jueves, 23 de abril de 2009

Libro sobre o bar de artistas "O Volter"



Antes de rematar o Día do Libro







O libro "Fragmentos para a memoria" recolle imaxes do bar "O Volter" de Ourense, ao que deu nome Vicente Risco, pechado en 1989 e derruído despois.


Foi presentado en AURIA polo seu autor, Jesús Alberto Almeida, acompañado por algúns colaboradores como Francisco Xosé Fernández Naval "Chisco", José María Péres "Chesi", o pintor "Alexandro" e a arquitecta María Jesús Blanco, viúva do pintor Xaime Quessada.


E polo escultor Acisclo Manzano, integrante do grupo de "artistiñas", con sede no bar, xunto con José Luis de Dios, Xaime Quessada e o intelectual Vicente Risco, que deu nome ao bar, tras coñecer o Cabaré Voltaire de Zürich, centro da vida artística desa cidade.


Francisco Xosé Fernández Naval "Chisco" sinalou que o libro

"permitirá compensar a mala conciencia que nos quedou un pouco a todos por non nos plantar ante o edificio e evitar a súa derruba".


Recordouse que as paredes de "O Volter": bar de "Tucho" -nome do propietario- tiñan versos e cadros, como dous grandes murais de José Luis de Dios e Xaime Quessada, reproducidos no libro.Entre os escritos reproducidos, están algúns de Curros Enríquez, Xosé Lois Méndez Ferrín, o texto do testamento do "Santo Entroido" asinado por Vicente Risco e obras dos "artistiñas" pero tamén da xeración posterior de pintores e escultores como Vidal Souto, José Basallo, Alexandro e outros, que formaron parte das paredes do bar.


Ao final do acto Acisclo Manzano, dixo: «Eu pensei que "O Volter " morrera pero vexo que está moi vivo».Sacandolle aos asistentes un sonoro aplauso.














No hay comentarios: