miércoles, 21 de octubre de 2009

Non haberá fusión das caixas galegas

Confidencial(GD
20-10-2009 09:28:12
Dende o PP chega unha mensaxe clara: Non haberá fusión das caixas galegas.
O propio Rajoy non ve beneficio ningún na operación. O Banco de España opina o contrario, debe haber fusión e con caixas de fóra. Así as cousas haberá que esperar a decembro, data na que Núñez Feijóo ten previsto facer pública a súa decisión. En todo caso, se hai fusión será por obriga e non por devoción.



Isto foi o que lle aconteceu ao equipo da TVG
Polas numerosas reaccións que está a xerar a polémica sobre os apupos aos xornalistas da TVG, decidimos publicar o enlace a un vídeo que pode axudar a interpretar o que alí aconteceu. Neste documento visual apreciase que, tanto o cámara coma o reporteiro, tiveron que parar de realizar o seu traballo polos berros que recibían mentres que o ex director de programas da RG, Xurxo Souto, tentaba poñer algo de calma. Podes velo aquí.

2 comentarios:

Rosa dijo...

Coido que reporteiro e cámara cumprían co seu traballo, co seu deber de informar. Outro tema é a información que dá ou debera dar a TVG. Pero para iso está a liberdade individual, ver ou non ver esa canle. Impedir que reporteiro e cámara da TVG poideran traballar libremente é, simplemente, fascismo.

Anónimo dijo...

Que a TVG lle berrasen en directo que pensaban que estaba manipulando, constituía todo o dereito dos que estaban na Quintana. A liberdade de opinión non se gañou só para o exercicio da profesión xornalística. Se alguén apupou e ata tentou constriñir a liberdade de traballo do xornalista da TVG, estivese dicindo o que fose, simplemente meteu a pata e retratouse como que seguramente é: un sectario incapaz de comprender que vive nunha sociedade libre. Do Blog CROQUES