete de José María Aznar-, para impedir a continuidade de Josep Vilarasau á fronte da primeira caixa de aforros de España ('a Caixa'), a Xunta de Galicia lanzou unha carga de profundidade á intención do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, de seguir á fronte da entidade e de mantela fóra dunha fusión con Caixa Galicia. Púxolle un límite de idade ao ocupante do cargo.
O caso é que as dúas caixas de aforro galegas terán novos órganos de goberno en marzo (a data é importante porque en xuño vence o prazo dado polo Banco de España para as entidades que queiran recorrer ao maná do Fondo de Reestruturación Ordenada da Banca, o Frob), se sae adiante a proposta presentada polo PP, algo garantido ao ter maioría abondo no Parlamento autonómico.
Fixando o límite de idade dos conselleiros xerais, directores e representantes das caixas en fundacións e sociedades participadas nos 70 anos, cinco menos que agora. O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, ten 78. Coa lei actual, tería que abandonar a asemblea xeral e, polo tanto, a presidencia de Caixanova en xuño, vería como a súa retirada forzosa se adiantaba tres meses, a marzo, se, como quere o PP, a reforma entra en vigor en xaneiro. Pero hai letra pequena nas disposicións transitorias: a consellería de Facenda pode autorizar, "logo de petición razoada", que o actual presidente da caixa viguesa continuase á fronte dalgunha fundación dependente dela. Unha solución xa barallada por Gayoso para seguir en Caixanova, aínda que teña que deixar a presidencia. (CM
viernes, 18 de diciembre de 2009
A nova Lei de Caixas da Xunta preme a Gayoso
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario