pero no cadrado do fondo di NOVEMBRO XOVES DÍA 28, que sepa segue ser venres............
Bueno....alguen me sacará do barullo
"Dentro e fóra ": Afonso Vázquez-Monxardín
Como dí Monxardín "Aquí": quedamos sin !Estrela Michelin¡ en Toña Vicente...., E sería como dí Davila no seu chiste... por non pasar NIN POLA LONXA
Discútese bastante o nome do sitio este. E xa son ganas. Que se Galiza soa máis enxebre, que se Galicia é como máis ben dicimos a xente do común. Que se dis Galiza cheira a Bloque e Galicia a menos amante do país. Que nada diso. Que si. Que non. Que se tumba que dálle. Que tal e que sei eu... Trapatrapá. Non me meterei nese bulleiro revivido polo alobado mozo de escasos estudos e sen traxectoria profesional que, miren que reviravoltas dá a vida, é presidente da Comisión de Educación e Cultura do noso Parlamento. E así, dicindo noso, vostedes xa me entenden. E aínda que non cumpriría aclaralo fágoo para o teña as entendeiras atravesadas: que tamén conto por nosos o Parlamento Español e o Parlamento Europeo, pois lugar onde temos palabra e onde se coce pan e leis que nos van afectar, son tamén nosos. Pero así, dicindo como dixen ao primeiro, noso, vostedes xa me entenderon e non teño que andar co tema de cia/za, que me acaba coa paciencia, pacencia, pacenza, ou como os señores gusten, que eu, con tal de nos ir enten dendo, aínda que sexa de forma incorrecta, o resto impórtamelles ben menos.
Artículo en La Región :http://www.laregion.es/opinion/3392/
Visitamos :No Museo Municipal de Ourense:
O MUNDO HOXE:NOS
Como dí Monxardín "Aquí": quedamos sin !Estrela Michelin¡ en Toña Vicente...., E sería como dí Davila no seu chiste... por non pasar NIN POLA LONXA
No hay comentarios:
Publicar un comentario