miércoles, 31 de diciembre de 2008

Darío Villanueva, Santiago Lamas e Miguel Santalices:Lembran no LICEO a Xaime QUESSADA

O psiquiatra e ensaísta Santiago Lamas ,lendo unhas notas(breves pero atinadas) sobre da obra de X. Quessada
Darío Villanueva,membro da Real Academia da Lingua Española,centrou as súas verbas na capacidade artística de X. Quessada,lembrando a anécdota do seu encargo do Retrato para Galería de Rectores.
Miguel Santalices, deputado do PP, centrouse mais na súa amizade con X. Quessada, dando conta de pinceladas da persoa lidade do pintor O salón ateigado de amigos e admiradores do xenial pintor.Vimos tamén o seu irmán Carlos Quesada acompañado da súa dona Carolina.
______________________________________________________
Un anaco de humor:
Remata 2008 , mellor veña 2009!


lunes, 29 de diciembre de 2008

XAIME QUESSADA,ARTISTA DA XENIALIDADE.Hoxe acto en OURENSE


O salón de actos do Centro Cultural da Deputación encheu














Ourense réndelle homenaxe a Xaime Quessada Porto no primeiro aniversario do seu pasamento: o pintor faleceu o día 31 de decembro de 2007. Xornal Galicia Lunes, 29 Diciembre, 2008 - 12:22
O Centro Cultural da Deputación ofrece un acto que se celebrará o luns, día 29 de decembro, a partir das oito da tarde, baixo o título “Xaime Quessada, artista da xenialidade”. O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, falará sobre o compromiso da institución que representa para a posta en marcha da casa museo do artista; o dirixente do Partido Comunista e ex comisario de exposicións de Quessada, Manuel Peña Rey, analizará o compromiso político do pintor; o representante da Fundación Xaime Quessada, José Gómez Alén, do artista e do colectivo; o historiador Marcos Valcárcel –membro do grupo Alexandre Bóveda, que organizou unha homenaxe hai anos á saga artística dos Quessada-, falará sobre a proxección artística e literaria de Xaime Quessada; e Xosé Manuel del Caño analizará aspectos da biografía e da traxectoria artística do xenial pintor ourensá.

Confirma a asistencia ó acto a viúva do pintor, María Jesús Blanco.

Todas as persoas que acudan ó acto recibirán un libro de Memorias faladas. Xaime Quessada. Artista da xenialidade, publicado por Nova Galicia Edicións.

O día 30 celébrase outro acto no Liceo, no que intervirán o deputado Miguel Ángel Santalices; o psiquiatra Santiago Lamas e o ex rector da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Española, Darío Villanueva

domingo, 28 de diciembre de 2008

Vaise cumprir nestes días un ano do falecemento de Xaime Quessada. Joan Manuel SERRAT: 65 anos ,¡parabéns!



Xaime Quessada
Marcos Valcárcel-Pan por pan La Región /Hoxe
Vaise cumprir nestes días un ano do falecemento de Xaime Quessada, un dos artistas galegos de referencia do século XX. A súa obra está en galerías de todo o mundo e tamén na súa Auria natal, no Pazo de Vilamarín ou nas rúas ourensás, no seu Fauno do Paseo ou na Serea do parque do Barbaña, realizada co seu amigo Acisclo Manzano. Foi Xaime Quessada un innovador de formas, símbolos, linguaxes, e tamén un gran comunicador visual que levou os seus deseños a múltiples formatos, dende o cartelismo político ás etiquetas dos viños, pasando polo teatro e outras artes. E ese camiño renovador empezou en parte, no bar do Tucho, o Volter, aló polos primeiros anos 60, ó carón de amigos como José Luís de Dios, Acisclo Manzano., Buciños, Xavier Pousa, Virxilio, etc. Co maxisterio estético de don Vicente Risco, a quen sempre lle gardou devoción o pintor. Chamáronlles os artistiñas e gañaron de inmediato o respecto e admiración do mundo cultural. Nesta foto están varios deles (Xaime, primeiro á dereita, mirándonos a todos) con don Ramón Otero Pedrayo nunha taberna de Santander. A foto procede do libro ‘O Volter’, de Sofía Tros de Ilarduya, Ed. Ronsel, 1998
O humor do dia

sábado, 27 de diciembre de 2008

Estes dias en OURENSE : Dous PARTOS :un do Ensaio Político o outro :fermoso fillo.



PREMIO RAMÓN PIÑEIRO


Todos os medios de comunicación de Galicia fanse eco do fallo do premio Ramón Piñeiro de ensaio ao libro UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO: ADAPTACIÓN, CRISE E CAMBIO NO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (1982-2008), do que é autor Xosé Ramón Quintana Garrido

Amplíase a información no blog de Marcos Valcárcel, no Galicia-Hoxe, El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra.


O Fillo,nos brazos da Nai (Noraboa). O Pai (O amigo Xoan Fonseca)...tamén lle a gustar a Música¡


ANDOLIÑA (En Galicia-Hoxe)

Postais de Nadal

MARCOS VALCÁRCEL

Sorprende a vixencia do costume de enviar postais de felicitación no Nadal. Adaptándose ós novos tempos, a tradición mantense e aínda se pode dicir que está no seu apoxeo, sobre todo cos novos medios virtuais que posibilitan novas reelaboracións.

Tamén hai que dicir que as cousas cambiaron. Por exemplo, de medio cento delas recibidas, son moi escasas as que utilizan os motivos relixiosos antes clásicos no enfoque tradicional. E cando se usan é, en gran medida, polo seu valor artístico, por exemplo nas fermosas tallas do Belén de Arturo Baltar que utiliza o Concello ourensán. Ademais deste novo laicismo, hai que engadir que abundan os temas solidarios e mesmo reivindicativos: un amigo ata apela á Terceira República, coa tricolor de fondo, aproveitando a ocasión.

O reino de internet revolucionou os formatos: agora chegan fotografías de autor (moi xeitosas as do poeta Vázquez Pintor), arquivos musicais, vídeos, power point, etc. E non faltan as citas. O Consello da Cultura Galega utilizou unha de Ramón Piñeiro para abrir o 2009: "A Humanidade realízase a través dos pobos, a través das culturas, a través das linguas. Ou sexa, a través da pluralidade".

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

O sorriso:

martes, 23 de diciembre de 2008

Xubilado Xubiloso desexalles Bo Nadal e Feliz Aninovo

Nestas datas, os que aquí se acheguen :Galicia O Noso Lecer,deséxalle a todos moi próspero 2oo9
Dende OURENSE




Dende Baiona



Dende A Coruña




sábado, 20 de diciembre de 2008

Onte outra edición do ROTEIRO A ESMORGA en Auria

Na edición de este ano, a lectura dos textos foi a cargo de alumnos do Instituto da Carballeira.
O peche deste novo Roteiro foi diante da Estatua do escritor ourensán na Praza do Bispo Cesáreo.
Rematou o acto con unhas palabras de Marcos Valcárcel,eloxiando a obra de Blanco Amor e animando a mocidade a súa lectura. No Liceo: Os alumnos da Carballeira fixéronlle un obsequio o seu profesor Marcos Valcárcel

Na Sala de Tertulia do Liceo deuse un "viño galego" o remata do Roteiro
Parabéns para Cuerda
No transcurso da súa intervención, Touriño (No Teatro Principal de OURENSE) fixo unha mención especial á película de José Luis Cuerda, Los girasoles ciegos, nomeada a 15 premios Goya e que, dixo Touriño, "acaba de ofrecerlle ao cine galego o seu maior éxito". "Desde esta cidade, Ourense, na que se rodou boa parte deste filme quero transmitirlle ao amigo José Luis Cuerda os meus parabéns pola exitosa traxectoria desta excelente peza fílmica que, logo de catro meses nas pantallas españolas, xa superou os 700.000 espectadores e representará a España nos Premios Oscar"

jueves, 18 de diciembre de 2008

Ven o Nadal..... mellora o tempo. E,as noticias....?

En Auria: O tradicional Belén de BALTAR


iniciativa
"The Galician Way", o paraugas galego
Cultura crea unha marca única para proxectar no exterior as disciplinas culturais do país

http://www.antena3.com/lavueltaalmundo/
A Coruña, parella vai o Concurso:




martes, 16 de diciembre de 2008

Chamou a atención, e Marcos Valcárcel reflexionouno en Pan por Pan "La Región"-Ourense

Nos tacóns dos zapatos pon:"O zapato atómico" e "a nai de tódolos zapatos"


"Zapatazos"
Marcos Valcárcel
Pan por Pan: "La Región"-16/12/2008

Primeiro foi Kruschev nas Nacións Unidas, logo Beiras no Parlamento Galego. Onte vimos o terceiro zapatazo histórico cando un xornalista iraquí lle botou á cabeza os seus dous zapatos ó presidente dos Estados Unidos mentres berraba que o facía en nome das viúvas e dos orfos da guerra. Sorprendeume a capacidade de reacción de Bush (os zapatos nin lle rozaron) e as opinións dos comentaristas televisivos: o señor Bush está xa tan desacreditado que case ninguén saíu na súa defensa. De feito, o presidente leva meses recuando: acusa á CIA por enganalo co das armas de destrución masiva e van aboiando os horrores da guerra. Mesmo confesaron que trucaron os informes sobre o estado actual de Iraq e as súas forzas policiais. O de Iraq ten difícil arranxo e Bush é o primeiro e maior responsable. Quizais co tempo os libros falen tamén do zapatazo do xornalista iraquí como símbolo de tantos desastres.



Teño morriña da tempada que boto no Mar.Vailles unha canción ben agarimosa:


NEVE EN GALICIA :Ano de neves ano de ben es

Facía tempo que non tiñamos unhas nevadas coma estas.A Xente a pesar dos inconvenientes tamén disfrutou.
Ourense: Verea , o Pastor ten que coidar as ovellas, o mercado de Nadal está aquí
Os meniños....un dia de Ledicia para eles

A maña ter que coller o coche éralles un problema

lunes, 15 de diciembre de 2008

"A economia no doble senso": As estafas Madoff tamen chegan






Neva no Noso País. Hoxe ....retranca

Hay que ler correctamente:






A crisi global¡ : Menos mal, parece que o Caso Madoff, so colleue a Ricos (Pero....non nos tocará algo na factura que pasa a crisi?




sábado, 13 de diciembre de 2008

De escudos (levando a contraria, claro)

De escudos (levando a contraria, claro)Afonso Vázquez-Monxardín
AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN Compráceme que retirasen o escudo da Subdelegación do Goberno por razóns estéticas -o da ‘carracha’ nunca me gustou- e económicas, pois en tempos de crise son boas medidas para dinamizar, se quer modestamente e a custa do peto público, o choio da construción que seica anda mal. Hai que darlle emprego e traballo a canteiros, gruístas, operarios... Pero fóra disto, paréceme bastante discutible.
http://www.laregion.es/opinion/3580/

Venres de Outono en Auria. Colleita de cogomelos e Lecer de Exposicións

Venres:20h :CENTRO CULTURAL DEPUTACION DE OURENSE. Inauguración da Exposición:" ABERTO e SATURADO . Santiago BARREIROS - Jorge DIAZ Despois dun intenso Outono Fotográfico, alongose máis pola fotografía amosando o traballo máis recente de dous ourensáns

Marisa Marimón GALERIA DE ARTE: 2o,3oh Inauguración "Nuevas metamorfosis" Dis Berlín do 12-12-2008 a 31-1-2009

Pintor e artista gráfico da modernidade española contemporánea.Obra representada numerosas COLECCIÓNS en:M.N.Reina Sofia,Kagawa (Xapón), IVAM Valencia,...etcEn 2008 gana primeiro premio :"Pintura Focus Abengoa"


Pasei a tarde no Bosque
E mereceu a pena. Intentaba atopar o "Corno da abundancia":CANTHARELLUS(CRATERELLUS)CORNUCOPIOIDES.


E atopeino


Xa lles contarei que plato exquisito preparou a miña dona.
Foi un bo día de Outono



viernes, 12 de diciembre de 2008

"O meu país"

ANDOLIÑA
Miro Casabella
MARCOS VALCÁRCEL
Foron varios os actos que nos últimos meses conmemoraron o labor da xeración de 1968 en Compostela. Un labor asociado acotío, con xustiza, ó grupo musical Voces Ceibes. Neste contexto hai que situar o libro de Xan Fraga, Miro Casabella e a Nova Canción Galega, editado con moito xeito por Galaxia. Un libro reportaxe sobre un tema aínda con escasa bibliografía (agás o volume de Vicente Araguas, 1991), e do que cabe agradecer a recolleita dun fermoso patrimonio documental en forma de fotografías, carteis, portadas de discos, etc.

Xan Fraga esculca na historia de Voces Ceibes, coa pegada tan relevante das visitas de Raimon, e na biografía de Miro, xograr do noso tempo, con actuacións en Barcelona, Madrid, París e, por suposto, en toda Galicia. Achéganse datos sociopolíticos de interese, dende o papel da policía e da censura (argumento adiantado xa nun artigo de Grial) ata as dificultades legais para rexistrar unha das súas fillas co nome de Eusenda. Hai tamén espazo para outras voces en galego, tan diversas como Amancio Prada, Andrés Do Barro e Juan Pardo.

Aínda que só fose pola súa canción O meu país (1972), con letra de Xoán M. Casado, Miro Casabella merece este fermoso libro

miércoles, 10 de diciembre de 2008

60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

8 da tarde: Lectura dos 30 articulos dos DEREITOS HUMANOS , no Centro Cultural da Deputación.

Presentación do acto: Foron lendo personaxes do mundo da Cultura, do Traballo, e de todos os extractos sociais de AURIA
Xosé Lois:Pai do Carrabouxo
Marcos Valcárcel :Historiador

Asistentes durante as intervencións.
O Presidente da DEPUTACION
Rematou o ALCALDE.

Todos nacemos iguais en dignidade e dereitos.













30 boas intencións, que CONSTITÚEN UN IDEAL.
Hoxe desexamos , que chege a cumplirse, ESE IDEAL