

A noticia do día:Hai verdadeiro pánico no Banco de España polo que poida pasar a partir de agora. E non só as Caixas. Témese pola situación dalgún gran banco. O certo é que para este luns foron convocados aos seus despachos todos os membros do servizo de inspección e os responsables territoriais do Instituto Emisor que preside Miguel Angel Fernández Ordóñez. As ordes chegan directamente de Moncloa e son tallantes. Quérese saber a situación real de cada unha das entidades financeiras do país, bancos, caixas, cooperativas de crédito e mesmo das EFC. Porque está en xogo moito máis que un sistema financeiro. Está en xogo a credibilidade dun país a cuxos gobernantes se lles encheu a boca dicindo que eramos solventes e que o sistema estaba deseñado a proba de todo tipo de quebra. Nin moito menos, di un ex director xeral de Inspección que traballa, agora, na banca privada e para o cal "o sistema financeiro español é tan vulnerable como o británico ou o norteamericano, e xa se viron os resultados".
a outra noticia do día en
No hay comentarios:
Publicar un comentario