domingo, 18 de mayo de 2008

Na rua Paseo, de AURIA, ambiente festivo nas LETRAS GALEGAS

O día das Letras Galegas en Ourense foi unha festa este ano da man da recente "LiterAuria lar das letras".

Para comentar os actos de hoxe 17 de Maio, copio o COMENTARIO :

XDC said...
Veño dos actos na rúa do Paseo, a carón da carpa de Literauria. Estupenda versión da Banda Municipal de "Unha noite na eira do trigo, e outras. Nun descanso da Banda, recitaron poemas de Álvarez Blázquez dúas rapazas dun Instituto, non lembro cal. Ao rematar a Banda, e xusto cando empezaba a chover, recitóu Caneiro poemas seus, acompañado por un guitarrista. O son non funcionaba ben. Foi de cine: Caneiro recitando prácticamente a capela, a guitarra sen amplificación e un corro de xente prácticamente pegados, pra oir. E todo, baixo a chuvia. Uns, con paraguas, outros, sin él. Eu, mollándome, agoantando. Poemas bós e ben recitados.
Foi todo un síntoma de "profesionalidade" por parte do Caneiro adaptarse instantáneamente ás circunstancias e aos problenas do son e recitar con total naturalidade, tras decir que, a quen lle interesase a poesía, que se achegase pra oír. É onde se conoce que está afeito a torear en todalas plazas.
(O Sr.D. xdc, comenta frecuentemente nas http://www.asuvasnasolaina.blogspot.com/













2 comentarios:

Anónimo dijo...

Graciñas pola referencia á miña persoa a ó meu escrito, amigo Trebi.
E siga adiante con este blog fotográfico.Saúdos.

Anónimo dijo...

Repaso fotográfico de actos culturais en Auria, non está mal,tanto Blog a ver,aquí perdese pouco tempo.
Noraboa