jueves, 18 de marzo de 2010

Desván de los Monjes:O Noso Sobrado dos Monxes













Copio Artículo de:
Xosé Castro(Xornal:18-3-10): O Xacobeo de Sobrado
Luís Carandell incorporaría o "Celtiberia Show" os gaza-pos toponímicos que o conselleiro de Cultura cometeu na intervención en Fitur. Pero os nacidos en Sobrado, lonxe de reprocharlle tamaño erro, ata lle agradecemos que se fiase do corrector informático, porque a súa confusión conseguiu que moita xente situase no mapa ao pequeno concello de Sobrado dos Monxes, que tamén tivo o seu minuto de gloria no Parlamento e chegou a YouTube e outras redes sociais.
"Non" hai "mal que por ben non veña", sentencia un vello dito, e o tremendo erro dun conselleiro pode ser a premisa de partida para que aumente o número de visitantes e Sobrado viva tamén o seu peculiar Xacobeo, que deixará no pobo recursos económicos complementarios da súa economía agraria tradicional.
Os que recalen nesta localidade situada no corazón de Galicia, equidistante da Coruña, Santiago e Lugo, non quedarán defraudados, porque a contrapartida é un suxestivo encontro cunha paisaxe de vivos contrastes e coa cultura que encarna a maxestosa arquitectura do milenario cenobio, cuxas torres esveltas dan unha cálida benvida ao forasteiro, que alí non ten tal condición. Santa María de Sobrado, a catedral galega da montaña, ofrécese ao visitante como un conxunto brillante, exemplo sineiro do barroco galego, cuxa grandiosidade arrepía o ánimo.
Pero Sobrado non remata no mosteiro. Alí conflúen o Camiño do Norte e o primitivo; a un quilómetro está a Lagoa, fonte do Tambre, rica en flora e fauna; máis arriba, nace o Mandeo; na parroquia de Ciadella están os restos dun campamento romano; hai igrexas románicas, cruceiros, castros e outros restos arqueolóxicos e todo o concello está habitado por xentes traballadoras, adorablemente simples e desprovistas de calquera arrogancia. Cando o viaxeiro decida xantar poderá degustar no pobo ou en casas de turismo rural saborosos produtos da terra presentados coa sobriedade do románico e a exuberancia do barroco.
Compensa, polo tanto, esta fuxida pola Galicia interior ata Sobrado dous Monxes para "gañar o xubileu" dunha emocionante sucesión de beleza que reconforta o ánimo antes de regresar ao pragmatismo urbano. Anímense!

No hay comentarios: