sábado, 22 de noviembre de 2008

Cousas en Auria estes dias.

Pasei polo PRINCIPAL, e non dei saído do barullo do Cartel. Quero ir pero teranme que aclarar cando podo ir. EXPLÍCOME: o CARTEL PON Sábado 28 de Novembro que eu se pa o 28 e Venres,
pero no cadrado do fondo di NOVEMBRO XOVES DÍA 28, que sepa segue ser venres............
Bueno....alguen me sacará do barullo

"Dentro e fóra ": Afonso Vázquez-Monxardín
Discútese bastante o nome do sitio este. E xa son ganas. Que se Galiza soa máis enxebre, que se Galicia é como máis ben dicimos a xente do común. Que se dis Galiza cheira a Bloque e Galicia a menos amante do país. Que nada diso. Que si. Que non. Que se tumba que dálle. Que tal e que sei eu... Trapatrapá. Non me meterei nese bulleiro revivido polo alobado mozo de escasos estudos e sen traxectoria profesional que, miren que reviravoltas dá a vida, é presidente da Comisión de Educación e Cultura do noso Parlamento. E así, dicindo noso, vostedes xa me entenden. E aínda que non cumpriría aclaralo fágoo para o teña as entendeiras atravesadas: que tamén conto por nosos o Parlamento Español e o Parlamento Europeo, pois lugar onde temos palabra e onde se coce pan e leis que nos van afectar, son tamén nosos. Pero así, dicindo como dixen ao primeiro, noso, vostedes xa me entenderon e non teño que andar co tema de cia/za, que me acaba coa paciencia, pacencia, pacenza, ou como os señores gusten, que eu, con tal de nos ir enten dendo, aínda que sexa de forma incorrecta, o resto impórtamelles ben menos.
Artículo en La Región :http://www.laregion.es/opinion/3392/

Visitamos :No Museo Municipal de Ourense:
O MUNDO HOXE:NOS
O OUTONO FOTOGRAFICO 2008, coma sempre o mellorciño que se poda ver en exposicións de fotografía.

Como dí Monxardín "Aquí": quedamos sin !Estrela Michelin¡ en Toña Vicente...., E sería como dí Davila no seu chiste... por non pasar NIN POLA LONXA

E falouse moito e ben exposto do Botellón. No Colexio de Farmacéuticos
BENITO LOSADA-JUAN MONEDERO-ADRIAN DA CUNHA-MARCOS VALCARCEL-GERARDO FLORES.

A Sala chea de xente , seguiu a Mesa coloquio e quedou un pouco mais concienciada do Chamado Botellón, un mais dos problemas destes tempos, así como o Alcohol. O Alcohol........
Vexan:

jueves, 20 de noviembre de 2008

AURIA : Cultural e Política. Moito que oir e escoitar en OURENSE

No LICEO: "FILOSOFIA" . Presentación do Libro : "Seducidos pola filosofía" Ramón Area Míguez, autor, foi até ben pouco Catedrático de Filosofía do IES "As Lagoas"
Cola de amigos do Autor pra que lles dedique o libro


Na Universidade:campus de ourense. Acto de INTER CULTURAL : Coloquio con José Luis Cuerda

Unha ledicia de charla sobor de Los girasoles ciegos.
A película ambientada no Ourense dos anos 4o



O Alcalde de OURENSE, transmitindolle as suas arelas O Presidente da Xunta, no viño con os Maiores despois da Charla.


As mulleres foron as que mais interpelaron o Presidente:
Garantizó el pago de las pensiones al colectivo de mayores de 65 años, que en Galicia cuenta con más de 700.000 personas, hasta el horizonte de 2026
Tras finalizar a súa intervención e mentres o presidente da Xunta contestáballe con promesas, a muller asentía e pronunciaba unha e outra vez unha frase presente no pensamento de moitos: «Iso espero».

domingo, 16 de noviembre de 2008

Los amigos de Marcos Válcarcel preparan una cena homenaje para mostrarle su cariño.

La Región:OURENSE 15-11-2008 Marcos Valcárcel. (Foto:Archivo)
El mismo día de la presentación de su libro ‘Historia de Ourense’, el sábado 29 de noviembre, Marcos Valcárcel recibirá una cena homenaje organizado por una comisión de amigos para expresarle la ‘gratitude e cariño da xente’.
El historiador, escritor y dinamizador cultural Marcos Valcárcel presenta el próximo 29 de noviembre en el Liceo su última publicación ‘Historia de Ourense’ (19 horas). Para ese mismo día, una comisión de amigos le está organizando un homenaje con el que pretenden, además de celebrar la salida a la calle de su nuevo libro, ‘buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde’, según explican los organizadores.El homenaje consistirá en una cena en el restaurante Sanmiguel que comenzará a las nueva de la noche y que pretende ser continuadora de las que el desaparecido Clube cultural Alexandre Bóveda había organizado en torno a Carlos Casares, Manuel Buciños, los Quessada o Antón Risco, entre otros, todas ellas bajo el amigable título de ‘De cea con...’. Las tarjetas para poder ir ‘De cea con Marcos Valcárcel’ se pueden retirar hasta el día 25 en el Liceo, la Casa da Xuventude o en el propio Sanmiguel.

jueves, 13 de noviembre de 2008

"A que está caendo".E se temos sorte e non nos cae outra mais negra

Ourense pola noite, ante da que está caendo



Hoxe, deume por ollar o humor, sonlle EDITORIAIS










E hoxe lembranza . Deus nos colla confesados , se se repite








O Noso Mar está indefenso........



Se fose posible: NUNCA MAIS



O terminar a miña entrada de hoxe, fun o blog Amiga Atlántica:


E non resitín copiarlle a foto da Nosa fermosísima Ría


martes, 11 de noviembre de 2008

Magosto pola igualdade con o Amigo Marcos

Son unhas SANTAS. Claro que nos ...igual somos uns anxos
O sopor meu.....sería do viño?


As castañas.......... E eu a outra castaña!


ANDOLIÑA martes 11 novembroFESTA DO LUME
Dende bastante cedo, soben os mozos coas súas mochilas polos montes dos arredores. Luciu o sol onte en Auria, día de festa, coma hoxe, polos magostos. E velaí tedes un modelo de encontro ben enxebre, que en case nada variou dende os días remotos da nosa infancia: castañas, viño, chourizos, etc. Si, quizais hoxe a variación de bebidas alcohólicas sexa moito maior, pegada dos botellóns xuvenís. A cantos magostos iría eu dende neno? Sería difícil calculalo: no Montealegre, no Ervedelo dos avós, na Derrasa cando xa había algún coche para desprazarse, en lugares que xa nin podo lembrar.Festa do lume: todas as culturas teñen mitos e ritos fillos desta tradición. Dende o Prometeo clásico que rouba o lume ós deuses ata a Ave Fénix que arde cada cen anos e renace das súas cinzas, símbolo da resurrección e a inmortalidade. En medio do lume represéntase tamén o deus hindú Agni, cabalgando un carneiro, e o corpo dos vellos xefes viquingos era cremado nunha lancha: seica entendían que o fume que se erguía simbolizaba o retorno do espírito ó sol, o dador da vida. Os nenos esculcan fascinados as lapas antes de se apagaren: quizais ata sexan quen de ver todo isto na súa fogueira.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Morreu Camilo Gonsar .Para os seus a Nosa Condolencia


Morre o académico Camilo Gonsar
O escritor de Sarria faleceu aos 77 anos tras unha longa enfermidade.

O escritor lucense Camilo González Suárez-Llanos, coñecido no mundo literario co pseudónimo de "Camilo Gonsar", faleceu este domingo aos 77 anos. Camilo Gonsar formaba parte dunha corrente artística denominado Nova narrativa galega, con grande actividade literaria en galego ao longo da segunda metade do século XX.

Nacido en Sarria en 1931, Gonsar estudou o bacharelato en Vigo e posteriormente cursou as carreiras de Filosofía e de Dereito en Madrid. Despois de residir durante un tempo en Londres, foi profesor de universidade en Nova York e dende 1964 exerceu a docencia como catedrático de instituto, ata a súa xubilación.Camilo Gonsar ingresou na Real Academia Galega o 14 de decembro de 2002. O seu discurso de ingreso titulouse "Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo", e a resposta veu da man do académico Xosé Luis Franco Grande.

Nos últimos anos empeorara o seu estado de saúde.Entre a súa obra figura a peza de relatos Lonxe de nós e dentro, escrita en 1961, así como catro novelas: Como calquera outro día, Cara a Times Square, A noite da aurora e Desfeita, rematada en 1983 e que lle valeu o premio da crítica de narrativa galega. Na bagaxe de Camilo Gonsar tamén constan dúas obras de narrativa, CEMENTO E OUTRAS ESCENAS e Arredor do non, de mediados dos noventa. A NOITE DA AURORA, de 2003, é o seu último traballo orixinal, aínda que en 2005 revisou Como calquera outro día, editada primeiramente en 1962.
En castellano:"Luz del Principe-Sol"(Cuatro relatos de segundo grado).NIGRA-1996
Detras do Muro dá Dereita, a horta dá Casa Natal Naceu 10 anos antes que eu, daquela a diferenza non era obstaculo para ser amigos, Sarria era unha vila de "todos coñecidos".

Así estaba a calle donde tiñan a Farmacia seus pais (polo 1950/60)

Quedanos a sua OBRA.

Eu , teño o recordo das suas dedicatorias , nas primeiras edicions.
Verhttp://ourensaniafotosourense.blogspot.com/Con Foto de 1958 ,tamén :http://alfaias.blogspot.com/

domingo, 9 de noviembre de 2008

Patrimonio Cultural Inmaterial. En AURIA ,na Praza Maior de OURENSE

Moita xente a ver a "Mostra". Pareceunos interesante , pois cousas nosas que non deberemos esquecer, son mostradas aquí, e a pesar de facer moi poucos anos os xuvenís xa non as coñecen



Os "Ferreiros"/ Quen queira sabel-as cousas vaia a forxa do ferreiro,die volta polo forno,veña polo fiadeiro

Os Oleiros. Xa Feitol-os cacharros,poñense a secaren
"Alquitareiros" ,traballa con unha "Pota" pra facer augardente

"Afiador" . Non fai moito inda andaban polas ruas de Ourense.
Pola Mostra andaba Xosé A. Fidalgo Santamariña, profesor de Antropoloxía, autor dun libro titulado: CINCO PROFESIÓNS AMBULANTES OURENÁNS.
Unha peza ...dos Romanos, e que Eu (tan Maior son) , arei de neno na terras dos pais meus.

Pra rematar, a curiosidade da miña camara captou o personaxe ....../ Viría o Sr. Pujol ver un anaco da Nosa Historia?

Pois.....para "La Región"http://www.laregion.es/noticia/73716/Ourense/patrimonio/Pujol/visita/:

jueves, 6 de noviembre de 2008


Homenaxe a MARCOS VALCARCEL: "De cea con Marcos". 29 Novembro en OURENSE

DE CEA CON MARCOS VALCÁRCEL

(HOMENAXE DOS AMIGOS)

Unha comisión de amigos está organizando unha homenaxe a Marcos Valcárcel. A desculpa próxima é publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense e tamén a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde.

Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.

Aproveitando que o sábado 29 de novembro, ás sete da tarde se presentará o seu libro "Historia de Ourense" no Liceo, facemos ese mesmo día 29 de novembro, ás nove no Sanmiguel, unha cea que pretende ser continuadora daqueloutras que o desaparecido Clube Cultural Alexandre Bóveda organizara a redor de Carlos Casares, Manolo Buciños, aos Quessada, Antón Risco, etc. sempre co título amigable de "De cea con".

As tarxetas de asistencia pódense retirar en tres puntos desde hoxe e ata o día 25 de novembro: Liceo, Casa da Xuventude e o propio Sanmiguel.

Para facilitarse a adquisición da tarxeta ás persoas de fóra de Ourense habilitamos unha conta bancaria (c/c de Caixa Galicia nº 2091 0400 88 3040045410 Homenaxe-Cea Marcos Valcárcel) onde poderán facer o ingreso dos trinta euros que custa a cea, indicando claramente o seu nome na orde de transferencia. Logo, o mesmo día 29, poderán intercambiar o resgardo do ingreso pola tarxeta no restaurante Sanmiguel.

DE CEA CON MARCOS VALCARCEL

DIA 29 DE NOVEMBRO, SÁBADO, ÁS 21 HORAS NO SANMIGUEL

CUSTO 30 EUROS

RETIRADA TARXETAS DE ASISTENCIA desde o día 5 ao 24 de novembro EN CASA DA XUVENTUDE, LICEO E SANMIGUEL.

POSIBILIDADE DE INGRESO NA CONTA 2091 0400 88 3040045410 E LOGO CANXEO DO RESGADO POR TARXETA DE ASISTENCIA.

COMUNICACIÓNS DE ASISTENCIA e ADHESIÓNS EN homenaxeamarcos@gmail.com

Graciñas, a Comisión.

César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo / Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín