domingo, 29 de marzo de 2009

De A Coruña a Ourense. O Euribor de Monxardín



Deixo A Coruña co buque "Aida Luna" de doce pisos.Pasaxe Aleman Escala a Lisboa

Cheguei da Coruña e en Ourense atopo o Artigo de Monxardín
Monxardín (La Región)
Dicía irónico Vicente Risco nunha novela que nunca concluíu, titulada ‘Os europeos en Abrantes’, a propósito do imaxinario doutor da localidade: ‘Sabía, tiña bo ollo, operaba ben. E aínda máis, curaba aos enfermos. Mais non os curaba precisamente cos seus remedios; curábaos con palabras técnicas. Explicáballes a doenza que tiñan, as causas, o tratamento; falaba de pulsacións, de curvas térmicas, de leucocitos, de beflaro-conxuntivite e de soro antiestraptocócico, e o doente, embobado, convencíase e sanaba. Sen se decatar, o doutor de Abrantes curaba por medio de ensalmos e desconxuros; máis ben que médico era exorcista...’.

Pois o outro día sentinme un deses pacientes cando visitei ao director da céntrica oficina da entidade na que teño o hipotecario, alá polo Parque, para consultarlle a miña doenza financeira. A cousa, xa lles teño contado, é que coa renovación de xaneiro, nestes tempos de euribor á baixa (acabou o ano nun 3 % e anda estes días polo 1,86) o tipo que me aplicaron foi un alucinado 5,72, máis aínda que o ano pasado. Pedíalle eu unha revision de tipos para equilibrar o desfase evidente entre o prezo do diñeiro e o cargado. Pois con toda amabilidade e sorriso amplo e franco xogou as bazas do peixe grande coa pulga de praia.

- Voucho explicar ben, porque claro, ti, un tipo listo, seguro que o entendes.

- Xa.

- As axencias de cualificación crediticia rebaixaron a categoria de España de AAA a AA+.

- Aah! - contestei-.

- Si, iso significa que aínda que che pareza que o diñeiro está barato, a nós, a España, será culpa do Goberno ou de quen sexa, como xa non somos AAA, préstannolo máis caro, e debemos repercutir no cliente.

- Aah -seguín abrindo a boca ao tempo que se me pousaba unha mosca detrás da orella-.

- Pero como ti tes un suelo baixo o ano que vén, cando se renove, vaiche vir moito, moito mellor, porque se agora cho renovásemos cos tipos que hai, tiñamos que subir o suelo ao cinco ou máis e habiáche quedar máis descompensado na próxima revisión, ¿entendes? - (Glup.) Non moito e dáme igual. O que quero é que me baixe agora insistía como un neno por un caramelo-.

- Pois non é posible.

- Pero mire, eu sempre paguei puntualmente e non pido nada do outro mundo. Non é un tema de cartos, é de principios (isto sempre queda moi ben). O que quero é que fagan o posible, ou sexa unha aproximación. Pero sen tocarme chao nin paredes, que o parqué aínda está novo e acabo de pintar. Non parece lóxico que cando se afunden os tipos no medio da crise vostedes actúen como se non pasase nada.

- Pois non é posible. Graciñas...

En fin, marchei amoucado. Pero velaí que o venres 13 de marzo a axencia de cualificación crediticia Fitch, baixou a clasificación desta entidade de A con perspectiva negativa a A negativo puro, e baixou a débeda a corto prazo de F1 a F2 (a verdade é que non sei ben o que significa todo isto, pero soa mal). Eu, desconfiado, estou pensando en sacar todos os cartos e metelos no colchón antes de arriscarme a que o caixeiro automático me conteste un día calquera: - A súa operación non é posible. Graciñas.

MADRID, 27 Marzo (EUROPA PRESS) -


O Euríbor, tipo ao que se conceden a maioría das hipotecas en España, marcou hoxe un novo mínimo histórico na súa taxa diaria, ao situarse en 1,838%, colocando o nivel mensual no 1,918%, que tamén se encontra en niveis mínimos históricos, a falta de dúas sesións para pechar o mes de marzo.
SUBA DO INTERESE HIPOTECARIO

A pesar desta caída no Euríbor, o tipo de xuro medio dos préstamos hipotecarios foi do 5,64% en xaneiro, cun crecemento do 10,2% respecto a hai un ano e do 1,1% respecto a decembro de 2008, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).



No hay comentarios: