viernes, 7 de agosto de 2009

OURENSE en Agosto : Este verán e para gozar visitando :O Cristo, As Burgas e a Ponte










En Agosto Ourense este ano está descoñecido en canto a temperatura.De ser unha Caldeira a 40º, pasa por ser a Cidade de Verán en Galicia da que mellor se goza da Temperatura de suaves: 25/30º

A portada norte

Afonso Vázquez-Monxardín

Temos unha catedral impresionante. Fermosa. Orixinal. Dinámica. As portadas norte e sur, o Pórtico do Paraíso, o ciborio, a claustra nova, o retablo de Cornelius, a éxtase barroca do Santo Cristo Ese románico transición gótico que foi mudando desde a tripe ábsida á xirola actual Certamente por moi próxima que a teñamos non debemos deixar de admirala e mimala. Así, fixemos desde sempre e o 3 de xuño de 1931, grazas á sensibilidade republicana polas cousas da arte, foi declarada ‘monumento nacional’.

Só os máis vellos do lugar lembran xa o vello coro no centro da nave maior (foi removido en 1937 e trasladada a sillería á capela do Santo Cristo e ao pé do altar maior). Pero moitos recordamos a última grande intervención, a construción da escaleira da fachada oeste, a da Praza de San Martiño, cousa que foi alá polo ano do noso señor de 1972.

Sabemos tamén que a nosa catedral ten pinta de castelo. Sobre todo desde que lle liberaran e refixeran as ameas da súa fachada sur. Estas e os torreóns danlle unha aparencia compacta e case civil. Así, tamén é coñecido que foi lugar de ‘encastelamento’, de acobillo, de refuxio nas liortas nobiliares e cidadáns da fin da idade media. Nunha destas, a portada norte sufriu o indecible. Foi no enfrontamento entre o Conde de Lemos e o de Benavente en 1471, tal e como nos conta na súa fermosa e recomendable web de visita virtual elaborada polo Bispado de Ourense.

Ben. Pois témola abandonada. Tamén a portada norte está abandonada. Hai moitos anos, contra 1963, fíxose un tratamento moi bruto consistente nun baño de cera quente para impermeabilizar a pedra. Por iso -máis que polo lume dos combates Lemos-Benavente- é polo que ten ese ton escuro. Pero a humidade seguiu subindo por ósmose polo interior e a pedra foi amolecendo e arestora está esconchando. Se un ve as fotos de hai uns anos e observa a realidade actual das dúas figuras das columnas, colle medo.

É imprescindible unha actuación decidida para que non se esfarele de todo. E se cadra valorar a reposición ¿por que non? dos fustes decorados das dúas arquivoltas na parte oeste ou as cabezas que faltan xa de vello. E limpar o tímpano que hai por riba da fachada, na escena do descendemento da cruz que ao redor do pobre Cristo hai, digámolo finamente, vinte centímetros de ‘guano’ e todo tipo de obxectos-lixo enganchados nas puntas escorre-pombas.

Portada norte e Capela de San Xoán, habémosvos pór na lista con San Francisco, Banco de España, e cárcere vello, para cando veña de novo a Ilustración. Se é que algo queda daquela.(La Región:04-08-2009)

A serpe de verán FUSIÓN CAIXAS

Caixa Galicia

estaría encantada de liderar unha fusión a tres bandas con Caixa España e Caixa Douro. Darían paso á terceira entidade despois de La Caixa e Caixa Madrid. E os sindicatos encantados por que non se destruiría emprego. Feijóo e Ferreira deberían botarlle unha pensada.

Manuel Vázquez asegurou que o debate sobre a reestruturación do sistema financeiro debe ser abordado "nun marco de transparencia" e criticou a "ambiguedad" que está a practicar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de estar "ausente" do debate e de ter unha "axenda oculta" en defensa dos intereses de Rajoy e o PP e non de Galicia. "Ten que mover ficha", reclamou, criticando a Feijóo

Feijoo non admitirá presións externas para decidir o futuro das caixas


noticiasgalicia.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que decidirá sobre o futuro das dúas caixas galegas --Caixa Galicia e Caixanova-- e posibles fusións "cando corresponda" e sen atender "a presións externas"de ningún tipo. Non nos van impoñer un calendario dende fóra, nin partidos nin outras comunidades, aseverou.

Así se pronunciou na rolda de prensa posterior ao Conselo da
Xunta, onde criticou o PSOE por cuestionar a súa actitude no debate das caixas cando esta formación "aínda non expresou a súa opinión". " O PSOE está a favor ou en contra da fusión? ", preguntouse e apuntou á existencia de "dous tipos" de política económica: "a do rumor e a do rigor".

"Eu súmome á do rigor", avisou o xefe do Executivo autonómico e subliñou que, "agora máis que nunca", son necesarios "menos rumores e máis rigor" para o deseño do novo sistema financeiro español en plena crise económica.

Neste sentido, recalcou que o seu Goberno "fai os deberes con discreción" e insistiu en que "ninguén de fóra" vai "impoñer" a Galicia un calendario para resolver o futuro de
Caixa Galicia e Caixanova.


No hay comentarios: