miércoles, 14 de octubre de 2009

Problemas da FUSION das CAIXAS GALEGAS




A fusión das dúas caixas galegas cada vez está máis lonxe…

Xa non se trata dunha cuestión económica, senón política. Hai moitas diferencias entre Caixanova e Caixa Galicia. Non cadran os encaixes que se quere facer cos equipos dunha e máis da outra. Hai ciumes e temor a perder influencia en determinadas esferas e, sobre todo, o destino dos seus actuais dirixentes; Julio Fernández Gayoso y José Luis Méndez, e a persoa chamada a dirixir a futura megacaixa galega. Son varios os problemas e varias as alternativas plantexadas pola Xunta, sen que, ata o momento, se teña acadado unha solución.

Ademais, nos últimos tempos xurdiron moitas voces críticas coa fusión, especialmente, en ámbitos políticos e mediáticos. Concellos, deputacións e xornais non queren a fusión. Fontes consultadas por GC aseguran que de fusionarse Caixa Galicia e Caixanova, moitos dos actuais convenios e financiamento de proxectos xornalísticos e de institucións locais e provinciais correrían perigo. “Está claro que non é o mesmo ter duas caixas que unha á hora de financiar determinadas iniciativas”, apuntan. “Tanto do sector político como do sector xornalístico xa chegaron queixas a unha posible fusión e nón so lle chegaron ás caixas, senón que o propio Feijóo é moi consciente de que unha gran caixa non convence nin en Vigo, nin na Coruña; nin aos seus políticos, nin aos seus xornais”.(De Confidencial)

No hay comentarios: