martes, 13 de octubre de 2009
O trimarán «Zamná», en Baiona
O trimarán «Zamná», máis coñecido como «Barco da paz», recalou onte na vila de Baiona no seu periplo desde México, onde foi construído, ata Grecia. O organizador da expedición é o coñecido mariñeiro cántabro Vital Alsar, e a súa finalidade é difundir a idea da paz e os seus valores por todo o mundo.
O Zamná foi botado o 25 de agosto no porto de Alvarado, Veracruz. A nave partiu desde Cozumel, para facer escala en Miami, e seguidamente en Nova York, onde participou nos actos en homenaxe ás vítimas do 11 de setembro.
Partiu cara a Europa, e o pasado sábado 3 de outubro chegou a Santander, primeiro destino no vello continente. Despois recalou en San Vicente de la Barquera, e agora en Baiona, para despois tocar Palos de la Frontera, Valencia, Barcelona, Palma de Mallorca, Ostia (Italia) e O Pireo (Grecia). é unha nave que consta de tres corpos, un principal de 35 metros de eslora e 13 metros de manga, e dous botes accesorios que van a babor e a estribor. Conta con sete velas, e tres mastros de 21 metros de altura. O trimarán percorrerá en total 15.768 millas mariñas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
提供您SEO排名利用自然排序把你的網路排名SEO優化而達成網頁排名中的關鍵字廣告,而網路行銷中把網站優化後網站排名就是另一種關鍵字行銷手法給你最佳化的SEO服務。一般瀏覽者高習慣性使用入口YAHOO我們幫您保証自然排序前十名,因我們的技術保証您可指定全球任何搜索引擎保証排名... 網站優化是目前最新興的廣告曝光方法,SEO搜尋行銷提供了專業的關鍵字排名與SEO搜尋引擎最佳化服務,讓你的網站在網路行銷中遙遙領先.
Publicar un comentario