jueves, 2 de abril de 2009

Festa da República en Auria







A do ano pasado foi moi concorrida.

Programa de este ano:
Inauguración da Exposición O siñor Afranio, elaborada na honra
do deputado agrario-galeguista durante a IIª República, Antón
Alonso Ríos.
Para fuxir da morte, Antón Alonso Ríos fíxose pasar por un mendigo
portugués. En xuño do 39 conseguiu chegar a Bos Aires, logo
de pasar cerca dun ano en Boborás.
 Venres, 3
Lugar:
Claustro I.E.S. Otero Pedrayo.
Conmemoración do 14 de Abril.
Concerto da Banda de Música do Concello de Ourense.
 Martes, 14
Lugar: Paseo
(confluencia con rúa San Miguel.
No caso de chuvia será no Liceo).
Conferencia: O compromiso ético da República, a cargo de
Carlos Velasco (Doutor Universidade da Coruña)
 Venres, 17
22,00 h.
22,30 h.
Á 1,00 h., 2,00 h. e 3,00 h.
Lugar:
Claustro I.E.S. Otero Pedrayo.
Saída de autobuses dende a parada da Alameda do Concello
(fronte a Correos) para asistir á Cea da República.
Cea-Festa da República: restaurante “A Carballeira de Santa
Cruz”.
Homenaxe ás Vítimas silenciosas.
Acto de recoñecemento e homenaxe ás familias das vítimas da
represión franquista, personificadas nesta ocasión por Lolita
Suárez Bretaña, filla de Manuel Suárez Castro, alcalde de
Ourense, que foi fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de
Aragón, e de Manuel Pérez Fernández, fillo de Víctor Pérez
Bóveda, tenente do Exército da República, desaparecido a primeiros
de novembro de 1937 no pobo leonés de Vega de Viejos.
Tras a Cea, actuación da Big-Band da Deputación de Ourense.
Saída do autobús de regreso.
RockPública’09.
Actuación dos grupos ourensáns: Os Guezos
 Sábado, 18
Lugar:
Praza Maior
 Domingo, 19
Lugar:
Cemiterio de San Francisco.
20,00 h.
20,00 h.
20,00 h.
20,00 h.
12,00 h. Ofrenda floral no monumento en homenaxe
aos republicanos/as fusilados/as.
Interveñen: Cristina Asenjo (acordeonista)
Xosé Lois Carrión
Skarallados
Bergallazo.
 Vítimas silenciosas
Organiza
En el día de hoy, cautivo y desarmado el ejército rojo, han alcanzado
las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado.
Burgos, 1º de abril de 1939, Año de la Victoria. El Generalísimo.
Fdo. Francisco Franco Bahamonde. Con ese anuncio non chegaba
a Paz ás familias republicanas. Chegaba a Victoria. Nunca houbo
paz para os vencidos, xa que os que provocaron a Guerra Civil
negáronlles todos os dereitos, incluso a vida.
Amigos da República decidiu este ano homenaxear ás vítimas
silenciosas. Con este nome denominamos a todas as familias que
viron como algún(s) (dos seus) membro(s) perdía(n) a vida por
manter(en) a súa lealdade á República. Persoas que foron fusiladas,
“claudiadas”, enterradas en fosas comúns, asasinadas polos nazis
nos campos de concentración ou fusiladas por estes cando axudaban
á liberar Francia. Non podemos esquecer ás persoas que se
tiveron que tirar ao monte, que ingresaron e/ou morreron en
cárceres, ás que perderon o traballo e as súas posesións. Ás familias
ás que lle roubaron fillos/as. A aquelas persoas que se enterraron
en vida. Tampouco ás que tiveron que deixar a súa Terra.
Por desgraza, numerosas son as vítimas silenciosas e calquera
desas familias pode ser -é, son- un fiel expoñente das demais.
Podemos falar do matrimonio formado por Manuel Suárez Castro
e Celedonia Bretaña Montes. O “delito” de Manuel de ser alcalde de Ourense pagouno o 27 de xullo de
1937 no Campo de Aragón coa súa vida. Ademais del, a vítima silenciosa foi a propia familia, xa que
coñeceu penurias económicas e viu como os irmáns se separaban para poder seren mantidos. Así,
Pacita (filla dun primeiro matrimonio de Suárez) marchou cun tío materno, mentres que os irmáns Dolores
-Lolita- e Pablo quedaron coa nai.
Igual segregación dos/as fillos/as coñeceu Serafina Fernández Fernández, dona de Víctor Pérez
Bóveda, mecánico en Malingre, quen ao estoupar o Golpe de Estado, estando en Ourense de permiso
na ‘mili’ que cumpría en Melilla como cabo consigue chegar a Asturias para incorporarse ao Exército
lexítimo da República, no que chegará a tenente. Afiliado á UGT e JSU, tras a caída de Asturias entrégase
en Vega de Viejos (León). Dende o 31 de outubro de 1937 está desaparecido. Para subsistir, a filla
Blanca foi cos avós paternos; o neno Manuel quedou coa nai e a pequena Serafina marchou cos avós
de Rabo de Galo.
Como representantes de todas as familias que padeceron persecución, penurias e a inxustiza serán,
entón, Lolita Suárez Bretaña, filla de Manuel e Celedonia, así como Manuel Pérez Fernández, fillo de
Víctor e Serafina, con quen teremos a honra de estar e aos que homenaxearemos nesta Festa da
República en nome de todas as vítimas silenciosas.
Debuxo de Castelao de Galicia Mártir:
“Non enterran cadavres, enterran sementes”.
Retirada de invitacións (25 €):
Ateneo de Ourense, Bar Milocho, BNG, Casa da Xuventude, CC OO, CIG, EU-IU,
Libraría Eixo, Libraría Tanco, Libraría Torga, PSdeG-PSOE, UGT e Amigos da República.
Colaboran
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Dirección Xeral de Difusión e Creación Cultural
CONCELLO DE OURENSE
Concellería de Cultura
Concellería de Educación
Concellería de Xuventude
Concellería de Medio Ambiente
Concellería de Sanidade
Agradecemos a axuda e apoio prestados por todas as institucións, entidades e colectivos,
así como a Manuel e Antón Buciños e aos medios de comunicación.

No hay comentarios: