miércoles, 4 de marzo de 2009

Virxilio Vicente e Antón Risco, retallos dunha amizade.


Onte en AURIA, Museo Municipal, inaugurouse unha EXPOSICIÓN de máis de cincuenta debuxos de Virxilio ,grazas a "Fundación Risco".




Un fermoso Catálogo foi entregado a os asistentes.

E o Amigo Virxilio ( feito un cha val), firmando a seus admiradores.

PREMER

Preto de 60 obras pictóricas e gráficas recollen a amizade dos artistas ourensanos Vixilio Fernández Cañedo, Vicente Risco e Antón Risco, nunha mostra inaugurada onte no Museo Municipal da cidade de Ourense. Baixo o título Virxilio, Vicente e Antón Risco, retallos dunha amizade, a exposición reúne obras pictoricas do período 1946-1957, a maioría delas parte dos fondos da Fundación Vicente Risco. Virxilio Fernández, o único dos tres que aínda segue vivo, lembrou a relación que os unía e partes do seu pasado, como cando foi pintor de brocha gorda en París.