sábado, 22 de noviembre de 2008

Cousas en Auria estes dias.

Pasei polo PRINCIPAL, e non dei saído do barullo do Cartel. Quero ir pero teranme que aclarar cando podo ir. EXPLÍCOME: o CARTEL PON Sábado 28 de Novembro que eu se pa o 28 e Venres,
pero no cadrado do fondo di NOVEMBRO XOVES DÍA 28, que sepa segue ser venres............
Bueno....alguen me sacará do barullo

"Dentro e fóra ": Afonso Vázquez-Monxardín
Discútese bastante o nome do sitio este. E xa son ganas. Que se Galiza soa máis enxebre, que se Galicia é como máis ben dicimos a xente do común. Que se dis Galiza cheira a Bloque e Galicia a menos amante do país. Que nada diso. Que si. Que non. Que se tumba que dálle. Que tal e que sei eu... Trapatrapá. Non me meterei nese bulleiro revivido polo alobado mozo de escasos estudos e sen traxectoria profesional que, miren que reviravoltas dá a vida, é presidente da Comisión de Educación e Cultura do noso Parlamento. E así, dicindo noso, vostedes xa me entenden. E aínda que non cumpriría aclaralo fágoo para o teña as entendeiras atravesadas: que tamén conto por nosos o Parlamento Español e o Parlamento Europeo, pois lugar onde temos palabra e onde se coce pan e leis que nos van afectar, son tamén nosos. Pero así, dicindo como dixen ao primeiro, noso, vostedes xa me entenderon e non teño que andar co tema de cia/za, que me acaba coa paciencia, pacencia, pacenza, ou como os señores gusten, que eu, con tal de nos ir enten dendo, aínda que sexa de forma incorrecta, o resto impórtamelles ben menos.
Artículo en La Región :http://www.laregion.es/opinion/3392/

Visitamos :No Museo Municipal de Ourense:
O MUNDO HOXE:NOS
O OUTONO FOTOGRAFICO 2008, coma sempre o mellorciño que se poda ver en exposicións de fotografía.

Como dí Monxardín "Aquí": quedamos sin !Estrela Michelin¡ en Toña Vicente...., E sería como dí Davila no seu chiste... por non pasar NIN POLA LONXA

E falouse moito e ben exposto do Botellón. No Colexio de Farmacéuticos
BENITO LOSADA-JUAN MONEDERO-ADRIAN DA CUNHA-MARCOS VALCARCEL-GERARDO FLORES.