
No Parque San Lázaro:Procesión e Postos con Roscas e Pan no día de San Lázaro, a xente asistíu o sua Cita ANUAL



Video de 2oo7
Pasatempo a compartir
www.flickr.com
|
Marcos Valcárcel está seleccionado nas categorías de mellor blog literario, ensaio e traxectoria xornalística
O blog e a traxectoria de Valcárcel
En teatro, son finalistas Fume / Insomnio de Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns, Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro, Nachtmahr de Raúl Dans e Unha primavera para Aldara de Teresa Moure. O premio á mellor traxectoria xornalística decidirase entre Ana Romaní, Bieito Iglesias, Camilo Franco, Gustavo Luca de Tena, Marcos Valcárcel, Xosé Manuel Eyré e Xosé Manuel Pereiro. Os candidatos ao mellor blog literario son As uvas na solaina de Marcos Valcárcel (tamén finalista en ensaio), ...mmmm... de Estíbaliz Espinosa, Das orixes de marzo de Helena González, Lándoa. Marxes de Texto de Arturo Casas, Henrique Marques-Samyn co blog homónimo e O levantador de minas de Alfredo Ferreiro.
Cea das letras Escritores elixen escritores
Vaian por diante dúas cousas. A primeira, que agardaba a repetición do goberno bipartito, aínda que fose pola mínima diferenza. A segunda, que apoiei co meu voto esta posibilidade frustrada. Pero temía esta vitoria do PP e non me sorprendeu demasiado.
Era de temer por varias razóns. Pola crise económica, polo ben que traballa a dereita (mesmo candos e excede en campañas ben suxas), polos intereses dos poderes mediáticos e económicos, etc. Pero, sobre todo, pola desafección de xentes progresistas e galeguistas cos seus supostos políticos de referencia, no PSdG en o BNG. Vin xa moitas campañas electorais, pero nunca vira isto: moitas persoas do campo da esquerda, que mesmo votaron BNG, pero ó tempo se alegraban da caída dunha experiencia de goberno xulgada como errada e errática. Como di un meu amigo, o elector progresista é esixente e purista; non como o da dereita, que lle dá igual que lle poñan un chourizo encabezando a lista.
Haberá moito que fala re reflexionar nos partidos, supoño. Será precisa máis dunha treboada. E que cadaquén asuma as súas responsabilidades no distanciamento de boa parte das bases sociais progresista se galeguistas.
Algúns xa temen que esta sexa a derrota de toda unha xeración, como escribiu Manolo Bragado . E que vaia para longo. Oxalá non sexa así, pero o cambio de rumbo non vai ser doado. Esixirá grandes doses de humildade e autocrítica e non hai moita tradición a este respecto no nacionalismo en a esquerda en xeral.
Quedan no aire problemas moi graves do país, dende a situación da lingua ata o abandono do rural como perspectiva económica, que a dereita pode empeorar se se deixa levar por certos grupos de presión. A última palabra, en definitiva, está na sociedade civil e todos os esforzos van ser necesarios para garantira este país un futuro diferente.
05-03-2009 22:10:49
Os pillos, como sempre, se apresuraron a acudir en auxilio do vencedor. Os Miramontes, Quintanilla e Del Real, por citar algúns, non perderon un minuto en preguntar ¿que hai do meu? Don Alberto é un tío listo e creo que está vacinado contra os aduladores pero, como ao César, hai que recordarlle que solo é un home, malia que algúns o queiran agora subir aos altares.
Os pillos andan xa voando arredor de Feijóo.
Castro Cotón para Economía
O catedrático de Economía Financeira da USC, Castro Cotón, soa como posible conselleiro de Economía. Cotón foi director xeral de Planificación Financeira con Cholo Orza de conselleiro.
Feijóo fará público o seu goberno en breve
Don Alberto é unha persoa seria á que non lle gusta a rumorología. Prefire coller o touro polos cornos e resolver as cuestións o antes posible.
Quintana non quere rematar como o xeneral Custer, agarrado ao pau da bandeira. Non ten problemas en facer o catre|macuto e largarse pero cre que as cousas deben facerse con sentidiño.
A estatua do Alpinche
Se un entra no Google Earth e mira as imaxes de Ourense subidas con ese invento español de tantísima rendibilidade que e o ‘Panoramio’ -unha aplicacion que permite visitar unha cidade a través das fotos enviadas ao ciberespazo por outros turistas- encóntrase con que o que máis chama a atención de nós é a estatua do coche que está onde a Subdelegación de Goberno, no Parque. O visitante ve, olla, para, sorrí, pon cara estrañada e tira de cámara de fotos. Nunca, seguro, viu nada parecido no mundo mundial. Os nenos, como está baixa e xa non hai ‘gris’ na porta da Subdelegacion, suben ao teito sen medo; os adolescentes agáchanse para saír na foto sen tapar ese coche; moitos botan confianzudos o brazo polo ombreiro de Lalao Reverter ou do Antonio Colemán. Pero, perdóenme eles, a estrela, o que fai ao grupo inédito é ese coche que Lalao quixo bautizar ‘Realpor’ -acrónimo de Reverter, Alpine, Porche- pero que o inxenuo popular ourensán, picando a republicano, simplificou en ‘Alpinche’, mestura de Alpine e Porche. Porque iso é o que era.
Os nenos daquela e os que xa non o eran tanto, lembramos como se construíu no verán de 1971 cando Lalao Reverter fixo o trasplante do motor dun Porche 911 que destrozara Pavón, á carrocería dun Alpine que el comprara. A matrícula era OR-31516, que a tíña eu ben posta nun coche ‘tuneado’ -daquela non existía a palabra- do meu scalextrix. Axiña o ‘monstruo’, demasiado motor para tan pouca carrocería, colleu as cores laranxa butano e banda branquiazul, tal que a bandeira arxentina. Durou cinco anos ata que Beny Fernández o espetou xusto ao comezar o Rally do Sherry, en Jerez de la Frontera.
O coche máis mítico que saiu de Ourense na súa historia. Pois si señor. Está ben que teña unha estatua. E por suposto que con Lalao Reverter. Que para algo participou 12 veces no Rally de Montecarlo e gañou varias ducias, por Galicia e España adiante. E sobre todo por ser o introdutor decidido da paixón polo automobilismo que daquela houbo na cidade ao redor do Rally e da Escudería. Si señor. ¿E o Antonio Colemán? Pois tamén. ¿Por que non? Non todas van ser de homes de letras. Foi un digno organizador e sucesor de Lalao á fronte da Escudería.
Con todo, o conxunto garda un par de misterios. Haberá que lle preguntar un ao escultor Ramón Conde, e outro deixalo no aire. Si, lembramos que o Antonio era mellor mozo que o Lalao... ¿pero non se lle iría a man un pouco na diferencia? E o segundo, ¿que diría o Lalao de verse de ‘copiloto’ dun Colemán que nunca conduciu? Cando se esfiañe o fío da memoria vai parecer o que nunca foi.(La Region:10-03-2009.