jueves, 11 de junio de 2009

Medalla Castelao para Marcos Valcárcel




Entregaráselle o 28 de xuño
Medalla Castelao para Marcos Valcárcel
Redacción (A nosa Terra) . O profesor e escritor ourensán, que foi recentemente homenaxeado na Cea dos Escritores da AELG, e levou tamén o IV Premio Pen Clube Voz da Liberdade, será o próximo persoeiro en recibir este galardón co que a Xunta de Galicia distingue a obra literaria, artística ou intelectual. É colaborador habitual de A Nosa Terra.

Marcos Valcárcel (Ourense, 1958), doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación céntrase na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); "Ourense, a gran cidade literaria", en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Membro correspondente da RAG, forma parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixe a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colabora nos xornais A Nosa Terra, La Región e Galicia Hoxe. E autor do blog as uvas na solaina.

A Medalla Castelao foi creada no 84 con motivo do retorno a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño. Levouna ese ano Ánxel Fole. Despois recibírona Camilo José Cela, María Casares, Fernando Rey, Amancio Ortega, Nélida Piñón, Roberto Verino, Amancio Prada, Pura Vázquez, María Victoria Fernández España, Amancio Amaro, Fernando Ónega, Adolfo Domínguez e o grupo Milladoiro

No hay comentarios: