sábado, 14 de febrero de 2009

Lembran aquelas "PINTADAS": AUTOPISTA NON.......


Pois en AURIA,na Rúa do Paseo aparecen estas:"Galiza non se vende non ao AVE"


E pintadas para emporcallar....., os Graffitis son outra cousa!


Na Igrexa Sta Mª Nai:Concerto "Pórtico do Paraíso" ,ROBERTO BARTO ,"Laúde barroco".

Non podía estar mellor seleccionado o escenario sobre o que se desenvolveu o recital de laude barroco do músico norteamericano Robert Barto, sendo a igrexa -tamén con patente barroca- de Santa María Nai o lugar no que se asentaron os acordes deste músico de prestixio internacional.

jueves, 12 de febrero de 2009

Unha viaxe a :"Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia".

Interesante percorrido de parte da nosa historia.

O outro día demos conta da Inauguración, hoxe botamos ollada, e merece a pena pasar a vela.





En Centro Cultural Deputación Ourense,a Xunta de Galicia expón
unha Mostra, comisaria da por o Historiador Anselmo López Carreiro.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Premio Morogo ao escritor José María Pérez Álvarez «Chesi»

Toxo e Morodo (Premios do café Isaac de OURENSE) do 2008, destinados a castigar ou premiar a unha persoa ou institución que ao longo do pasado ano realizase algunha acción destacable na capital.

O Toxo caeu en Director Festival Cine de Ourense:Enrique Nicanor.

"Chesi": profeta na súa Terra. PARABÉNS

Lembramos a presentación do seu Libro en OURENSE



Pola súa traxectoria e a súa calidade literaria que o levaron a conseguir o premio Bruguera o pasado ano pola novela La soledad de las vocales .Na foto co sue amigo Cineasta: Cuerda, na presentación da novela no Liceo.

martes, 10 de febrero de 2009

Lembrando Claustro de San Francisco,por o artigo de Monxardín











CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO

O claustro pertenceu á antiga igrexa de San Francisco de factura románica, incendiada en 1294, reconstruIda en factura gótica e trasladada da súa antiga localización|situación en 1927.

Na primitiva localización|situación atopamos o claustro que se data no século XIII.

É o claustro de estilo románico-gótico, neste caso o mellor románico evolucionado, máis autóctono e completo de Galicia.

Ante a súa contemplación ninguén pode dubidar que é unha obra concibida e realizada por bos e anónimos canteros do país, que aprenderon con dilixencia as regras e modos de facer un estilo arquitectónico que se resistía a desaparecer ante o pulo do gótico.

Nomeado Monumento Nacional Histórico-Artístico en 1923.

É un claustro de estilo románico-gótico (do século XIV) máis autóctono e completo de Galicia. Foi Cuartel de Infantaría dende 1843 e durante máis de 125 anos. A igrexa foi trasladada ao parque de San Lázaaro en 1929. É de planta rectangular, case cadrada, ningún dos lados ten o mesmo número de arcos, que en total suman 63, apuntados e apoiados en columnas dobres agás as catro primeiras e as catro últimas.



domingo, 8 de febrero de 2009

sábado, 7 de febrero de 2009

Auria: Pódese dicir :senón Atenas de Galicia/Moito dicir TÓPICO, Cidade Cultural/que non a Cidade da Cultura.

O menos tres actos con moita xente: Música no Principal, Inauguración de Exposición no Centro Cultural Deputación Ourense e ultima Conferencia-coloquio no Liceo.

Liceo:M.VINCENT



No C.C.D. a presentación da exposición "Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia"



Is te Reporteiro Free Lance Afeccionado, aínda non consegue estar en tres sitios o mesmo tempo, en dous....case!.

Por iso Do Acto da Música non esta aquí. Da Exposición perdeuse o Catálogo. Pero poñerá outro dia reportaxe dela.

viernes, 6 de febrero de 2009

Hoxe rematan os " XIX ·ENCONTROS LITERARIOS", en LICEO OURENSE.

Estarán na Conferencia Coloquio MANUEL VICENT e ANGEL SÁNCHEZ HARGUINDEY, que falaran de : "Memoria Literaria"

Da lectura de Vincent xa teño gozado, no 1997 firmoume os primeiros libros e en 1999 en Vigo outros, hoxe firmarame os últimos.

jueves, 5 de febrero de 2009

Gañarán un máximo de 500.000 dólares o ano Obama limita o soldo dos altos executivos das entidades rescatadas


CAPEANDO IN THE OVAL OFFICE (RubioCartoons
Desde o 20 de xaneiro, data na que Obama xurou darnos o tostón por largo tempo, as cousas seguen de mal en peor. Aínda e así, temos postas nel todas as nosas esperanzas para que nos saque "da foxa das Marianas" na que nos atopamos. Nosa reporteira, inquieta ela, de vez en cando lle da como un res pingo y sae a buscar a noticia en lugar de dedicarse a ler os feeds que chegan o blog. Na imaxe, a exclusiva de Obama no Despacho Oval e a estreita colaboración que terá con España.
E Zapatero fará o mesmo?

PINCHA

miércoles, 4 de febrero de 2009

Na busca dunha Negra Albina.Contouno Bieto no Liceo.


Fíxoa presentación Marcos Valcárcel, con a súa claridade e habitual mestría da persoa Literaria de Bieito Inglesas


Bieito Con humor, moito humor, repasou a súa concepción do relato breve.
Rematou a súa Charla-Conferencia, con un conto sobre da Negra Albina (Non o escribo pois faríao literario e perdería a gracia que lle deu Oralmente Bieito), que fixo que o acabar de contalo, soaran OS APLAUSOS.

Crónica periodística: PINCHAR : http://www.anosaterra.org/nova/bieito-iglesias-afonda-nas-caracteristicas-do-conto-literario.html
PREMER