miércoles, 21 de abril de 2010

E porque non? Moi posible engaiolante ofrecemento TURÍSTICO

Eu non quero expropiar nada, pero si poder disfrutar dunha paisaxe miña da infancia, da vista de Ourense desde o piso 17 da Torre. Si. Primeiro pechou a cafetería do 17 Logo pechou o 16 -. E así fomos quedando sen posiblidade de vista ningunha desde ese edificio central na identidade nova que nos fomos tecendo desde mediados os sesenta do século pasado.Pero nin sequera falo de reabrir bar e restaurante. Falo só de que o propietario –non sei quen é- mova o cu e o cerebro e invente algo para poder facer deses espazos algo accesible onde volver levar a visitantes e ir os propios a gozar dunha cidade idealizada desde unha visión superior. Estou seguro de que solucións técnicas haberá se se buscan.

En Nova York a visita obligada e desfrutar da vista do Empire State

O artigo de MONXARDÍN,que me deu pe o post de hoxe:

Saudade do dezasete

Afonso Vázquez-Monxardín

La Región:20-04-2010

Se o curioso lector é persoa de idade media ou avanzada, ou sexa se progresa adecuadamente entre as dificultades inherentes a esa, con sorte, pousada viaxe que facemos mesmo sen movernos do sitio, pode que entenda este dezasete dito así pola fala xeral en vez do noso ourensán “dazasete”, como unha invocación ao día da feira. Efectivamente, podería que quixesemos falar do 17 de comer o pulpo no campo da feira onde xa non hai gando e queda todo reducido a unha festa gastronómica de amizades tradicionais, diminuída en importancia polo espallamento de pulpeiras e pulpeiros aos domingos en vinte ou trinta recunchos da cidade que trasladan ao interior das casas esa tradición. Ou sexa, facer cola, medida polo prato de madeira, tuper se vai un pola máis nova, ou pola vella, pota, bolsa con auga quente para que non arrefeza e correndo para casa onde agardan as patacas cocidas.
Podía ser, pero non. Pensaba noutro dezasete. E tamén no dezaseis. Pensaba en que non nos podemos permitir, sexa pública ou privada a propiedade, perder ese patrimonio visual. Unha forma de vernos doutro xeito imposible. Cando os nacionalistas das Irmandades da Fala pedían en Lugo en 1918 a “expropiación das paisaxes” referíanse ao respecto do medio natural e feismo” avant la lettre. Eu non quero expropiar nada, pero si poder disfrutar dunha paisaxe miña da infancia, da vista de Ourense desde o piso 17 da Torre. Si. Primeiro pechou a cafetería do 17 –hai, talvez, trinta anos- onde sempre levabamos orgullosos a calquera visitante amigo que achegaba. Logo pechou o 16 -¿dez, doce anos?-, desde alí o Club de Tenis ollaba saudoso ese primeiro tramo da diagonal onde noutrora se iniciara o “tennis” como dicía o meu tío avó Roberto Vazquez Monjardín, introdutor do deporte da raqueta aquí, nos anos corenta, se cadra. E así fomos quedando sen posiblidade de vista ningunha desde ese edificio central na identidade nova que nos fomos tecendo desde mediados os sesenta do século pasado. Non vou ser eu quen lle leve a contra aos bombeiros, deus me libre, pero supoño que haberá algún tipo de solución. Algo se poderá facer para devolver esas estancias de pantasmas e lembranzas á vida nosa de vivir cotián. Restaurantes na cima de edificios de imposibles accesos por escada mecánica e bombeiril hai centos e centos. A nova tendencia en edificación vertical sitúa vivendas e oficinas en circunstancias de accesibilidade semellante en todos os lados. Pero nin sequera falo de reabrir bar e restaurante. Falo só de que o propietario –non sei quen é- mova o cu e o cerebro e invente algo para poder facer deses espazos algo accesible onde volver levar a visitantes e ir os propios a gozar dunha cidade idealizada desde unha visión superior. Estou seguro de que solucións técnicas haberá se se buscan. Todo é porse.
Anda..., porfa…, que eu quero volver subir alá arriba. Teño saudades do dezasete

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Gozar do TANGO:

No hay comentarios: