lunes, 6 de abril de 2009

Confidencial :Os nomes do Presidente Feijóo



Núñez Feijóo xa ten goberno. Se a vostede non lle chamou, esquézase, non será conselleiro. Os que soan para acompañar a don Alberto son catro mulleres e seis homes. E estes son os seus nomes:
-Maite Cancelo....área de Educación
-Belén Prado.....área de Traballo
-Ana Pastor ou Piar Farjas...área de Sanidade e Servizos Sociais
-Rosa Quintana ou Daniel Varela....Pesca
-Xullo Pardilla ou Celso Delgado....Industria
-Puy Fraga....Presidencia
-Carlos Negreira ou Agustín Hernández...Fomento
-Fernández Couto....Medio Rural
-Castro Cotón.....Economía
-Raquel Arias ou Darío Villanueva...Cultura
Estes son os nomes que soan. Nada máis. Quero dicir que nin Feijóo, nin Negreira, nin Roda, cos que puiden falar, me confirmaron nada. É, simplemente a, miña quiniela. O número de acertos coñecerémolo en pouco máis dunha semana.

¡Pra pararse un anáco lendo!

Caridade para coa fame
César Ansias
(La Región:06-04-2009)

Un maremoto de penurias cubre o ceo que de mal gusto nos rodea. Somos a sarna, o sarampelo, a peste, tocante á falta de sentimentos ou o esquecemento egoísta de saber que no mundo se pasa fame e nós nas nubes, como se non fora problema de todos erradicar ese nefasto afán de esquecerte do necesitado que rebusca nos contenedores o menú diario. Somos todos un puño que se alza maldicindo ao que non sufre, non chora polo irmán que carece de alimentos para vivir e dar de comer aos fillos, esas famélicas criaturas destruídas pola fame que asola recunchos e poboacións enteiras de parte de África. O resto, que xeme tamén, reclama a falta de caridade da que arrogan como seres civilizados.
Esquezamos esa lacra e deixémola pasar como un soño maldito e honremos as nosas conciencias poñendo un pouco cada un, pero de corazón, non como unha limosna. E
esquezamos esa frase que di: Abrimos a porta á fame e tiramos o amor pola xanela.

Bo proveito, amigo, se unha hora boa a compartes cun mendigo

Outro GALEGO ( O Noso Pepiño Blanco) o Goberno de España

No hay comentarios: