domingo, 16 de agosto de 2009

Os plans de Feijoo para desgaleguizar Caixa Galicia





Segundo fontes da Xunta, boas coñecedoras da situación, a aposta persoal de Feijoo de dar un prazo de 8 meses antes de presentar unha solución non pasa dun estrataxema. Mentres o resto de Presidentes autonómicos xa expresaron rotundamente a súa oposición a fusións con entidades foráneas (salvo que sexan comandadas polas entidades dos seus respectivos territorios), Feijoo prefire deixar o tempo pasar, na confianza de que a situación de crise de Caixa Galicia se agrave.

A estratexia de Feijoo consiste en non tomar cartas no asunto, e dese xeito obrigar o Banco de España a actuar sobre a entidade. Unha vez colocada no disparadeiro, a venda de Caixa Galicia sería realizada nunha operación de urxencia e -aínda por riba- a un prezo máis barato para o comprador. O máis preocupante é que a xogada ten lóxica; perversa, pero tena: xunto á preocupante situación de Caixa Galicia para facer fronte aos empréstimos tomados, nada hai máis nocivo para o deterioro dunha entidade que os constantes rumores sobre o seu futuro. Polo tanto, manter Caixa Galicia nos titulares (sempre negativos) durante un longo período é a mellor maneira de devaluala e de mitigar o rexeitamento da opinión pública.(feijoomente)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

潘朵拉日韓服飾購物商城-日韓服飾、服飾批發、流行服飾、韓國服飾、日系服飾、精品服飾、日韓服飾批發、雜誌款服飾批發、女裝服飾批發、時尚服飾批發、少女服飾批發、衣服批發

心安居家看護中心提供:醫院看護、居家看護、家庭看護、看護中心、外籍看護、私家看護、外勞申請、居家看護、家庭幫傭、外勞直聘、人力仲介

禾雅堂經典乳酪蛋糕提供精緻乳酪蛋糕、彌月蛋糕、巧克力、chocolate、cheese cake、原味乳酪蛋糕、日式抹乳酪蛋糕、松子黑糖乳酪蛋糕、密釀蔓越莓乳酪蛋糕、印度野芒果乳酪蛋糕、巧克力乳酪蛋糕、頂級圭那亞乳酪蛋糕等多種口味,歡迎參觀與選購。

Anónimo dijo...

o que tiña que facer o siñor méndez é dimitir, e faser dimitir aos seus filhinhos da CXG, para garantir que o que quede da Caixa Galicia quede en Galicia e non en Madrid.
E o que ten que faser o siñor Feijoo e, dunha vez, profesionalizar e dignificar as Caixas de Aforros: Consellos de Administración profesionais, como debe ser, alomenos titulados, non, responsabilidades penais dos conselleiros e xestores, control das contratacións de fillos de executivos sen control, por exemplo.
So con iso ganaría un respeto que hoxe, no tema, que nunca terá un final feliz para todos, non ten.