martes, 11 de noviembre de 2008

Magosto pola igualdade con o Amigo Marcos

Son unhas SANTAS. Claro que nos ...igual somos uns anxos
O sopor meu.....sería do viño?


As castañas.......... E eu a outra castaña!


ANDOLIÑA martes 11 novembroFESTA DO LUME
Dende bastante cedo, soben os mozos coas súas mochilas polos montes dos arredores. Luciu o sol onte en Auria, día de festa, coma hoxe, polos magostos. E velaí tedes un modelo de encontro ben enxebre, que en case nada variou dende os días remotos da nosa infancia: castañas, viño, chourizos, etc. Si, quizais hoxe a variación de bebidas alcohólicas sexa moito maior, pegada dos botellóns xuvenís. A cantos magostos iría eu dende neno? Sería difícil calculalo: no Montealegre, no Ervedelo dos avós, na Derrasa cando xa había algún coche para desprazarse, en lugares que xa nin podo lembrar.Festa do lume: todas as culturas teñen mitos e ritos fillos desta tradición. Dende o Prometeo clásico que rouba o lume ós deuses ata a Ave Fénix que arde cada cen anos e renace das súas cinzas, símbolo da resurrección e a inmortalidade. En medio do lume represéntase tamén o deus hindú Agni, cabalgando un carneiro, e o corpo dos vellos xefes viquingos era cremado nunha lancha: seica entendían que o fume que se erguía simbolizaba o retorno do espírito ó sol, o dador da vida. Os nenos esculcan fascinados as lapas antes de se apagaren: quizais ata sexan quen de ver todo isto na súa fogueira.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que mágoa non poder estar aí convosco.

Apertas.

Anónimo dijo...

MMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM
Un contubernio clandestino...
Abrazos, de todo o modo!

Anónimo dijo...

¡Cajoentó! Pero iso non foi un magosto, foi unha festa dionisiaca na que se consumiron sustancias sólidas, líquidas e pola pinta dos beldragas tirados na táboa, alguhna que outra gaseosa, que ou ben entra polo nariz ou ben pola boca. Estades desfalecidos. Só lembro algo tan abraiante nalgunha escea de películas de Passolini. Pobre Martiño de Tours: el da media capa ós pobres e vos a saber que lle dades ós corpos.