sábado, 23 de mayo de 2009

HOMENAXE EN COMPOSTELA .Na Capela do Hostal dos Reis Católicos á entrega do IV Premio Pen Clube da Liberdade a Marcos Valcárcel.


















Homenaxe en Compostela
Marcos Valcárcel, premio Pen Voz de Liberdade

Na Capela do Hostal dos Reis Católicos á entrega do IV Premio Pen Clube da Liberdade a Marcos Valcárcel.
Foi un acto cheo de emocións, co salón ateigado de amigos/as de todos os sectores da cultura do país, nunha meirande parte escritores, reunidos para entregarlle ao escritor ourensán un recoñecemento adoptado por unanimidade do xurado, tal e como explicou Gonzalo Navaza, secretario do xurado. Nunha mesa presidida polo galardonado, flanqueado polo director xeral da mocidade e o voluntariado, Anxo Lourenzo, secretario de Política Lingüística, Roberto Varela, conselleiro de cultura, Luís G. Tosar, Xesús Alonso Montero e Bieito Iglesias, desenvolveuse un acto que se convertiu por parte de todos os intervinientes nunh auténtica defensa da cultura e a língua galega.
Lembrábao onte o escritor e amigo Bieito Iglesias, quen achou no estilo de Vicente Risco o correlato desoutro xeito valcarciano de dicir e narrar: "pluralidade de intereses, serenidade e ausencia de afectación". Valcárcel, -que onte se adscribía á Xeración ERGA, así nomeada por Xosé Miranda- declarouse -tomándolle tamén as palabras a Modesto Hermida- un "xornaleiro da cultura", no ronsel dos grandes mestres -Cuevillas, Piñeiro, Casares, Fiz Vergara Vilariño, tamén seu pai Fiz Valcárcel-, os mesmos que alentaron a súa obra e o seu pensamento no que, para o académico Alonso Montero, sobrancea a "virtude da ponderación" dos clásicos

Unha cumprida representación do mundo da cultura galega arroupou onte, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, a este incansábel traballador pola lingua e a cultura de Galicia.

O bo home, constante e firme -"un dos máis claros defensores da identidade do noso pobo" en palabras de Tosar-, contou, canda el, coa presenza fraternal de Isaac Díaz Pardo -que lle entregou un lenzo de Antón Lamazares-, os académicos Antón Santamarina, Fernández Rei, Rosario Álvarez, Manuel González, Ramón Lorenzo e Antón Santamarina; políticos como Camilo Nogueira, Ceferino Díaz, Carlos Mella e Xesús Palmou; e amigos e compañeiros da escrita e da vida como Vázquez Monxardín, Manuel Outeiriño, Manuel Guede, Xusto Beramendi, Carlos García, Gonzalo Navaza, Xosé Miranda, Dolores Vilavedra, Anxos Sumai, Riveiro Coello, Rosa Aneiros, Antón Baamonde e Manuel Bragado, entre moitos outros