Outra noite de Ledicia en "AURIA", mais de un cento de Amigos do Mus celebraron a final do campeonato , "III LIGA DE MUS" 2007/08 Organizada : Ourense Museiros. Participaron os equipos : ATENEO B - PEÑA - MENIÑAS - CARACOLES-COREN-BALI-ATENEO A - LIZARRAN -MILANES- MISTER -PIJU.
Seguira o reportaxe completo maña.
sábado, 31 de mayo de 2008
jueves, 29 de mayo de 2008
"Cousas de Auria" : XOAN e amigos, recuncho da Lonia: "MESON DA TIA MATILDE"
LECER coa Música
Xoan da Cova dixo: Imaxine qué xuergas se montan aí, que o dono da tasca, o Olegario, déixalle moitas veces as chaves ós clientes, pra que cerren, e íl vai durmir.
Xabier Casares , oficiou de "Chef" preparou as SETAS (Trebolle-outra afición :Colleunas)
Disfrutando..........
Xoán dixo: Somos, de esquerda a dereita: O Carabinas (Ou Escarola, polo seu pelo), de costas; Moncho Borrajo o caricato; Xoán Fonseca; Alfonso Vilariño, de Xinzo de Limia, primo da Lola Vilariño; Xabier Casares; Juan Domingo Romero, xubilado da Caixa e home de Ana Garrido, a Concelleira de Ourense; e tamén de costas o percusionista do grupo Antonio Morgado, estanqueiro do Paseo. O Moncho e o Alfonso son amigos da adolescencia limiana de Xabier Casares, e conservan a afición musical de cando ían ronda-las mozas na Comarca da Limia, e ata en Maceda e contornas estremas.

Etxe dixo: Uy, uy,uy... que vexo unha minimegacea festeira do verán para festexar 1 que vivimos e 2 que existen puntos de encontro deste punto de encontroe escorno que é A Cidade 3 que nós nos falamos aquí e alá na blogosfera e cantamos e o que faga falta...
O atractivo desta cidade do Zepo, do Paxaro, de Otero, da Concha do Futbol, do Toñito Patata, de EBA, do Kaito, do Valente, de Baltar ,dos afogados todos dos Caños. Nos veráns de raxeira... antes de que viñeran as gaivotas no inverno e os cormoráns aparecesen no río.
Apúntome.
Marcos Valcarcel dixo: E unha merenda de solaineiros das Uvas, alí no Tía Matilda e aló polo San Xoán e celebramos o santo de Fonseca???.
Chesi dixo:
Creo que racalaran nela xentes que sobreviviron a palloza do Cuco de Velle. Habería que reivindicar ó Cuco: unha derradeira festa-festón-orxía-musical e estriptís nun domingo. Iso sí: que se espidan outros que eu non teño corpo (como ben se encargou de certificalo onte Cuerda/Corda) para exhibicionismos a non ser que a cota de alcol inxerida rebase os límites establecidos por Rouco Varela, o Sergas e o Ministerio do Interior. Gracias pola información. A ver si un día podo caer (en sentido estricto) por ese recuncho e armamos unha troula que Blanco Amor dende o máis alá terá que reescribir A esmorga, que, á vista da nosa concurrencia, non deixará de ser unha novela de abstemios.

martes, 27 de mayo de 2008
lunes, 26 de mayo de 2008
José Luis Cuerda presentou a novela de José Mª Pérez Álvarez (Chesi),"La soledad de las vocales"
Foi unha distendida disertación en clave humorística sobre da novela os seus contidos e o amigo escritor.Casi comezou parodiando nomes de famosos.....dixolle: Que erro chamarte José Mª Pérez, o menos...Chesi. Pero moito mellor che iría : "Chejof". Protagonistas do acto: José Luis Cuerda, José Mª Pérez Álvarez (Chesi) e José L.Troitiña
domingo, 25 de mayo de 2008
Banda de Música de Sober :Estreno do Pasodoble-marcha "MAESTRO TADEO"
Homenaxe en Sober, ou director falecido en 1983, D. Tadeo Guitián Álvarez.A Banda de Sober e ex alumnos estrearon o Pasodoble-marcha: MESTRE MATEO", obra de Indalecio Fernández Groba, amigo persoal do Mestre Tadeo.
Ver aquí : http://www.nobalcondosil.blogspot.com/
Luis Fernández lendo unhas palabras,antes de descubrir, os fillos de Tadeo- Carmen e Tadeo Guitián- a placa conmemorativa da casa onde viviu.
Ver aquí : http://www.nobalcondosil.blogspot.com/
viernes, 23 de mayo de 2008
Día de LECER , collendo COGOMELOS
Hoxe dedicámonos a gozar da Natureza.E logo tamén do paladar, xa que esta Nosa Terra elles un paraíso, como poden ver.....
Unha maña agarimosa :Os sitios a 10 minutos de Ourense.Paseo: Collendo SETAS.Lugares : Vds xulguen......
Remate na casa, o xantar :"Revolto de Rebozuelos".Postre :"Arroz con Leite de Cantharellus Cibarius".
Todo aquí preto, cuestión de esquecer o diario estrés da CIDADE

miércoles, 21 de mayo de 2008
LAS ESTACIONES DE LA MUERTE , reeditada por DUEN DE BUX
O Liceo de Ourense, foi o escenario (Tamén escenario real na novela) , da presentación, realizada por Manuel Zabal.
Moitos amigos, asinando, ....jornada Editorial no dificil Universo do Libro.Segundo de DUEN DE BUX que sae ao público. Esperamos que Ourense, senón éo xa, recoñézase como Cidade Parnaso de las Letras, neste recanto do Universo. José Mª Pérez Álvarez, consagrado xa, o próximo Luns no Liceo volve presentar a sua recente ,e premiada, novela:"La soledad de las vocales"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)