miércoles, 26 de agosto de 2009

Outra FUSION ? : CAM con SA NOSTRA, BANCAJA e CAIXANOVA





En definitiva, o que se busca é garantir para o PP o control sobre estas entidades financeiras no medio dese proceso de concentración e de fusións. E parece unha resposta local á serpe de verán que unía Caixa Madrid, Caixa Galicia e a CAM,.A proposta dos "populares" valencianos é outra dobre fusión: a CAM coa balear SA NOSTRA e BABCAJA coa galega CAIXANOVA.

A outra proposta de sectores do PP valenciano é unir Bancaja coa galega Caixanova, nunha réplica da operación da que se leva todo o verán falando sen que ninguén se faga responsable da idea: Caixa Madrid, Caixa Galicia e CAM.

O PP controla as dúas entidades, que ademais están baixo gobernos autonómicos do mesmo signo (non como en Sa Nostra), o que facilitaría a operación, aínda que dende a Xunta de Galicia non queren que as decisións sobre as súas caixas se tomen fóra.

O PSOE vería recompensada a súa non oposición cun incremento da súa posición na nova entidade, agora bastante minoritaria tanto en Caixanova coma sobre todo en Bancaja.

Para enredar un pouco máis a madeixa do mapa futuro das caixas de aforros, tanto no PSOE coma no PP valencianos existen grupos que defenden abertamente a fusión entre Bancaja e a CAM, malia o alto custo en duplicidade de oficinas, servizos centrais e recursos humanos. Na súa opinión, é a mellor fórmula para deixar as caixas en mans locais, cunha repartición do poder que garantiría o mando para o PP aínda que con certa minoría de bloqueo para o PSOE que forzaría decisións pactadas para os grandes asuntos.

sábado, 22 de agosto de 2009

¿Caixanova rematará en Bancaixa?



A Comunitat Valenciana debe contar unha forte presenza no novo panorama de caixas de aforros españolas que xurda do actual proceso de fusións. Polo menos, así considérano dende as principais forzas políticas, PP-CV e PSPV-PSOE, que, tal e como avanzou 'A Verdade', entenden que esa situación pasa por unha futurible fusión entre as dúas grandes caixas rexionais, CAM e Bancaixa, a un medio-longo prazo, o que situaría a entidade resultante nunha das primeiras do país.

A priori, sería a terceira empatada coa segunda, -Caixa Madrid-, aínda que podería superar de forma ampla á entidade madrileña, se antes se producisen outros procesos menores liderados tanto por CAM coma por Bancaixa.
Por iso, dende ambos os dous partidos políticos, segundo as mesmas fontes, se están a dar instrucións de sondar outros procesos de fusión de carácter menor, non tan complicadas, aproveitando a posibilidade legal que permitiu o goberno central de poder realizar fusións interrexionais.

De igual xeito, dende os ámbitos populares barállase outra fusión parcial entre Bancaixa e a entidade galega, Caixanova, en torno á cal tamén se contan con algúns informes favorables.

domingo, 16 de agosto de 2009

Os plans de Feijoo para desgaleguizar Caixa Galicia





Segundo fontes da Xunta, boas coñecedoras da situación, a aposta persoal de Feijoo de dar un prazo de 8 meses antes de presentar unha solución non pasa dun estrataxema. Mentres o resto de Presidentes autonómicos xa expresaron rotundamente a súa oposición a fusións con entidades foráneas (salvo que sexan comandadas polas entidades dos seus respectivos territorios), Feijoo prefire deixar o tempo pasar, na confianza de que a situación de crise de Caixa Galicia se agrave.

A estratexia de Feijoo consiste en non tomar cartas no asunto, e dese xeito obrigar o Banco de España a actuar sobre a entidade. Unha vez colocada no disparadeiro, a venda de Caixa Galicia sería realizada nunha operación de urxencia e -aínda por riba- a un prezo máis barato para o comprador. O máis preocupante é que a xogada ten lóxica; perversa, pero tena: xunto á preocupante situación de Caixa Galicia para facer fronte aos empréstimos tomados, nada hai máis nocivo para o deterioro dunha entidade que os constantes rumores sobre o seu futuro. Polo tanto, manter Caixa Galicia nos titulares (sempre negativos) durante un longo período é a mellor maneira de devaluala e de mitigar o rexeitamento da opinión pública.(feijoomente)

martes, 11 de agosto de 2009

AS CAIXAS GALEGAS QUE FARÁ FEIJÓO?









Feijoo debátese nun dilema de difícil solución: apoiar a fusión de Caixa Galicia con CajaMadrid e Caja de Ahorros del Mediterráneo, o que lle reportaría o apoio de Aguirre e de Camps como sucesor de Rajoy, mais colocaría a sociedade galega en pé de guerra; ou buscar unha solución autóctona ao futuro das caixas galegas.
Feijoo está entusiasmado coa primeira opción, pero non ignora que, para levala a cabo, precisa transferir a outros os custos políticos da operación. Por iso, está xogando a vaza dunha fusión das caixas galegas entre si, nunha operación que sería comandada por Juan Ramón Quintás, ex presidente da Confederación Española de Cajas de Ahorro e ex directivo de Caixa Galicia.
Porén, Feijoo sabe perfectamente que Caixanova non ten o menor interese nesa fusión, porque se encontra nunha situación ben máis saneada que a caixa do norte. Ademais, os intereses persoais do seu Presidente, Fernández Gayoso, tamén xogan contra a fusión: despois de deixar polo camiño os cadáveres de todos os que tentaron facerlle sombra, non está disposto a que sexa un político quen o xubile e nomee o seu sucesor. De feito, a intención de Gayoso non é a de ser absorbido, senón a de participar no proceso de reestruturación de caixas como comprador, nunha xogada similar á impulsada polo Presidente de CajaMadrid, Miguel Blesa, para prolongar o seu mandato. E lembremos que Gayoso é un mestre nesa arte: a súa habilidade para esquivar as disposicións legais fai que siga presidindo Caixanova aos seus 78 anos, cando o límite legal é de 70.
José Luis Méndez, Director Xeral de Caixa Galicia, tampouco desexa unha fusión coa irmá do sur mediada pola Xunta, pois sabe que non contarían con el e que perdería o poder discrecional do que hoxe goza, e que utilizou, por exemplo, para colocar os seus fillos en postos directivos. Prefere unha fusión que lle garanta a manutención das súas prebendas; e nada mellor que CajaMadrid para garantir o cumprimento dos seus obxectivos.
Juan Quintás, pola súa parte, sabe que terá un papel protagonista tanto nunha fusión galega como nunha operación de absorción de Caixa Galicia por CajaMadrid, polo que se dedica a esperar acontecementos e non pon nada da súa parte para que a fusión das caixas galegas teña éxito. De feito, máis dunha vez mostrouse partidario dos procesos de concentración das caixas e da diversificación do risco xeográfico, chegando mesmo a insinuar a posibilidade de que o Parlamento español modifique a Ley sobre Órganos Rectores de Cajas de Ahorro para retirarlle ás Comunidades Autónomas o poder de veto. Ou sexa, alíñase punto por punto coas directrices do Banco de España para as caixas: concentración de entidades, desreferenciación territorial, desvinculación do poder político e, a medio prazo, conversión das caixas de aforros en sociedades anónimas.
Feijoo ten na súa man recursos máis que suficientes para dar un golpe na mesa e impór as súas condicións. Ademais do poder político e económico da propia Xunta, hai que lembrar que posúe o control das dúas Deputacións do sur (decisivas en Caixanova) e que conta co apoio explícito do BNG e –con matices– tamén do PSdeG para facer todo o necesario con tal de evitar que Caixa Galicia sexa dirixida desde Madrid. Pode obrigar Caixanova a aceptar unha fusión en clave galega; canto a Caixa Galicia, a pésima xestión de Méndez –que quixo xogar no casino global sen ter caché para tanto– fai que a entidade non estexa como para pór condicións a calquera proposta que garanta a súa solvencia.
Feijoo está a gañar tempo (a súa auténtica especialidade) para analisar e tentar viabilizar as alternativas que lle poderían permitir unha solución esteticamente vendible e que, ao mesmo tempo, lle garanta o apoio político no Estado para tornarse líder da dereita española, sabedor de que só dous nomes o separan do obxectivo: o propio Mariano Rajoy e un Javier Arenas que só xogará esa partida se o partido non encontra outra alternativa para evitar o ascenso de Gallardón.

viernes, 7 de agosto de 2009

OURENSE en Agosto : Este verán e para gozar visitando :O Cristo, As Burgas e a Ponte










En Agosto Ourense este ano está descoñecido en canto a temperatura.De ser unha Caldeira a 40º, pasa por ser a Cidade de Verán en Galicia da que mellor se goza da Temperatura de suaves: 25/30º

A portada norte

Afonso Vázquez-Monxardín

Temos unha catedral impresionante. Fermosa. Orixinal. Dinámica. As portadas norte e sur, o Pórtico do Paraíso, o ciborio, a claustra nova, o retablo de Cornelius, a éxtase barroca do Santo Cristo Ese románico transición gótico que foi mudando desde a tripe ábsida á xirola actual Certamente por moi próxima que a teñamos non debemos deixar de admirala e mimala. Así, fixemos desde sempre e o 3 de xuño de 1931, grazas á sensibilidade republicana polas cousas da arte, foi declarada ‘monumento nacional’.

Só os máis vellos do lugar lembran xa o vello coro no centro da nave maior (foi removido en 1937 e trasladada a sillería á capela do Santo Cristo e ao pé do altar maior). Pero moitos recordamos a última grande intervención, a construción da escaleira da fachada oeste, a da Praza de San Martiño, cousa que foi alá polo ano do noso señor de 1972.

Sabemos tamén que a nosa catedral ten pinta de castelo. Sobre todo desde que lle liberaran e refixeran as ameas da súa fachada sur. Estas e os torreóns danlle unha aparencia compacta e case civil. Así, tamén é coñecido que foi lugar de ‘encastelamento’, de acobillo, de refuxio nas liortas nobiliares e cidadáns da fin da idade media. Nunha destas, a portada norte sufriu o indecible. Foi no enfrontamento entre o Conde de Lemos e o de Benavente en 1471, tal e como nos conta na súa fermosa e recomendable web de visita virtual elaborada polo Bispado de Ourense.

Ben. Pois témola abandonada. Tamén a portada norte está abandonada. Hai moitos anos, contra 1963, fíxose un tratamento moi bruto consistente nun baño de cera quente para impermeabilizar a pedra. Por iso -máis que polo lume dos combates Lemos-Benavente- é polo que ten ese ton escuro. Pero a humidade seguiu subindo por ósmose polo interior e a pedra foi amolecendo e arestora está esconchando. Se un ve as fotos de hai uns anos e observa a realidade actual das dúas figuras das columnas, colle medo.

É imprescindible unha actuación decidida para que non se esfarele de todo. E se cadra valorar a reposición ¿por que non? dos fustes decorados das dúas arquivoltas na parte oeste ou as cabezas que faltan xa de vello. E limpar o tímpano que hai por riba da fachada, na escena do descendemento da cruz que ao redor do pobre Cristo hai, digámolo finamente, vinte centímetros de ‘guano’ e todo tipo de obxectos-lixo enganchados nas puntas escorre-pombas.

Portada norte e Capela de San Xoán, habémosvos pór na lista con San Francisco, Banco de España, e cárcere vello, para cando veña de novo a Ilustración. Se é que algo queda daquela.(La Región:04-08-2009)

A serpe de verán FUSIÓN CAIXAS

Caixa Galicia

estaría encantada de liderar unha fusión a tres bandas con Caixa España e Caixa Douro. Darían paso á terceira entidade despois de La Caixa e Caixa Madrid. E os sindicatos encantados por que non se destruiría emprego. Feijóo e Ferreira deberían botarlle unha pensada.

Manuel Vázquez asegurou que o debate sobre a reestruturación do sistema financeiro debe ser abordado "nun marco de transparencia" e criticou a "ambiguedad" que está a practicar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de estar "ausente" do debate e de ter unha "axenda oculta" en defensa dos intereses de Rajoy e o PP e non de Galicia. "Ten que mover ficha", reclamou, criticando a Feijóo

Feijoo non admitirá presións externas para decidir o futuro das caixas


noticiasgalicia.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que decidirá sobre o futuro das dúas caixas galegas --Caixa Galicia e Caixanova-- e posibles fusións "cando corresponda" e sen atender "a presións externas"de ningún tipo. Non nos van impoñer un calendario dende fóra, nin partidos nin outras comunidades, aseverou.

Así se pronunciou na rolda de prensa posterior ao Conselo da
Xunta, onde criticou o PSOE por cuestionar a súa actitude no debate das caixas cando esta formación "aínda non expresou a súa opinión". " O PSOE está a favor ou en contra da fusión? ", preguntouse e apuntou á existencia de "dous tipos" de política económica: "a do rumor e a do rigor".

"Eu súmome á do rigor", avisou o xefe do Executivo autonómico e subliñou que, "agora máis que nunca", son necesarios "menos rumores e máis rigor" para o deseño do novo sistema financeiro español en plena crise económica.

Neste sentido, recalcou que o seu Goberno "fai os deberes con discreción" e insistiu en que "ninguén de fóra" vai "impoñer" a Galicia un calendario para resolver o futuro de
Caixa Galicia e Caixanova.


jueves, 6 de agosto de 2009

Festival Aéreo de Vigo:2009 (Asas de Portugal)



O campión do mundo de acrobacias, Ramón Alonso, cega en internet cun vídeo da súa exhibición sobre a Ría
Ao principio do vídeo vese como os tres Alphajet lusos parten de Portugal en dirección ao aeroporto de Peinador.
O vídeo, de alta calidade e que dura máis de catro minutos, foi gravado poucos días antes da celebración do Festival Aéreo. Durante o voo cara a Peinador, os pilotos Paulo e Ricardo non vacilan en saudar a cámara mentres realizan probas da súa arriscada exhibición.
As manobras destes avións, que alcanzan unha velocidade máxima de 2.800 quilómetros por hora, vense en primeira persoa grazas a esta iniciativa da patrulla portuguesa, a que non se esquece mostrar o seu agradecemento aos seus seguidores, ao igual que fixeron os pilotos a través da megafonía de Samil cando remataron a súa exhibición na praia. "Para aqueles cuxo espírito nunca aterra e voa sempre connosco, velaquí imaxes da viaxe a Vigo (e algunha outra cousa máis). En todos os desprazamentos ao extanjero vos levamos tamén! Aquí quedan algúns. Moitas grazas polo apoio! ", conclúen.
Sorpresa
A sorpresa que esconden no seu vídeo é unha das "perlas" que tivo o festival este ano. Subidos ao avión de Ramón Alonso, os internautas admíranse da entrada en Samil escoltado polos dous Alphajet portugueses. De fondo distínguese a illa de Toralla e as
Cíes. O seu rostro, imperturbable. Tras esta panorámica que dura segundos, vese o piloto dar unha orde e fuxirse cara ao ceo. A partir de aí chega o mareo e os xiros de 360 graos que permiten albiscar Samil e a Ría de Vigo a velocidade de vertixe.

martes, 4 de agosto de 2009

Caixa Galicia e Caixanova con Juan Quintás á fronte parece a grande aposta de Feijóo


Feijóo veta a fusión Caja Madrid-CAM-Caixa Galicia
O presidente galego avoga por unir Caixa Galicia e Caixanova con Juan Quintás á fronte. O outro sería perder as dúas caixas galegas. O País fala agora dunha fusión Caja Madrid-CAM-Caixa Galicia... 40 días despois de anunciala HispanidadNaturalmente, El País non cita a Hispanidad(Este Blog sí o reflexou ). Por certo, a fusión non ten a súa orixe no Banco de España coa aprobación do PP senón xustamente ao revés. Tanto Caixa Madrid coma CAM están tocados de amora e Caixa Galicia non é ningunha marabilla. A CAM é a única caixa que emitiu cotas participativas
En calquera caso, imos ao importante: o Goberno valenciano de Camps podería dar o seu visto bo pero Alberto Núñez Feijóo xa deixou claro que a fusión Caja Madrid-CAM-Caixa Galicia se fará por enriba do seu cadáver. Sabe que iso significaría que en Caixa Galicia mandaría Madrid e que Caixanova sería absorbida por outra entidade doutra comunidade. E ollo, socialistas e Bloque alíñanse aquí con Feijóo. Non hai máis que responder ás tres preguntas: Onde estaría a sede? Cal sería o nome? Quen mandaría?
O que busca o Goberno galego é unha fusión ente Caixa Galicia e Caixanova, que lles permita abordar unha redución de custos. Ademais, Julio Fernández Gayoso ten 78 anos por 62 José Luis Méndez. Este último, ademais, moi desprestixiado por colocar os seus dous fillos na entidade.
Non, o home clave para facer a gran caixa galega é o presidente saínte da CECA; Juan Quintás. Ten 66 anos e pode seguir sendo presidente (ou director xeral, ou ambas as dúas cousas ao a vez) ata os 70 anos (límite de idade na normativa galega para ser conselleiro), ou mesmo máis: abonda con que cumpra 70 dentro do seu mandato. Diso, Gayoso sabe moito.


domingo, 2 de agosto de 2009

A Fusion de caixas galegas mais complicada




As fusións de caixas de distinta autonomía, só entre socialistas


O presidente do PSOE dá o seu apoio a unha operación entre CajaSol, as estremeñas e as de Castela La Mancha
O vicepresidente terceiro do Goberno para a Cooperación Territorial, presidente do PSOE e ex presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, asumiu un gran protagonismo na configuración do novo mapa financeiro en España, especialmente no que se refire ás caixas de aforros.

Dende a Xunta de Andalucía promoveu, ata o día que foi reclamado por Zapateiro para desbloquear a cuestión autonómica, a caixa única baixo o liderado de Braulio Medel e Unicaja. Agora dende La Moncloa e Ferraz, Chaves logrou impoñer o seu criterio sobre o mapa de caixas.
José Antonio Griñán, o seu sucesor na Xunta de Andalucía; Guillermo Fernández Vara, na Xunta de Extremadura; e José María Barreda, na Xunta de Castela La Mancha, aceptaron un principio imposto por Chaves: só se aceptarán fusións entre caixas de diferentes comunidades autónomas se se trata de autonomías gobernadas polo PSOE.
A mensaxe é clara: as caixas de aforros de comunidades autónomas socialistas só participarán en procesos de fusión suprarregionales se van levar a voz cantante.

Isto fai máis sinxelo o debuxo do novo mapa das caixas de aforros en España.
Pero ao mesmo tempo complica algúns movementos.


Por exemplo, o futuro das caixas galegas, en mans do PP, onde Caixanova non quere unha fusión con Caixa Galicia, á que tampouco o convence a operación. Pero Castela León (tamén PP) parece camiñar cara á caixa única, o que dificulta a expansión territorial.


Un panorama similar sucede na Comunidade Valenciana, onde Bancaja e CAM non queren saber nada de fusionarse entre elas. Pero CajaMurcia tampouco quere ser engulido por algunha das súas veciñas.
E Cataluña preferiu a opción de arranxar o problema entre elas, sen deixar abertura a que se coe nalgunha das operacións en marcha algunha foránea. No País Vasco, BBK parece abordar primeiro o rescate dalgunha caixa en dificultades fóra para ter máis argumentos de cara a encabezar a integración das tres entidades de aforro vascas.


Hoxe:Feijoo contesta no dixital GaliciaDiario

Querería este goberno ser o impulsor dunha fusión de caixas como o foi un Executivo anterior do PP coas do sur de Galicia?

- Hai movementos noutras comunidades autónomas que o que fan é sumar caixas pequenas, e esas xa están sumadas en Galicia. Agora estamos falando de dúas entidades, as dúas importantes. Polo tanto, o mellor que se pode facer agora é traballar moito e falar pouco; e iso é o que vou a facer polo menos durante todo o outono.