![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjbMCe459oEsn7IFDds61gVJML0rDW7ACfgJFEFDHxJqeZrSgzduExspzCTqGR_f9ociwOwJhO1uG-q6C7FAmYiUQadtdXFq5O-SwfnOLpUndkHJkTJ4nL1phdbzShyphenhyphenDcPrXK6SVAR54Uk/s400/12583924491723935170.jpg)
Moreda pide a Feijóo que pense nos intereses de Galicia para tomar unha decisión sobre as caixas
É a decisión máis importante da lexislatura autonómica.
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, pediu ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a decisión sobre o futuro das caixas galegas tómea "pensando nos intereses xerais de Galicia".
Moreda advertiu de que no contexto actual non se está "no momento de opinións e debates". "Estamos no momento de tomar decisións".
Así mesmo, pediulle ao titular do Executivo galego "que sexa consciente de que é a decisión máis importante que vai tomar nos próximos anos", á vez que a cualificou como a de "máis transcendencia" que adoptará para a Comunidade durante o seu mandato.
Alberto Núñez Feijóo arrinca mañá o seu calendario de encontros para acordar unha postura sobre posibles fusións. Reunirase co presidente de Caixanova, Xullo Fernández Gayoso, e co director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez. O mércores, recibirá aos líderes de PSdeG e BNG. O día seguinte, xoves, será a quenda de sindicatos e patronal.(En COPE 23-11
“Os Cogordos” : Outono Micolóxico exposición de 217 tipos diferentes de cogomelos ourensáns.
Catro enormes mesas mostraban, en primorosas composicións de cestas, o froito do traballo dos socios durante a larguísima xornada anterior.O domingo os Ourensáns, puideron gozar da exposición de COGOMELOS que todos os anos fai a asociación "Os Cogordos".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgZTrR2ChuDQJqWPWiAk2P7k8LBq6QEU2u-tKtDIJaj1lC3y6MM2qMYftjc_IF3l6efJhBOIOWS0TS0MW6FVc04bRZ-SDQdc2XJAkBj8MUZ14mXc5UXmOr579mMk8FaB4qUo5HFMR0nlTk/s400/o23p12f1.jpg)
E non quero deixar de facer aquí unha DENUNCIA, da pouca ÉTICA que emplean os Periódicos falando de SETAS, sen a mínima preocupación de se informar un MÍNIMO e poñer sen RUBOR ningún estes nomes nas súas fotos.
O diario "El Pais": MORCHELLA( A uns preciosos BOLETUS)......miren cal e a Morchella.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhm8zi3sGIcQLAWtF8lWkf1ixhxmcsT2xGRpW407n4E2ntAo4KvFlggDy4Y5NYDM97cxWVNS4SNzLCgax1oEIHc7Oy6gdUWcQeYjGUi118ARveRwh_LMYYO4ekxlWM6s6N4f5YwCCHaU8o/s400/Morchella+esculenta+23.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg2iBj9xeMwtMHbgC0fL-jzxM8iUvGa1WgRTTrzTBHIuTA0kIPX33GB2K7sbBRrDXnV2xUIJ3-Zi3kJ6bGHBYhLahFatFYdvTv54uYZE7lmpPASs0zy0ePYGddUwBmQVvi0mgx7zRzjdTE/s400/resize.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario