miércoles, 28 de octubre de 2009

Co Liceo de Ourense por: ASTURESES, XUVENCOS e MOLDES
















Unha tarde de pracer cultural en compañía de socios do Liceo de Ourense.
Un grato convite que me deparo a oportunidade de gozar da Arte ROMANICO con que contamos neste recuncho do noso país.
A sección de Historia da Sociedade realizou a excursión: Coa compañía de D. Miguel Ángel (Dtor. De la Sección), que se encargou de explicar durante o percorrido con amenidade e docencia o que estaba diante de nós.


A primeira parada :Iglesia de ASTURESES, románica s XII polos Templarios e no s XIV paso a Orde S. Juan de Malta.
A continuación Igrexa de XUVENCOS: Restaurada s.XVI e o seu peculiar CRUCEIRO
Rematamos en Igrexa de MOLDES: Onde repousan os restos mortais de:
"Antón LOSADA DIEGUEZ" e no cemiterio os de Manuel CHAMOSO LAMAS


IGREXA DE SAN XULIÁN DE ASTURESES

No interior da ábsida, consérvase unha inscrición que sinala o ano 1164 como data de construción do edificio.

O terrazo do frontispicio occidental mostra unha técnica a bisel decorado con follas rizadas e bólas, e susténtase con cinco modillóns figurados.
O intradorso do arco de acceso aparece decorado con bólas e aspas.

O tímpano da porta norte mostra unha decoración moi arcaica a base de círculos incompletos cun fino baqueta ornamentado con cruces que se poden relacionar coas ordes posuidoras do templo. Ademais, aparece unha flor cuadrifoliada.
Os capiteis ornaméntanse mostrando un follas e bólas e outro un par de aves.

A ábsida ofrece un repertorio de modillóns moi variados de tendencia figurativa: aguias, osos, figuras humanas en distintas posturas, etc. Destaca unha cabeza barbada con engurras que posúe maior expresividade que o resto.
O aleiro vai decorado con rombos. Os capiteis ornaméntanse con follas e bólas pero existe un capitel historiado onde se pode apreciar unha figura humanas que abre os seus brazos e agarra a dous animais, cuxo tema se interpreta como a loita do home contra os vicios.

No interior da nave poderemos ver capiteis con follas nervadas e rizadas con círculos e bólas.

Pertencen tamén ao románico a igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI e cun fermoso cruceiro e a igrexa de Astureses, construída do século XII, con planta rectangular dunha nave e ábsida semicircular. En arquitectura civil destaca o Pazo de Moldes, onde naceu e está enterrado o escritor Antón Losada Diéguez, en cuxa memoria se celebra un premio literario.

Continuando ou percorrido, e sen saírnos dá aventura literaria,
cómpre indicar que un ano antes dá saída del cisne de
Vilamorta, nacía non pazo familiar de Moldes, non concello de
Boborás, un dous máis venerados mentores do nacionalismo
galego, Antón Losada Diéguez, ingresado nas Irmandades dá Fala
en 1917, e membro pouco despois dá Xeración Nós, ao tempo
que promotor dá revista Nós. Finado en 1929, ou seu corpo
descansa non outeiro de Moldes, na igrexa románica que restaurou
outro ilustre fillo dás Terras do Carballiño, ou historiador e
arqueólogo Manuel Chamoso Lamas, tamén nacido e soterrado
en Moldes.
Moldes, onde está a igrexa de principios do s. XIII (Monumento Nacional, abril de 1946), e ou Pazo de Moldes, non que naceu e está soterrado ou poeta Antón Losada Diéguez









No hay comentarios: