jueves, 29 de abril de 2010

NOSA España



Como anda o País. Da prensa :

La crisis económica de Grecia sigue en todas las portadas; pero ahora con más intensidad ya que las bolsas europeas se han visto, como consecuencia fatal y directa, abocadas a un desplome generalizado. Todos los periódicos del mundo de cierta entidad tratan el tema con profusión y dedicación y sobre todos ellos pesa, con mayor o menor intensidad, considerables dosis de pesimismo. En España, unos informan del tema con suavidad mientras que los otros aprovechan, como siempre, para dar caña al presidente del Gobierno español.

El asunto del tribunal Constitucional también sigue en primera línea informativa merced al empeño del frente catalán en que sea reformado el organismo. Montilla y Mas son los personajes en los que se centra la atención.

Otro tema que sigue dando que hablar y que escribir es el de la niña y el velo que parece otra de esas historias interminables que se sigue con cierto morbo pero que ya está en un punto de hartura tal que se ha tornado en cansino y recurrente. esperemos que la niña, ya en su nuevo colegio y con su velito religioso, se dedique a estudiar y que los periodistas fijen su atención en cuestiones de más alta importancia. O se plantea la cuestión de fondo y se soluciona o se afrontan las consecuencias de la habitual inacción; pero, por favor, déjennos ya del asunto de la joven y si acaso fíjense en su padre, el auténtico promotor de toda la “movida”.


Desde Onte poden ver no Centro Cultural da DIPUTAIOC de Ourense.Usue Arrieta é vasca. Vicente Vázquez, galego. Coñecéronse hai sete anos na facultade de Belas Artes de Cuenca e desde entón traballan xuntos baixo a marca QQ ideando vídeos, instalacións e intervencións en lugares públicos. Non conciben a creación artística se non é en contacto físico cos espazos e coas persoas que os habitan para darlles a volta ás diferentes formas de estar neste mundo cun discurso dunha profunda mais nunca obvia carga ideolóxica. A súa obra audiovisual, de singular e crecente riqueza, acada un novo fito cunha excelente mediometraxe, Canedo, que nunha montaxe aínda non definitiva se poderá ver no CGAI da Coruña hoxe ás 20.30 horas.

Con Canedo Vicente Vázquez volve ás súas orixes, unha parroquia –a do título– situada no Concello de Ourense. O punto de partida deste filme-performance é unha fotografía da familia do director diante dunha árbore, que será talada para coa súa madeira producir a pasta de papel precisa para un libro en cuxas páxinas ficará estampado o retrato. Unha vez cosido e encadernado, o volume viaxará á casa familiar para ser enterrado con ánimo de verbena. QQ rexistra todo o proceso de xeito rigoroso e lúdico coa intención de explorar a construción da identidade individual e colectiva como combinación de elementos materiais e simbólicos que reflicten á súa vez tanto vínculos de tipo persoal como as máis pragmáticas relacións de produción.

Canedo non é a única razón que os trae de novo a Galicia. Na Sala Alterarte, espazo expositivo do campus de Ourense, QQ presenta até o 28 de maio a videoinstalación La boca. Rodada en 2009 en Rosario, na Arxentina, a peza repara nun edificio da cidade que tiña unha das súas fachadas cuberta enteiramente por un xigantesco cartaz publicitario dun candidato da dereita á alcaldía. Unha imaxe que literalmente tapa as entradas de luz do bloque nunha cruel metáfora do peor da sociedade e a política-espectáculo que nos rodea. Un dos veciños do edificio, Armando Morales, regaloulles o anaco de lona que cubría unha fiestra da súa vivenda e que se corresponde xustamente coa boca do candidato. Ese é un dos obxectos que forma parte da exposición, que se completa coa proxección da curta durante o horario de apertura da sala.

Seleccionados para participar en setembro na exposición colectiva Antes que todo, resumo das últimas dúas décadas de arte español promovida polo centro Dos de Mayo de Madrid, os QQ preparan agora un novo proxecto, Age of vision, a estrear en Bilbao a finais de 2010, que se ocupa do tempo que dedicamos ao consumo de produtos audiovisuais para xerar con eles unha sorte de cronoloxía alternativa asociada ás ficcións do ser humano. Mediante procedementos informáticos recollerán información dunha completa base de datos cinematográfica para sumar as duracións de todos os filmes creados ao longo da historia e presentarnos a cifra total en aumento permanente como parte dunha instalación que reflexiona sobre a imaxe e o tempo.

Publicado o mércores 28 de abril en Xornal de Galicia.

No hay comentarios: