![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiKYpFs9AUOyoZI0L4yJXnr9v_q2xh3u6C0SuitNZLmZNSB_GP7UXc9XtbhJzeRzvVmXWxqGTfOVyWr8ePXJCKFHJWxzKy3a120FwsPpDhVDLitl7uM_wy5OpFfS7RewAzPmjXyRzmMB-Y8/s400/lugar+sin+culpa.jpg)
Que o conto siga sendo un xénero con escasa fortuna editorial ou comercial non lle estraña a Xosé María Merino. "É un xénero minoritario porque é máis refinado que a novela. Acontécelle como á poesía; o conto é sintético, expresivo e require certo refinamento por parte do lector. Ao contrario, o que prefire o lector vulgar, o best seller, é algo longo cunha intriga constante. Nunca haberá libros de contos que sexan best sellers. Non obstante, o conto debe cumprir unha función moi importante no sistema educativo".
1 comentario:
O conto é un xénero no que transitan xentes cunha grande creatividade e estilo como é o caso de José María Merino, tamén narrador de tempos longos, pero para min é un dos mellores contistas da literatura actual.
Unha aperta Trebolle.
Moi ben polos teus blogs.
Adiante e que non decaiga.
Publicar un comentario