Xoan da Cova dixo: Imaxine qué xuergas se montan aí, que o dono da tasca, o Olegario, déixalle moitas veces as chaves ós clientes, pra que cerren, e íl vai durmir.
Xabier Casares , oficiou de "Chef" preparou as SETAS (Trebolle-outra afición :Colleunas)
Disfrutando..........
Xoán dixo: Somos, de esquerda a dereita: O Carabinas (Ou Escarola, polo seu pelo), de costas; Moncho Borrajo o caricato; Xoán Fonseca; Alfonso Vilariño, de Xinzo de Limia, primo da Lola Vilariño; Xabier Casares; Juan Domingo Romero, xubilado da Caixa e home de Ana Garrido, a Concelleira de Ourense; e tamén de costas o percusionista do grupo Antonio Morgado, estanqueiro do Paseo. O Moncho e o Alfonso son amigos da adolescencia limiana de Xabier Casares, e conservan a afición musical de cando ían ronda-las mozas na Comarca da Limia, e ata en Maceda e contornas estremas.

Etxe dixo: Uy, uy,uy... que vexo unha minimegacea festeira do verán para festexar 1 que vivimos e 2 que existen puntos de encontro deste punto de encontroe escorno que é A Cidade 3 que nós nos falamos aquí e alá na blogosfera e cantamos e o que faga falta...
O atractivo desta cidade do Zepo, do Paxaro, de Otero, da Concha do Futbol, do Toñito Patata, de EBA, do Kaito, do Valente, de Baltar ,dos afogados todos dos Caños. Nos veráns de raxeira... antes de que viñeran as gaivotas no inverno e os cormoráns aparecesen no río.
Apúntome.
Marcos Valcarcel dixo: E unha merenda de solaineiros das Uvas, alí no Tía Matilda e aló polo San Xoán e celebramos o santo de Fonseca???.
Chesi dixo:
Creo que racalaran nela xentes que sobreviviron a palloza do Cuco de Velle. Habería que reivindicar ó Cuco: unha derradeira festa-festón-orxía-musical e estriptís nun domingo. Iso sí: que se espidan outros que eu non teño corpo (como ben se encargou de certificalo onte Cuerda/Corda) para exhibicionismos a non ser que a cota de alcol inxerida rebase os límites establecidos por Rouco Varela, o Sergas e o Ministerio do Interior. Gracias pola información. A ver si un día podo caer (en sentido estricto) por ese recuncho e armamos unha troula que Blanco Amor dende o máis alá terá que reescribir A esmorga, que, á vista da nosa concurrencia, non deixará de ser unha novela de abstemios.

2 comentarios:
Vaia. E tamén está o Abel, q.e.p.d, nas fotos.
Unha noite ceamos con él a miña dona i eu, nesa tasca. Colléu a guitarra e púxose a cantar milongas e outras canciós sudamericanas, como era habitual nel.Ela escoitábao,cós ollos brillantes. Eu sabía que lembraba a súa infanza en Venezuela. El emocionábase coa atención que ela lle prestaba. "Me siento adornado", dixo.Rematamos a cea e levámolo á súa casa, perto do parque das Mercedes. Cando nos despedimos, díxo: qué ben o paséi con vos. Cando volvades polo "Tía Matilde", chamádeme, que vós apreciades a música en vez de berrar coma os outros.Prometinlle que así o faría. Xa non houbo oportunidade...
Moncho Borrajo, Genio del Humorismo Gallego y Universal
Publicar un comentario