martes, 30 de junio de 2009

Quedaremos sen Caixa Galicia?





Pois...ademais do da Lingua, tamén poder Financeiro!
Montoro insiste: hai que fusionar Caixa Madrid, a CAM e Caixa Galicia. Sería a gran caixa de aforros do PP, a maior de España. De paso, conseguiríase a primeira fusión inter-rexional. Calquera dos presidentes posibles gusta a Esperanza Aguirre: Rodrigo Rato, Manuel Pizarro ou Ignacio González
Cristóbal Montoro insiste, e o voceiro económico ten moito peso no Partido Popular, pois Rajoy o considera o ministro de economía ideal: o PP debe dar exemplo de fusións inter-rexionais de caixas, co matrimonio -'ménage à trois', máis ben- entre Caixa Madrid, a levantina Caixa de aforros do Mediterráneo e a galega Caixa Galicia. Dito doutro modo: as entidades das zonas que controla o PP.
Polo demais, calquera dos candidatos a dirixir a megacaixa do PP é do agrado de Esperanza Aguirre: Rodrigo Rato, Manuel Pizarro ou Ignacio González, a quen Aguirre quere quitarse de diante. O camiño comezou porque Miguel Blesa, presidente de Caixa Madrid, xa se sabe fóra e entraron en razón: modificaranse os órganos xestores e en setembro haberá novo presidente.
En definitiva, a presión do Banco de España, que ameazou con tomar medias sobre Caixa Madrid -noutras palabras, con introducila no plan de rescate bancario, o que lle colocaría como unha caixa con problemas- corre a favor das teses de Montoro, aínda que non ten en conta aquilo de que se fusionas dúas entidades en dificultades tes tres problemas, se fusións tres caixas débiles se supón que te podes encontrar con cinco problemas... polo menos.
A amora disparouse en Caixa Madrid, que durante o período de Miguel Blesa xogou a ser banco, e banco de investimento, con toda a panoplia de titulizaciones, capital risco e todo tipo de emisións propias dunha sociedade anónima, non dunha entidade mutual, ademais dunha participación insensata no financiamento do sector inmobiliario.
Como xa informamos, os baróns socialistas son máis celosos. E así, Montilla e Griñán buscan custe o que custe unha fusión entre as caixas dos seus propios ámbitos de cobertura, para que non lles escape o control sobre ningunha delas

lunes, 29 de junio de 2009

MEDALLAS CASTELAO

















MEDALLAS CASTELAO
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu este mediodía en San Domingos de Bonaval a entrega das Medallas Castelao, un acto no que remarcou que a autonomía sigue sendo “un roteiro orientado ao porvir”, e o galeguismo “a nosa principal bagaxe para percorrelo”.
Así, Feijóo valorou a traxectoria dos cinco galegos recoñecidos coa Medalla Castelao: “O traballo agrobiolóxico de Tarsy Carballas, que nos permite coñecer mellor o humus do que estamos feitos, é galeguismo; a devoción médica do doutor Fernando Diz-Lois é galeguismo; é galeguista a inquedanza que latexa no labor humanista de Luciano García Alén; Marcos Valcárcel, a quen alguén chamou axeitadamente o ‘intelectual elegante’, personifica o galeguismo; e existe outro galeguismo políglota e cosmopolita que leva a Fernando Pérez-Barreiro Nolla a sacar a Shakespeare do Globe londinense, para traelo á nosa lingua”, remarcou.

< href='http://www.agalega.info/videos/?emi=7824&corte=2009-06-28&hora=20:32:58&canle=tvg1' title='agalega.info noticias: Feijóo defende un galeguismo aberto e cordial na entrega das Medallas Castelao'>
http://www.agalega.info/videos/images/logo.gif

sábado, 27 de junio de 2009

Unha FUSION:Caja Madrid-CAM y Caixa Galicia



Pero a caixa de aforros que máis preocupa ao Banco de España é Caixa Madrid. A obsesión de Miguel Blesa por manterse na Presidencia e o enfrenamiento interno no que se desenvolveu a xestión da ata hai dous anos caixa máis solvente de España, fixo que se dispare a morosidade e o descontrol da xestión.

Pois ben, iso é o que pretenden aproveitar no PP para contar cunha gran caixa amiga, produto dunha fusión interrexional, que daría lugar á terceira entidade financeira española, por diante de La Caixa: Caixa Madrid, unha entidade valenciana, preferentemente CAM, e Caixa Galicia. O Goberno de Castila-León négase a achegar algunha das súas seis entidades, porque pretende unha fusión entre todas elas. Naturalmente, a figura idónea para liderala sería o nominado eterno do Partido Popular para cuestión de caixas de aforros: o ex vicepresidente económico Rodrigo Rato.

Significa todo isto que fusionando tres entidades que non atravesan os seus mellores momentos se solucionarán os seus problemas? Naturalmente que non. Se fusionas dúas entidades malas non te encontrarás cunha solución senón con tres problemas. Agora ben, unha fusión constitúe a mellor escusa, o mellor barullo mediático, para reducir oficinas e despedir traballadores. Iso si.

Eulogio López
eulogio@hispanidad.com
Comentado tamen en:http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=395

martes, 23 de junio de 2009

Para dar unha voltiña por Amoeiro









Pazo de Cornoces
Dende Amoeiro (Ourense-a 18Km-) e situados na alameda do pobo encontramos un sinal dirección a Cornoces (0.8 km). O pazo encóntrase nunha especie de praza da aldea. Divísase perfectamente polas torres da capela.
Trátase dun pazo encravado nos "chaos" de Amoeiro , e con abundantes "carballeiras".
A fachada principal, orientada ao E., non é perfectamente rectilínea, senón que a un determinado momento se quebra formando un aberto ángulo obtuso.

Pranto polo camiño da Martinga
Afonso Vázquez-Monxardín
N a nosa Lombardía -que era como Otero Pedrayo lle chamaba aos Chaos de Amoeiro- hai moitas xoias. Estas naturais, como o Barbantiño de fervenzas enlazadas. Aquelas prehistóricas como os petroglifos do Chao das Ferraduras. Estoutras artísticas como a igrexa románica de Cornoces. Tamén literarias como o pazo de don Ramón en Trasalba. Se cadra por estas cousas, por esta multiplicidade de marabillas sempre foi lugar atractivo. Aínda lembran os vellos como nas primeiras décadas do século pasado os señoritos de Ourense, para escaparen das calores do verán que os afogaban no fondo do pozo, subían a Amoeiro de veraneo, para pasear entre as carballeiras ou gozar co refresco das noites. Logo veu a moda da praia. Hoxe son centos as casas que como segundas vivendas de ourensáns da cidade, inzan o Concello, desde a Bóveda hístórica á dinámica Parada ou a oteriana Trasalba. E tamén, claro, tamén están os pazos que nos falan doutras formas de vida e relación social. O dos Miranda en Parada, o dos Rivas en Bóveda, o que foi dos Suances en San Damián, o de Pedrayo en Trasalba, e, esquecendo varios, o que arestora nos interesesa, a Martinga en Cornoces.

A parroquia de San Martiño de Cornoces -con ese topónimo rabiosamente céltico e relacionado con Cork, Cornualles ou Corcubión- vémola especialmente fermosa. O río Barbantiño abrazándoa polo pé; a igrexa empoleirada no alto dun antigo castro cunha inscrición medieval que ocupa toda a fachada sur na que relata as circunstancias, persoas, reliquias e tempos da fundación, sen dúbida das máis espectaculares de España. E alí, preto da igrexa, érguese, abandonado hoxe, o vellísimo Pazo da Martinga. O nome evócanos a unha ‘Martinica’ latina, se cadra relacionada coa propia advocación da parroquia. Pois ben, ata hai uns meses, un dos percorridos máis gorentosos que se podía facer a pé por ese labirinto de camiños abandonados que o noso país, era o que ía desde a estrada que comunica Amoeiro con Ponte Mandrás ata o pazo da Martinga. As fondas rodeiras de carro, cheas de follas secas no outono, os muros de cachote con liques centenarios e couselos como carnosas ventosas vexetais, as sombras que o acobillaban, frescas no verán, quentes no inverno, o suave son do trepar nas follas do chao, os fentos de debaixo dos piñeiros e as fentas das sombras máis húmedas, as luces ocres coadas entre as follas dos carballos, os sons das cascas dos piñeiros ao abrir no medio das raxeiras do verán... Todo isto está, parcialmente perdido. Esta fin de semana, vin que onde había unha encrucillada hai un cruce. Onde había musgo e pedra, había macadán e grava. Unha longa pista que vai de ningún sitio a ningún sitio, que non pasa por núcleo habitado ningún, subrepuxérase ao vello camiño medieval. Os centos de anos de paso de carros fendendo a pedra ata facer as rodeiras guiadoras, volatilizáranse rapidamente coa acción da pala e das escavadoras. Eu non sei ver razóns de tipo económico que xustifiquen ese violento pasar páxina. Se cadra as hai. Pero tamén pode que sexa só un soño que se esvaeza deixando ferida a natureza, o camiño.(La Región:23/06/2009)

domingo, 21 de junio de 2009

PREMIO OTERO PEDRAYO:2008 MARCOS VALCÁRCEL , recolleuno no Teatro Principal de Ourense

























Con unha impecable posta en Es cea, e con cheo total no T.Principal, Marcos engaiolou os asistentes con un maxistral
discurso.
Do amor por Galicia coa súa obra, deu fe asistencia de Políticos de todas as forzas galegas
En Ourense :20/06/2009

viernes, 19 de junio de 2009

SOCIO DE HONRA do LICEO DE OURENSE





















No mesmo acto presentación do libro: "Marcos Valcárcel:Ovalor da xenerosidade.Homenace dos Amigos"

O liceo foi unha Festa
Estaban todos os amigos e os ausentes tamén se sentían
O que sementou :Ensino...democracia..liberdade.../Recolleu o mellor froito:O Cariño ,Amizade e recoñecemento da súa labor
A iso soaron os APLAUSOS que Marcos recibiu

A secuencia das fotos: Comeza o Acto, Entrega da Placa, O libro amosado por AV Monxrdín, Presente o ALCALDE , o final Viño e faladoiro...Amigos,Blogueiros de "As uvas".Trío de Peso,
Compañeiros, e Salón ateigado acompañando a Marcos.



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

miércoles, 17 de junio de 2009

En AURIA presentouse Literauria



F:Voz=Alfonso Prada, Javier Ibañez, Paz, Ramón Martínez e Chesi no acto


LiterAuria- foi presentado onte nun acto que se desenvolveu no Liceo e no que participaron Manuel Ramos, Chisco Fernández Naval e Xavier Paz, así como o escritor Camilo Franco, acompañado do músico Magín Blanco.

Xavier Paz, salientou que «esta é unha asociación profesional que nace co obxectivo fundamental de defender os intereses profesionais dos tres colectivos que concorren como axentes fundamentais no mundo do libro: escritores, editores e libreiros».
Paz tamén aludiu a que o ámbito de actuación do colectivo é a cidade de Ourense:

«únenos a posta en valor de Ourense, a cidade literaria por excelencia de Galicia, os nosos escritores, os nosos espazos e a riqueza da creación literaria que aquí se xenera»

Pola súa banda, o escritor José María Pérez Alvarez (Chesi) sinalou que a pretensión desta iniciativa é que o libro 'non' sexa un artefacto solitario', senón que sexa 'unha alma con vida'. De feito, apuntou que en Ourense hai unha 'tradición excelente' en torno ao mundo do libro.







Xoves, 18 de xuño de 2009.
Hora..: 20:15 horas.
Lugar.:Liceo de Ourense.

Acto de nomeamento de SOCIO DE HONRA do LICEO de Ourense a MARCOS VALCÁRCEL LÓPEZ.

No mesmo acto presentarase o libro: ´Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos'.

Finalizarase a xornada nos salóns da planta baixa do Liceo ourensán.

{NOTA: Os colaboradores na citada obra poderán recoller en man o seu corresponde exemplar}.

lunes, 15 de junio de 2009

Presentación GREMIO LITERAURIA, no Liceo de Ourense

As librarías Eixo, Tanco e Torga; as editoras Difusora de Letras, Artes e Ideas, Duen de Bux e Linteo;
e os escritores Marcos Valcárcel, Camilo Franco, Xerardo Méndez,
Xosé Francisco Fernández Naval "Chisco" e José María Pérez Álvarez "Chesi"
temos a honra de convidalo/a ao acto de presentación da asociación profesional

Gremio Literauria
Gremio de Editores, Libreiros e Escritores de Ourense

que decorrerá o próximo martes 16 de xuño a partir das 20:15 h. no Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal, 5.

O acto contará coa participación de Manuel Ramos, Chisco Fernández Naval e Xavier Paz
así como intervención de Camilo Franco acompañado do músico Magín Blanco.


O pasado xoves, tamen no LICEO inaugurouse a Exposición OLLADAS NO FUTURO / RÁMON PIÑEIRO

"Galego por nación, español por historia e europeo por cultura"




Estase a mostrar na sala CARLOS CASARES



Presente Ramón Villares:Hoxe noticia :

Ramón Villares entrará no padreado do (CGAC)

Xornal.com15/06/2009 - . O historiador Ramón Villares, actual presidente do Consello da Cultura Galega, entrará a formar parte do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Se o conselleiro de Cultura non cambia de parecer e segue adiante coa iniciativa presentada a semana pasada aos patróns do museo con carácter meramente informativo, pois é o único facultado para o nomeamento, o que fora reitor da Universidade de Santiago (USC) substituirá ao falecido José Miguel Ullán neste organismo, do que tamén forman parte, entre outros, Isaac Díaz Pardo ou Julio Fernández Gayoso. Aínda que a Consellería de Cultura non informou sobre este nomeamento logo da xuntanza e que o director do centro, Manuel Olveira, evitou confirmar un dato que non está “autorizado” a revelar, fontes do padroado aseguran que o conselleiro deu conta deste cambio na mesma reunión na que se aprobou a celebración dun concurso internacional, por primeira vez en 16 anos, para escoller ao próximo responsábe

Eu hoxe curando lumbago no TALOSO de Baiona.
Sinto non estar maña no LICEO




jueves, 11 de junio de 2009

Medalla Castelao para Marcos Valcárcel




Entregaráselle o 28 de xuño
Medalla Castelao para Marcos Valcárcel
Redacción (A nosa Terra) . O profesor e escritor ourensán, que foi recentemente homenaxeado na Cea dos Escritores da AELG, e levou tamén o IV Premio Pen Clube Voz da Liberdade, será o próximo persoeiro en recibir este galardón co que a Xunta de Galicia distingue a obra literaria, artística ou intelectual. É colaborador habitual de A Nosa Terra.

Marcos Valcárcel (Ourense, 1958), doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación céntrase na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); "Ourense, a gran cidade literaria", en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Membro correspondente da RAG, forma parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixe a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colabora nos xornais A Nosa Terra, La Región e Galicia Hoxe. E autor do blog as uvas na solaina.

A Medalla Castelao foi creada no 84 con motivo do retorno a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño. Levouna ese ano Ánxel Fole. Despois recibírona Camilo José Cela, María Casares, Fernando Rey, Amancio Ortega, Nélida Piñón, Roberto Verino, Amancio Prada, Pura Vázquez, María Victoria Fernández España, Amancio Amaro, Fernando Ónega, Adolfo Domínguez e o grupo Milladoiro