lunes, 2 de marzo de 2009
¡ADEUS XUNTA........Adeus!
Galicia e a gripe aviar
O Partido Socialista de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego non souberon aproveitar a oportunidade que os cidadáns galegos lles brindaron hai catro anos.
Tendo en conta que nas anteriores eleccións do ano 2005 o PP quedou a un escano da maioría absoluta cun Manuel Fraga esgotado, o PSOE e o BNG tiñan ante si non só o reto de abandeirar o cambio senón de demostrar que era posible e facelo efectivo. Nin o un nin o outro sucedeu. Ao problema de comunicación do executivo galego, que non soubo trasladar á cidadanía o pouco que puideran facer nunha lexislatura marcada, na súa segunda metade, pola crise económica globalizada, engádese o lastre dun BNG que durante anos se dedicou a acusar de "caciquil" ao PP para a continuación actuar da mesma forma: entre a viaxe organizada con mítin trampa e a foto no iate con quen levou parte do concurso eólico galego, o partido nacionalista demostrou que, ademais de prepotencia, ten moito de incoherencia e dobre moral. Galicia non é o País Vasco nin o BNG é o PNV, aínda que a Quintana e aos seus lles pareza o contrario.
Galicia viviu coa "gripe aviar" durante décadas e o bipartito non nos soubo demostrar se se pode vivir mellor sen ela. Os últimos catro anos non chegaron nin á categoría de analxésico para aliviar a dor que sente a cidadanía ao ver a unha comunidade autónoma que non avanza, que xa se acostumou ás promesas incumpridas e que, resignada, prefire volver ao malo coñecido que ao bo que quixeron coñecer, pero que quedou niso, nun querer e non poder. Touriño e Quintana poden volver ás súas casas, sen os coches, os mobles e os deberes sen facer. Galicia seguirá con gripe: solo queda por saber se a gaivota veu para curarnos ou simplemente para seguir inmunizándonos.
Elplural.com: Alberto Rios Mosteiro
Etiquetas:
Eleccións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario