lunes, 27 de abril de 2009

A pantorra: cogomelo primaveral, perla bohemia.


Ultimamente a seguridade alimentaria anda detrás da nosa lambona pantorra, o cogomelo primaveral por antonomasia. O motivo non é outro que evitar que o consumidor se vexa afectado pola súa terrible toxicidade a menos que teña a sorte de ser micólogo ou... forense.
A pantorra ou morchella, como tamén se lle coñece (entre outras decenas de sinónimos), é un cogomelo oco de curvas sinuosas. É delicada, misteriosa en aparencia e tremendamente valiosa para os gastrónomos pola súa suxestiva textura. O seu perfil, en forma de favo piramidal, fai dela un regalo óptico da natureza.
Dáse a coñecer entre os lambons polo seu cartilaxinoso tacto, elegante sabor e suave aroma. É prima afastada da trufa e ao igual que esta, é complicada de encontrar, pois habita nos lugares máis dispares e afastados de todo estereotipo. Estes feitos convértena nunha perla bohemia dos montes e nun privilexiado bocado estes días de primavera.
Como os froitos do bosque máis prezados, é de anárquica constancia na súa aparición, máxime se temos en conta os estragos do clima nos últimos tempos. A súa escaseza provoca un inxusto halo de exclusividade, ata o punto de que o Papa Bonifacio VIII chegou a promulgar un edicto de excomuñón para todos aqueles que as recollesen nos terreos do Vaticano.Á parte de crecer en prados, alamedas e preto de torrentes, os que as coñecen de preto saben que a pantorra é triste testemuña e ubiquista herdeira dos pastos e bosques anteriormente asolados polo lume .
Atópase na primavera,sobre restos de bagazo...., ou na marxe dos ríos.
Se non a atopa, pode intentar probala no Restaurante GALILEO-Ourense
E se é moi caprichoso en Rionegro del Puente (Zamora):Rest EL EMPALME