jueves, 1 de octubre de 2009

Parece chega a crises a "La Región"


Finalmente os Outeriño non deron o brazo a torcer e acaban de presentar o primeiro ERE dun grande medio galego…

En total son 35 os traballadores afectados nun ERE que se presentará a finais do mes de outubro. As distintas formacións sindicais estiveron varios días negociando coa empresa para tentar flexibilizar e acadar un acordo razonable para os traballadores pero, ao final, non foi posible.

A situación dos medios en Galicia é drástica. Os despidos en Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Europa Press, Que, 20 Minutos e agora La Región non son os únicos xa que nas vindeiras semanas están previstos máis recortes nos principais medios galegos.

'Haberá noticias pronto sobre a fusión das caixas'

O presidente da Confederación de Empresarios da provincia de Pontevedra (CEP), Xosé Manuel Fernández Alvariño, declarou hoxe que espera que se produzan noticias 'dun momento a outro' sobre unha posíbel fusión de Caixanova e Caixa Galicia, aínda que se mostrou cauteloso á hora de expresar a súa opinión sobre o futuro de ambas as caixas (ep


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Outubro (EUROPA PRESS) -
Feijóo fará pública a súa postura sobre as caixas a finais de ano
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o seu Goberno non decidirá sobre o futuro das dúas caixas galegas --Caixa Galicia e Caixanova-- "ata que finalice o ano", cando fará pública a súa proposta, e sinalou que, mentres tanto, se manterá "prudente". "Cando a teñamos, dirémolo", apostilou.

"O ano que vén Galicia debe ter deseñado cal é o escenario financeiro que máis interesa aos aforradores e ás empresas", proclamou Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Conselo da Xunta, na que reiterou que o seu Goberno "traballa niso".

Neste escenario, o máximo mandatario autonómico recordou que o seu compromiso é realizar unha avaliación da situación das dúas entidades "no último trimestre do ano" e apuntou que, agora mesmo, o seu Executivo está inmerso nesta tarefa, analizando "datos" --os de morosidade de setembro coñeceranse "nas próximas horas" -- e "falando" co Banco de España.

No hay comentarios: